Saltar ao contido

El Barbero Municipal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

El Barbero Municipal
Lingualingua castelá
LocalidadeRianxo
editar datos en Wikidata ]

El Barbero Municipal foi un semanario fundado por Ramón Rey Baltar que se editou en Rianxo como órgano do Partido Conservador local e de liña maurista. Caracterizouse pola crítica á política do home forte da zona, o liberal Manuel Viturro Posse, secretario da Deputación Provincial da Coruña e do seu cacique local, o alcalde Manuel Pérez.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

O primeiro número apareceu o 17 de xullo de 1910. O xornal cubría o partido xudicial de Padrón, que comprendía os concellos de Dodro, Padrón, Rianxo, Rois e Teo. O seu director era Xosé Arcos Moldes e no xornal colaborou amplamente Castelao -na práctica, cofundador- con portadas, caricaturas e con distintos textos. Publicábase maioritariamente en castelán pero cómpre destaca-la sección "Faladurías", escrita por Castelao e o propio Rey Baltar, integramente en galego. Trátanse dos primeiros textos en galego que escribiu Castelao. Eduardo Dieste era o seu director literario e Ramón Rey Baltar colaborou co pseudónimo de Verduguillo. Mantivo polémica con Buenas Noches. Rematou a súa edición co número 191, o 7 de marzo de 1914. Foi continuado por La Justicia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]