Leonardo Santamarina
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1912 A Fonsagrada, España |
Morte | 12 de febreiro de 1987 (74 anos) New Brunswick, Estados Unidos de América (pt) |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Familia | |
Irmáns | Enrique Santamarina Becerra |
Leonardo Santamarina Becerra, nado na Fonsagrada o 7 de marzo de 1912 e finado en New Brunswick (Nova Jersey) o 12 de febreiro de 1987, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse como mestre na Escola Normal de Santiago de Compostela. Traballou como mestre e estaba matriculado na Sección de Pedagoxía da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Central de Madrid cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. Incorporouse ao exército leal e traballou nas oficinas da sección de artillaría en Lorca. Chegou a ser capitán de Artillaría. Ao derrubarse a República exiliouse en Cuba onde traballou como mestre e doutorouse na Universidade da Habana. En 1945 marchou aos Estados Unidos de América onde foi profesor de Lingua e Literatura española no Douglass College de New Brunswick.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi irmán do veterinario Enrique Santamarina Becerra, e tío do filólogo Antón Santamarina.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Domingo Cuadriello, Jorge (2009). El exilio republicano español en Cuba. Madrid: Siglo XXI. pp. 509–510. ISBN 978-84-323-1387-5. Consultado o 16 de xaneiro de 2013.