Maurice Ravel
Atención: Este artigo é demasiado curto e precisa dun traballo de ampliación. |
Joseph Maurice Ravel, nado en Ciboure, Pireneos Atlánticos, o 7 de marzo de 1875 e finado en París o 28 de decembro de 1937, foi un compositor francés da época moderna.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa obra, que denota un estilo neoclásico audaz, é o froito dunha herdanza complexa e de procuras musicais que revolucionaron o piano e a música orquestral.
Ravel recoñécese como un mestre da orquestración e un artesán meticuloso que cultivaba a perfección formal ao tempo que permanecía profundamente humano.
É o autor dun célebre bolero, e un dos músicos máis tocados do mundo.
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Adaptación de música galega
[editar | editar a fonte]Durante a súa carreira, Ravel tamén se dedicou á adaptación de músicas de diferentes culturas, entre elas fixo unha versión da canción galega "Adiós, meu meniño, adiós" de Marcial del Adalid. Esta peza é parte da súa Chanson espagnole, onde respecta tanto o texto orixinal en galego como a melodía.[1] En 1910, Ravel participou con sete pezas nun concurso organizado pola 'Casa do Lied' en Moscova. Os temas premiados foron publicados o ano a seguir baixo o título Quattre Chants Populaires. Para a canción nº 1, Ravel empregou a melodía publicada por Adalid en 1880 como parte da segunda serie da colección Cantares vellos e novos de Galicia, incluíndo o texto galego como alternativa ao francés.
Segundo Margarita Soto Viso, a adopción desta melodía con ritmo de habanera pode alterar significativamente o sentido orixinal do texto e a música, mostrando unha interpretación libre que se distancia do espírito da melodía orixinal.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La canción gallega de Ravel". Mundoclasico.com (en castelán). Consultado o 2024-04-12.
- ↑ López, Rosalía (domingo, 20 de julho de 2014). "Aquecendo a voz: A canción galega de Ravel". Aquecendo a voz. Consultado o 2024-04-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maurice Ravel |
A Galipedia ten un portal sobre: Música |
A Galipedia ten un portal sobre: Música clásica |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Chanson espagnole de Maurice Ravel (vídeo en YouTube.com)
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |