Oza-Cesuras
- Véxase tamén: Oza dos Ríos e Cesuras.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | Oza | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.203 (2023) (34,28 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua galega | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 151,8 km² | ||||
Altitude | 389 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 7 de xuño de 2013 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | José Pablo González Cacheiro | ||||
Eleccións municipais en Cesuras Eleccións municipais en Oza-Cesuras | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15380–15391 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15902 | ||||
Sitio web | concellodeozacesuras.es… |
Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras.[1] Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Situación
[editar | editar a fonte]O Concello de Oza-Cesuras ten unha superficie de 151,8 km² e abrangue 25 parroquias. Está na comarca de Betanzos e limita ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis, Mesía e Vilasantar, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo.
Orografía
[editar | editar a fonte]O concello está na zona de baixada entre a meseta de Curtis e os vales dos ríos Mendo e Mero e Mandeo. O Mendo e o Mandeo descorren desde a parte central e sur do concello ata a súa case chegada á ría de Betanzos. Nese comezo, no sur, é onde están as maiores altitudes: alí están os montes da Tieira, do Lago, da Pena Moura ou do Brueiro, que están arredor dos 540 metros. O Mero descorre polo noroeste do concello e forma un amplo val lindando con Abegondo. No comezo desta parte as altitudes son de 450 metros e descenden dun xeito acusado ata o Mero. Ao comezo dos afluentes dos tres ríos, en especial no centro sur, as zonas do relevo son accidentado e os vales profundos. Como exemplo, destacan as pendentes dos vales de Filgueira de Barranca.
De leste a oeste as pendentes diminúen. A zona leste, como os arredores de Rodeiro, son unha zona alta chá, e orograficamente está ligada á comarca da Terra Chá. As zonas máis centrais do concello son zonas de baixadas acusadas e de vales encaixados. Por último, a zona oeste é de pendentes máis suaves.
Hidrografía
[editar | editar a fonte]O Mero, que nace na Tieira, Borrifáns, vai cara ao sur, servindo de límite natural polo oeste con Abegondo.
O río Mendo nace nas proximidades da Illana, Curtis, e percorre o concello desde Filgueira de Barranca. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada.
O río Corbeiro, afluente do Mero, nace nos Leiros e Castelo en Dordaño. O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos. Máis ao norte están o río Miñatos e o río Mendo, os seus cursos altos. Descorren por territorio de ribeira e bocarribeira.
Clima
[editar | editar a fonte]O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12 °C e as precipitacións de 850 a 1750 mm./ano.
Demografía
[editar | editar a fonte]Para os históricos de poboación anteriores a 2012 véxase as páxinas do Concello de Oza dos Ríos e o Concello de Cesuras.
Evolución da poboación | ||
---|---|---|
Censo Total | 5.275 (2014) | |
Menores de 15 anos | 438 (8.30 %) | |
Entre 15 e 64 anos | 3.058 (57.97 %) | |
Maiores de 65 anos | 1.779 (33,72 %) |
Historia
[editar | editar a fonte]Fusión Oza-Cesuras
[editar | editar a fonte]En marzo de 2012 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e de Cesuras[2]. O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal[3]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos Oza dos Ríos e Cesuras polo que se crea o concello de Oza-Cesuras[4].
No 2013 o deseñador betanceiro Luís Galán creou a nova bandeira do concello que presenta a fusión, en cor vermella, de dúas cruces, as das igrexas de San Xiao de Mandaio (Cesuras) e San Pedro de Porzomillos (Oza dos Ríos)[5].
Cultura
[editar | editar a fonte]Toponimia
[editar | editar a fonte]Co acordo de fusión dos dous concellos estableceuse o nome de "Oza-Cesuras", froito da unión dos topónimos de Oza, Oza e Cesuras, Dordaño, e que foran lugares que deran nome aos concellos. Os xentilicios de Cesuras eran cesurán/cesurá e o de Oza dos Ríos tíñase indicado que ocense. As posibilidades, non fixadas, do novo xentilicio serían "ozacesurán" ou "ocesurán".[6]
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Patrimonio arqueolóxico
[editar | editar a fonte]No concello hai máis de 50 mámoas catalogadas en máis de 9 conxuntos, especialmente nas zonas máis elevadas. Algúns destes son:[7][8]
- 2 túmulos no Brueiro, Rodeiro.
- 13 túmulos no Monte do Gato en Pena Moura, Rodeiro.
- 4 túmulos en "Mazarelas I" e 1 túmulos en "Mazarelas II" en Mazarelas, Rodeiro.
- 1 mámoa en Belén, Rodeiro.
- 4 mámoas no Cerro Martín en Martín, Rodeiro.
- 5 túmulos das Medoñas en Martín, Rodeiro.
- 1 túmulo de Codeseiras en Muruxeses, Rodeiro.
- 3 túmulos en Sexelle, Rodeiro.
- 2 túmulo dos Castros en Patarelos, Salto.
Os castros catalogados son[7][8]:
- Monte do Castro en Bandoxa.
- A Medorra do Castro, Castro de Borrifáns, Borrifáns.
- Castro de Vilar de Corna en Castro, Carres.
- Castro de Baiuca en Baiuca, Carres.
- Castro de monte da Croa en Cis.
- Castro de Callobre en Callobre, Cuíña.
- Castro de Cesuras, Chá do Castro en Cesuras, Dordaño.
- Torre de Mira en Castelo, Dordaño.
- Castro de Castelo en Casas do Castro, Dordaño.
- Castro de Braña na Braña, Filgueira de Traba.
- Castro nas Croas en Oza.
- Castro de Carraceda en Carraceda, Oza.
- Castro na Torre no Pazo, Oza.
- Castro de Parada en Parada, Parada.
- Castro no Castrillón en Porzomillos, Porzomillos.
- Coto de Mondoi en Pena, Mondoi, Porzomillos.
- Castro de Pereirales en Rodeiro.
- As Casiñas de Coterras en Rodeiro.
- Castro de Muruxeses en Muruxeses, Rodeiro.
- Os Castros, Mina de Patarelos en Patarelos, Salto.
- Castro de Cabreira en Cabreira, Trasanquelos.
- Castro de Ares, A Roda en Castro de Ares, Trasanquelos.
- Castro de Santalla, Castro de Probaos en Santaia, Probaos.
Existe ademais unha lápida sepulcral en Belén, Rodeiro.[7]
O sitio arqueolóxico romano "Forno do Lopo", agora abandonado, descubriuse nos anos 1970 e coñécese que foi un forno cerámico datado despois do século III.[7]
Patrimonio arquitectónico
[editar | editar a fonte]Os casaríos e pazos a destacar son[7][8]:
- Torre de Regueira "A Casa do Cortes", na Regueira de Arriba en Filgueira de Traba.
- Pazo de Filgueira, no Pazo en Filgueira de Traba.
- Pazo de Loureda, nos Currás, Loureda.
- Pazo de Santa Cruz de Mondoi.
- Pazo de Anxoi en Anxoi, Porzomillos.
- Pazo de Paio en Paio, Oza.
- Pazo de Oza, Oza.
- Casarío Forte do castro, Oza.
- Pazo de Vilavide, Trasanquelos.
- Casaríos Fonte de Pratas, Táboas, Salto.
- Casaríos de Dona Isaura, no Castileiro, Salto.
- Casaríos do Pino.
- Casaríos das Palmeiras, Táboas, Salto.
- Casa Grande de Chá, Carres.
- Casa Grande de Canedos, Borrifáns.
- A Casa do Fernando, Dordaño.
- Casa do Pazo, nas Sanches, Paderne.
Nos ríos do concello hai varios muíños de interese. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía e o muíño de Delgado, e en Trasanquelos o muíño de Buxía.
As pontes a destacar son[7][8]:
- Ponte de Roibeira en Mondoi.
- Ponte do río Mero en Seixeda, Cutián,
- Ponte na Rexidoira en Filgueira de Barranca.
Patrimonio relixioso
[editar | editar a fonte]No concello están as seguintes igrexas e mosteiros[7][8]:
Nome | Parroquia | Lugar |
---|---|---|
Mosteiro e igrexa de San Nicolao de Cis | Cis | |
Santo Estevo de Vivente | Vivente | |
Santa María de Cuíña | Cuíña | |
Santa Cruz de Mondoi | Mondoi | |
San Pedro de Porzomillos | Porzomillos | |
San Pedro de Oza | Oza | |
Santo Estevo de Parada | Parada | |
Santa Tomás de Reboredo | Reboredo | |
Santiago de Reboredo | Reboredo | |
Santa María de Regueira | Regueira | |
San Martiño de Bandoxa | Bandoxa | |
Santa María de Rodeiro | Rodeiro | |
San Pedro de Borrifáns | Borrifáns | A Igrexa |
San Mamede de Bragade | Bragade | O Forte |
San Vicenzo de Carres | Carres | A Igrexa |
Santa María de Cutián | Cutián | A Igrexa |
Santa María de Dordaño | Dordaño | A Igrexa |
Santa María de Figueredo | Figueredo | Figueredo de Abaixo |
San Pedro de Filgueira de Barranca | Filgueira de Barranca | O Igrexario |
San Miguel | Filgueira de Traba | A Igrexa |
San Estevo de Loureda | Loureda | A Igrexa |
San Xiao | Mandaio | Quintá |
Santiago de Paderne | Paderne | A Igrexa |
Santaia de Probaos | Probaos | A Igrexa |
San Salvador | Trasanquelos |
Existen as ermidas e capelas de[7][8]:
Nome | Parroquia | Lugar |
---|---|---|
San Vicente | Salto | A Eirexa |
Capela do Socorro, | Oza | Pazo de Paio |
San Benito | Oza | Maial |
Nosa Señora da Trindade | Parada | As Capelas, O Enxertado |
Nosa Señora do Carme | Parada | As Capelas, O Enxertado |
A Barrosa | Bandoxa | A Barrosa |
Ermida de San Xoán | Cuíña | Bendrade, Cuíña |
San Gregorio | Borrifáns | San Gregorio |
Capela do Rosario | Dordaño | A Capela |
San Antonio | Filgueira de Traba | As Cernadas/A Anella |
San Xoán | Loureda | No pazo de Loureda, Os Currás |
San Xoán do Coto | Paderne | O Coto |
Ermida de San Vicenzo | Trasanquelos | O Carballal |
Capela de Belén | Rodeiro | A Graña |
Santo André | Rodeiro | O Brueiro |
San Vicente | Salto | A Eirexa |
Entre os cruceiros están[7][8]:
Nome | Parroquia | Lugar |
---|---|---|
O do campo da Igrexa | Porzomillos | |
O Cruceiro | Regueira | |
Belén | Rodeiro | A Graña |
As Capelas | Parada | |
Campo da festa | Rodeiro | Campo da festa |
Cruceiro-monumento ao Sagrado Corazón | Bragade | O Forte |
San Vicenzo | Carres | O Vieiro |
Santa María | Cutían | A Igrexa |
Santa María | Dordaño | A Igrexa |
Santa María | Figueredo | Figueredo de Abaixo |
Cruceiro novo de Santa María | Figueredo | Figueredo de Abaixo |
San Pedro | Filgueira de Barranca | O Igrexario |
Capela de San Antonio | Filgueira de Barranca | |
San Miguel | Filgueira de Traba | A Igrexa |
San Xiao | Madaio | Quintá |
Santiago de Pardene | Paderne | A Igrexa |
Capela de San Xoán | Paderne | |
Santalla de Probaos | Probaos | A Igrexa |
Cruceiro do Carballal | Trasanquelos | O Carballal |
Nome | Parroquia | Lugar |
---|---|---|
Santa María de Cuíña | Cuíña | |
Santa Cruz de Mondoi | Mondoi | |
Santa María de Regueira | Regueira | |
Santa María de Rodeiro | Rodeiro | |
Santo Tomé de Salto | Salto | |
San Pedro de Borrifáns | Borrifáns | A Armucela |
San Vicente de Carres | Carres | Fondevila |
Santa María de Dordaño | Dordaño | A Igrexa |
San Pedro de Filgueira de Barranca | Filgueira de Barranca | O Igrexario |
San Xiao de Mandai | Mandaio | Quintá |
San Salvador de Trasanquelos | Trasanquelos |
Administración
[editar | editar a fonte]Até as eleccións municipais de 2015, o concello estivo rexido por unha comisión xestora de 13 membros designada pola Xunta de Galicia[9]. A ela pertencen os anteriores alcaldes de Oza dos Ríos, José Pablo González Cacheiro, e máis o de Cesuras, Julián Lucas Ramírez.
O concello ten dúas sedes que veñen sendo as antigas casas dos concellos fusionados.[10]
Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos
[editar | editar a fonte]Escolas
[editar | editar a fonte]Os centros educativos do concello son:
- Escola Infantil "A Galiña Azul" en Mandaio.
- CEIP Oza dos Ríos, en Oza dos Ríos.[11]
- CEIP Forte Bragade, Cesuras, Dordaño.[12]
Centros sociais, bibliotecas e museos
[editar | editar a fonte]Os centros culturais do concello son:
- Centro Cultural e biblioteca na antiga "casa do médico".
- Casa museo etnográfico, no Forte, Bragade.
Os principais centros deportivos son os:
- Campos de fútbol de Quintela, Porzomillos e Reboredo.
- Complexo deportivo Castiñeiro.
Etnografía
[editar | editar a fonte]Festas e romarías
[editar | editar a fonte]- Nosa Señora dos Miragres en Bandoxa, a última fin de semana de setembro.[13]
- Santísimo Sacramento en Cis, o 19 e 20 de agosto.[13]
- San Antón de Cuíña, en Callobre, Cuíña en xuño.[13]
- Nosa Señora de Cutián, pola Santa María do 15 de agosto.[13]
- Nosa Señora do Carme en Oza, do 7 ao 9 de xullo.[13]
- Santa Lucía en Oza o 13 de decembro.[13]
- Nosa Señora de Belén en Rodeiro, o 21 e 22 de setembro.[13]
- Santa Mariña o 14 de agosto.[14]
- San Mamede en Bragade o 11 de outubro.[14]
- Romaría Galega o Sanatorio no parque do Sanatorio o primeiro domingo de agosto.[14]
Espazos naturais
[editar | editar a fonte]Oza-Cesuras está dentro da zona especial conservación do Betanzos - Mandeo e dentro da Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
No concello hai declaradas as seguintes árbores senlleiras:
Economía
[editar | editar a fonte]O concello ten a súa base económica no sector gandeiro, agrícola e forestal. Está comunicado coa A-6 e estrutúrao de norte a sur a estrada comarcal AC-840, entre Betanzos e Agolada. Conta ademais cunha vía férrea, a que pasa de Lugo á Coruña e que ten estación en Cesuras, Oza e Piñoi. Oza-Cesuras fai de nó de comunicacións entre a costa e os concellos do interior, existe un importante sector de servizos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Oza-Cesuras.
-
Estación do ferrocarril
-
Ponte do ferrocarril
-
Sanatorio de tuberculosos, en ruínas, no Paraxón, Bragade.
-
Sanatorio de tuberculosos, en ruínas, no Paraxón, Bragade.
-
Bandeira con nome Oza-Cesuras.
-
Cartel nunha parada de autobús.
-
Bandeira de Oza-Cesuras na Regueira.
-
Marco de 1980 no cuadripunto entre Cesuras, Curtis, Vilasantar e Mesía.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Oza-Cesuras
[editar | editar a fonte]- Para unha lista completa vexa lugares de Oza-Cesuras.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ DECRETO 83/2013, do 6 de xuño, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras e se constitúe o municipio de Oza-Cesuras., DOG, 7 de xuño de 2013.
- ↑ "Oza y Cesuras abren la espita de las fusiones entre ayuntamientos", La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2012 (en castelán)
- ↑ "El PP aprueba en solitario la fusión definitiva de los concellos de Oza y Cesuras", La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2013 (en castelán).
- ↑ "Nace el concello de Oza-Cesuras", La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2013 (en castelán).
- ↑ "Oza-Cesuras ya tiene logotipo. El nuevo municipio presentó su imagen corporativa basada en la fusión de iconos románicos de los dos viejos concellos", La Voz de Galicia, 14 de decembro de 2013.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Universidade de Vigo, eds. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Ángel Luis Monteoliva Díaz, Monteoliva Arquitectura SLP (29/10/2001 (BOP 22/01/2002, DOG 22/01/2002)). Concello de Oza dos Ríos, eds. Denominación Plan xeral de ordenación municipal de Oza dos Ríos.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 Concello de Cesuras, eds. (2010). Documento de inicio do plano de ordenación municial de Cesuras. Información urbanística: estudo do medio rural e do modelo de asentamento.
- ↑ Xunta de Galicia, eds. (10 de xuño de 2013). "A Xunta designa a comisión xestora que rexerá e administrará o novo municipio de Oza-Cesuras ata as vindeiras eleccións". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2013.
- ↑ Concello de Oza-Cesuras (ed.). "Contacto". Consultado o 25 de agosto de 2014.
- ↑ "CEIP Oza dos Ríos.".
- ↑ "CEIP Forte Bragade, Cesuras.".
- ↑ 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Deputación da Coruña (eds.). "Oza dos Ríos - Río Mandeo, paraíso fluvial".
- ↑ 14,0 14,1 14,2 Deputación da Coruña (eds.). "Cesuras - Río Mandeo, paraíso fluvial".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Oza-Cesuras |