Saltar ao contido

Léo Malet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLéo Malet
Biografía
Nacemento(fr) Léon Malet Editar o valor en Wikidata
7 de marzo de 1909 Editar o valor en Wikidata
Montpellier, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata (86 anos)
Châtillon, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery of Châtillon (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, poeta, guionista Editar o valor en Wikidata
Partido políticoInternationalist Workers Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoSurrealismo Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0539400 BNE: XX828048 iTunes: 212194563 Musicbrainz: 55c03e97-371d-4ed1-b48a-897e2e23ec53 Discogs: 1480564 Editar o valor en Wikidata

Léo Malet, nado en Montpellier o 7 de marzo de 1909 e finado en Châtillon (Altos do Sena) o 3 de marzo de 1996, foi un escritor francés, coñecido especialmente como creador de novela negra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Abandonou de novo os estudos, comezando a traballar desde pequeno. En 1925 traballou como cantante de cabaret en La Vache Enragée de Montmartre (París). Na década de 1930 axuntouse co grupo de artistas surrealistas, trabando amizade con xente como André Breton, René Magritte ou Yves Tanguy. Foi nesta época cando comezou a facer literatura, publicando varios volumes de poesía.

Amais do seu nome real, publicou con seudónimos como Frank Harding, Léo Latimer, Lionel Doucet, Jean de Selneuves, Omer Refreger ou Louis Refreger.

Se ben cultivou diversos xéneros literarios, é coñecido principalmente polo personaxe de Nestor Burma, o antiheroe protagonista da serie Les Nouveaux Mystères de Paris. Burma é un detective privado cínico, coñecedor do argot dos suburbios de París, ex-anarquista e fumador de pipa.

Inicialmente Malet pretendía escribir unha serie de 20 novelas, unha para cada barrio (arrondisment), emulando a Les Mystères de Paris de Eugène Sue. Finalmente, foron 33 novelas con este personaxe, das que 18 teñen lugar nos diferentes distritos de París. Amais desta serie de novelas, tamén escribiu cinco narracións breves sobre Nestor Burma.

O personaxe de Nestor Burma foi levado á televisión nunha serie protagonizada por Guy Marchand. O autor franco-belga Jacques Tardi adaptou ao cómic algúns dos libros desta serie. Fixéronse catro adaptacións cinematográficas das súas novelas[1]: 120 rue de la Gare (Jacques Daniel-Norman, 1946), Énigme aux Folies Bergère (Jean Mitry, 1959), La Nuit de Saint-Germain-des-Prés (Bob Swaim, 1977) e Nestor Burma, détective de choc (Jean-Luc Miesch, 1982).

Outros personaxes ficticios foron Johnny Métal e Mike Rowland.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]