Ramón Pais Romero
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 Corcubión, España |
Morte | 8 de marzo de 2001 (94/95 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Corcubión | |
1957 – 1979 – Rafael Mouzo → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Ramón Pais Romero, nado en Corcubión en 1906 e finado en Santiago de Compostela o 8 de marzo de 2001, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 1936 foi sancionado polos franquistas por repartir propaganda en favor do SI no Referendo de autonomía de Galicia. Mestre, exerceu en Asturias nos anos corenta, ata que en 1951 obtivo a praza da escola de Orientación Marítima en Corcubión. Máis tarde foi director do Colexio José Carrera da mesma vila.
Foi nomeado alcalde de Corcubión en 1957, tomando posesión o 24 de agosto.[1] Pertenceu ao Partido Gallego Independiente e o 18 de abril de 1978 foi nomeado conselleiro de Educación no primeiro goberno preautonómico presidido por Antonio Rosón. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a lista de UCD en Corcubión, pero perdeu a alcaldía fronte Rafael Mouzo, do PTG. Nun principio foi elixido deputado provincial, pero trala anulación dos resultados por parte da Audiencia Territorial (tras un recurso dos centristas) e a non concorrencia da UCD á repetición electoral dada en outubro, supuxo que se retirase tanto do concello coma da deputación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Noche, 31-8-1957, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos soltos dunha vida profesional por Ramón Pais Romero.
- Ramón Pais Romero, un alcalde y una catarsis
- Ramón Pais: un alcalde en el franquismo, autonomista
Predecesor: Salvador Lago Figueroa |
Alcalde de Corcubión 1957 - 1979 |
Sucesor: Rafael Mouzo |