Gustave Eiffel
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Alexandre Gustave Eiffel, nado o 15 de decembro de 1832 en Dijon e finado o 27 de decembro de 1923 en París, foi un enxeñeiro francés, especialista en estruturas metálicas. O apelido Eiffel foi adoptado por un dos seus antepasados a principios do século XVIII, tomado do seu lugar de nacemento: Marmagen, na rexión de Eifel, xa que en francés non se podía pronunciar o seu verdadeiro nome: Alessandre Gustaf Bönickhausen.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non puido ingresar na "École Polytechnique" francesa, polo que acabou graduándose como enxeñeiro químico en 1855. Pouco despois empezou a traballar nunha empresa de equipos para ferrocarrís.
En 1867 funda a consultora e construtora Eiffel et Cie. que adquiriu un gran prestixio internacional no uso do ferro, construíndo centos de importantes estruturas (pontes, guindastres, estacións etc.).
Coa axuda do enxeñeiro belga Téophile Seyrig, adxudicouse unha poxa internacional para deseñar e construír un viaduto de 160 metros de luz sobre o río Douro, entre Porto e Vila Nova de Gaia, Portugal. A súa proposta usaba o "método de forzas", unha técnica de deseñar estruturas nova por aquel entón creada por Maxwell en 1846. A Ponte Maria Pia está constituída por un dobre arco que sostén a vía única de ferrocarril por medio de alicerces que reforzan toda a ponte. A construción foi bastante rápida e estivo concluída en menos de dous anos (5 de xaneiro de 1876 - 4 de novembro de 1877). Foi inaugurada polo rei Lois I e a raíña María Pía. A ponte utilizouse ata 1991 (114 anos) cando se substituíu pola nova ponte de São João. Un deseño do enxeñeiro Edgar Cardoso.
Tamén construíu o viaduto de Garabit en Truyère, que tivo o arco de maior luz da súa época (165 m).
Torre Eiffel
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Torre Eiffel.
A súa construción máis famosa é a Torre Eiffel. Construída entre os anos 1887 e 1889 para a Exposición Universal de 1889 en París, Francia. Non é tan sabido que el deseñou a estrutura interna da Estatua da Liberdade de Nova York. Adquiriu experiencia na construción deseñando pontes de ferro.
Gustave Eiffel tamén deseñou La Ruche en París, que se convertería, do mesmo xeito que a Torre Eiffel, nun punto de referencia da cidade. Unha estrutura circular de tres pisos que parece unha "colmea". Creouse como unha construción temporal para a Grande Exposición de 1900.
A reputación de Eiffel sufriu un duro revés cando se viu implicado en escándalos financeiros ao redor de Ferdinand de Lesseps. Foi declarado culpable pero el non tiña nada que ver, polo que o seu xuízo foi revisado.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Nos seus últimos anos empezou a estudar aerodinámica.
Eiffel morreu o 27 de decembro de 1923, á idade de 91 anos, na súa mansión da Rue Rabelais de París e foi enterrado no cemiterio de Levallois-Perret, na mesma localidade.
Obras máis importantes
[editar | editar a fonte]- Torre Eiffel (París).
- Viaduto María Pía (Portugal).
- Estatua da Liberdade (Nova York, EEUU).
- Ponte de Bordeos (Francia).