As Somozas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | A Igrexa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.068 (2023) (15,06 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 70,91 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde das Somozas | Juan Alonso Tembrás | ||||
Eleccións municipais nas Somozas | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15565 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15081 | ||||
Sitio web | assomozas.es | ||||
As Somozas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ferrol. Segundo o INE en 2014 tiña 1211 habitantes (1382 no 2009, 1392 no 2006, 1411 no 2005, 1403 no 2004, 1407 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é somocense.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 1211 (2014) |
Menores de 15 anos | 98 (8,09%) |
Entre 15 e 64 anos | 768 (63,42%) |
Maiores de 65 anos | 345 (28,49%) |
Evolución da poboación das Somozas Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3801 | 3934 | 3962 | 2004 | 1403 | 1279 | |||||||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]Os 71,4 km² polos que se estende este concello son bastante accidentados, aínda que de altitude escasa: as maiores altitudes son as de Vilalbesa (583 m), Pena dos Ladróns (620 m), Naveira (523 m), Lameira (518 m) Barreiros (538 m) e Cortello (484 m), todas elas nas parroquias de Seixas e Recemel. Atravésano o río Mera e o río Grande de Xuvia; o primeiro conforma o límite con Ortigueira e desemboca na ría de Ortigueira e o segundo nace na confluencia dos ríos Ferreiras e Grande.
Historia
[editar | editar a fonte]Grazas á súa situación estratéxica, arrodeada de vales e montañas, todo o territorio do concello das Somozas foi visitado por numerosas culturas ao longo da súa historia. Da época castrexa consérvase o Castro de Marván (Seixas).
No dominio musulmán, foi imposto un tributo aos seus habitantes, coñecido como Tributo das Cen Doncelas, polo que numerosas mulleres foron apresadas e trasladadas aos seus haréns. Eran despedidas polos seus achegados dende o Monte Marbán. Pénsase que a denominación de 'Somozas' provén dun nobre francés chamado Sumaças, que venceu aos musulmáns e que foi recompensado con terras na zona[1].
O territorio das Somozas pertenceu a distintos clans señoriais e a varias xurisdicións. Algúns dos nobres máis importantes que dominaron estas terras foron a Duquesa de Lemos, o Conde de Maceda e o Marqués de San Sadurniño.
O concello das Somozas constituíse no ano 1836, intre no que xurdiron os primeiros concellos constitucionais, formando parte da provincia histórica de Betanzos. Posteriormente, no ano 1845, incorporouse a parroquia de Recemel, desvencellándose de Moeche, e, máis tarde, no ano 1895, formáronse as de Enchousas e Seixas, ao se dividir a parroquia principal.
Na actualidade, As Somozas é un concello rural, adicado á agricultura e á gandería e arrodeado de vales e montañas que lle proporcionan un clima oceánico con temperaturas agradables.
O 19 de xaneiro do 2014, falece o actual alcalde Manuel Candocia Ramos, a causa dun infarto mentres presenciaba un partido do equipo do Unión Deportiva Somozas, do que tamén era presidente[2].
Goberno municipal
[editar | editar a fonte]Ao longo da democracia, Manuel Candocia non deixou nunca de ser alcalde das Somozas. Inicialmente, coa UCD e ata 2014, data na que falece, co PP. Non só ven revalidando unha ampla maioría absoluta, senón que esta é, cando menos, abafante.
Durante varias lexislaturas, o PP contou con 8 concelleiros e unicamente un edil na oposición do PSdeG-PSOE. En 2019 rómpese esta dinámica e entra na corporación municipal un partido independente (Alternativa por Somozas) con 2 concelleiros, ampliando a corporación municipal a tres partidos, algo que non se daba dende as primeiras eleccións de 1979. Xa nas últimas eleccións de maio de 2023 o BNG entra por primeira vez no concello con dous edís, mentres que Alternativa por Somozas baixaría a un e o PSdeG-PSOE desaparecería.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía, aínda que marcadamente agrícola, vai perdendo peso a medida que vai medrando o Polígono industrial das Somozas, onde se localizaron industrias dedicadas ás novas tecnoloxías como a construción de aeroxeradores (Gamesa) e plantas de rexeneración de materiais industriais e reciclaxe (a maioría do chapapote do Prestige será tratado aquí). Tamén conta con explotacións forestais de eucalipto, gando vacún e cultivos de kiwi e autoconsumo, que como moito, son vendidos nos mercados e feiras de Moeche e As Pontes de García Rodríguez, transformación da madeira en serradoiros e a existencia dunha embotelladora de leite.
Case unha cuarta parte dos traballadores viaxan até As Pontes, pois están empregados por Endesa ou as súas empresas auxiliares.
A poboación é moi dispersa e o lugar de maior tamaño, Igrexa, rolda os 100 habitantes.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Igrexa de Santiago Seré, A Igrexa de Santiago é o monumento máis importante do Concello. Atópase na capital, As Somozas, no lugar coñecido como A Igrexa, presidindo o centro urbano da poboación. É un templo de estilo barroco, levantado no século XVIII, con planta rectangular e tres naves cubertas de madeira. Merece especial mención na súa fachada principal a torre campanario de grande altura, visible dende case que calquera punto da poboación. Está coroada por unha cúpula octogonal, rematada por un pináculo sobre o que se sitúa unha cruz de ferro.
- Ermidas, en todo o Concello levántanse numerosos templos cun gran valor histórico-artístico. Merecen especial mención as ermidas de San Pedro, en Enchousas; do Socorro, en Recemel; de Nosa Señora de Francia, no Campo; de San Isidro, na Graxoiba; de San Bartolomeu, en Seixas, e as ermidas de San Cidre, San Pedro e Santo Estevo, nas Somozas.
- Montañas, Os picos de maior altura son Pena dos Ladróns, de 620 metros de altitude; Gradoi, de 357, e o histórico Marbán, que acada os 316 metros, lugar dende onde despedíanse os habitantes da poboación das doncelas cativadas polos musulmáns.
- Área recreativa da Queiroga, localízase ao nordeste das Somozas, nos arredores do río Mera, visitado polos amantes da pesca pola presenza de troitas. Atópase arrodeada por fragas e conta nas súas instalacións con mesas, bancos e grellas. Merecen especial mención un antigo muíño de auga e varios refuxios de pescadores.
Deporte
[editar | editar a fonte]A Unión Deportiva Somozas xogou na Segunda División B Española ata a tempada 2015-16. Actualmente milita na Terceira División RFEF Grupo 1.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes das Somozas.
-
Paseo fluvial.
-
Lugar da Igrexa.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias das Somozas | |
---|---|
As Enchousas (San Pedro) | Recemel (Santa María) | Seixas (Santa María) | As Somozas (Santiago Seré) |
Lugares das Somozas
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello das Somozas vexa: Lugares das Somozas.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: As Somozas |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |