Alban Gerhardt
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de maio de 1969 (55 anos) Berlín, Alemaña |
Actividade | |
Ocupación | violoncellista |
Xénero artístico | Música clásica |
Instrumento | Violoncello |
Selo discográfico | Hyperion Records (en) |
Páxina web | albangerhardt.com |
Alban Gerhardt, nado en Berlín en 1969, é un violonchelista alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alban Gerhardt naceu en 1969 en Berlín (Alemaña), onde seu pai era violinista da Filharmónica de Berlín dende 1966. Aos catro anos seu pai tentou aprenderlle a tocar o violín, mais este experimento resultou un fracaso, polo que aos oito anos de idade comezou a tocar o piano e o violonchelo cos mestres Wolfgang Saschowa e Markus Nyikos respectivamente.[1] Logo dos seus éxitos en concursos, en 1987 debutou como solista coa orquestra de cámara da Filharmónica de Berlín baixo a batuta de Semyon Bychkov, interpretando o Concerto en Re Maior para violonchelo e orquertra de Haydn.[2] En 1994 gañou o Young Concert Artists International Auditions.
Ademais da súa intensa actividade como solista cómpre destacar á música de cámara como unha parte importante da súa carreira, tocando nos máis importantes festivais e cos principais solistas.
Repertorio
[editar | editar a fonte]O seu repertorio conta cuns sesenta concertos, e gosta de rescatar obras pouco coñecidas. A súa colaboración con compositores como Peteris Vasks, Brett Dean, Jörg Widmann, Oswaldo Golijov, Mathias Hinke e Matthias Pintscher é proba do seu grande interese en ampliar o repertorio para o violonchelo.
Instrumento
[editar | editar a fonte]Logo da perda do seu violonchelo Guadagnini, Gerhardt toca un instrumento único de Matteo Gofriller.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Prokofiev: Cello Concerto & Symphony-Concerto, Hyperion Records (2009)
- Alkan/Chopin: Cello Sonatas, Hyperion Records (2008)
- Max Reger Cello Sonatas, Hyperion Records (2008)
- The Romantic Cello Concerto Vol. II, Hyperion Records (2007)
- Shostakovich - Schnittke: Cello Sonatas, Hyperion Records (2006)
- The Romantic Cello Concerto Vol. I, Hyperion Records (2005)
- Bach, Britten, Kodály, Oehms Classics (2004)
- Frank Bridge: Orchestral Works, Vol. 4, Chandos Records (2004)
- Frederick Jacobi, Naxos (2004)
- Lennox and Michael Berkeley, Chandos Records (2003)
- Anton Rubinstein, MDG Gold (2003)
- BBC Music Magazine Special (2001)
- Nielsen - Barber, Amati (2001)
- BBC Music Magazine Special (2001)
- Webern - Carter - Dean - Holliger, IPPNW Concerts (1999)
- Spanish Encores, EMI Classics (1999)
- Brahms Sonatas, Harmonia Mundi (1998)
- Bach - Brahms - Schubert, IPPNW Concerts (1997)
- Schubert - Schumann, IPPNW Concerts (1993)
- Brahms - Franck, IPPNW (1992)
- Wandering Soul: Music by Peter Kuhlmann, Y•T Records (1992)
- Kodàly - Debussy - de Falla - Kreisler - Paganini, Primavera (1991)
Premios
[editar | editar a fonte]- Echo Klassik Prize: 1998, 2003
- Midem Classic Award: 2005
- Best Orchestra Recording (BBC Music Magazine): 2005
- CD des Monats im Fonoforum: 2005
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Entrevista a Alban Gerhardt na Internet Cello Society (en inglés)
- ↑ "A short autobiographical essay by Gerhardt (Under "Bio" and "A More Personal Alban")" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2010.