Xornal de Galicia
Xornal de Galicia | |
---|---|
Fundación | 9 de decembro de 2008 |
Lingua | lingua castelá e lingua galega |
Na rede | |
http://www.xornal.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xornal de Galicia foi un xornal de comunicación xeral e de ámbito galego, fundado o 9 de decembro de 2008, aínda que a súa edición dixital, xornal.com, levaba nove anos activa en Internet. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011 e a páxina web pechou o 19 de outubro do mesmo ano. As súas linguas de edición foron o galego e o castelán.
Características
[editar | editar a fonte]O director e impulsor foi o xornalista de Brión, José Luis Gómez Gómez, e a primeira subdirección ocupouna María Martínez Val. A súa sede principal estivo situada na Coruña, se ben contou orixinalmente con redaccións tamén en Vigo e Santiago de Compostela. Entre os membros da redacción orixinal atopáronse Alberto Ramos, Iago Martínez, ou sinaturas como as de Carme Adán, Rafael Cuíña ou Xesús Palmou.
O accionista principal foi Udramedios, a filial de comunicación do grupo de construción San José. Co seu lanzamento absorbeu o medio electrónico Xornal.com.
O presidente do consello de administración da empresa foi Domingos Docampo, ex reitor da Universidade de Vigo[1]. O conselleiro delegado da empresa e xerente do xornal foi Miguel Barros Puente.
En marzo de 2011 o director José Luis Gómez Gómez foi destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de Mariano Rajoy, daquela líder do PP, a bordo dun barco vencellado ao narcotráfico[2]. A nova directora pasou a ser María Martínez Val. A edición en papel deixou de publicarse o 4 de agosto de 2011,[3] sendo presidente do Consello de Administración Alfonso Paz-Andrade,[4] continuando só a dixital. O 19 de outubro de 2011 pechou tamén esta edición, terminando completamente coa existencia do xornal.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Domingo Docampo presidirá Xornal de Galicia SA Arquivado 07 de decembro de 2008 en Wayback Machine. A Nosa Terra, 5/12/2008
- ↑ Jacinto Rey cede ante Rajoy, Galicia Confidencial, 1/4/2011.
- ↑ Cierra la edición impresa de Xornal de Galicia Arquivado 27 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 2/8/2011.
- ↑ Los trabajadores de Xornal de Galicia se movilizan..., El Mundo (en castelán).
- ↑ Xornal.com pecha tamén na rede Arquivado 29 de xuño de 2018 en Wayback Machine., Galicia Hoxe
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- M. Barreiro, Manuel; Pérez Pena, Marcos (2013). "A crise dos medios en galego: informe" (PDF). Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do xornal (non dispoñible).