Saltar ao contido

Winchester

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaWinchester
Imaxe

Localización
Mapa
 51°03′48″N 1°18′31″O / 51.0633, -1.3086
EstadoReino Unido
PaísInglaterra
RexiónsSudeste de Inglaterra - South East England
Condado cerimonialHampshire
Condado non metropolitanoHampshire (en) Traducir
District with city status (en) TraducirCity of Winchester (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Wessex (–927)
Reino de Inglaterra (927–década de 1200)
City of Winchester (en) Traducir (1974–)
Hampshire (–1974) Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación35.200 Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postalSO22 e SO23 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico01962 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX459724

Winchester é unha cidade e capital do condado de Hampshire, Inglaterra. A cidade atópase no corazón da cidade de Winchester, un distrito do goberno local e está situada no extremo occidental do parque nacional de South Downs, ó longo do curso do río Itchen.[1] Atópase a 98 quilómetros ó suroeste de Londres e 21.9 km de Southampton, a súa cidade máis achegada. Segundo o censo de 2011, Winchester tiña unha poboación de 45 184. O distrito da cidade de Winchester inclúe as vilas de Alresford e Bishop's Waltham, cunha poboación total de 116 800.[2]

Winchester desenvolveuse a partir da vila romana de Venta Belgarum, que á súa vez era un oppidum da Idade de Ferro. O principal atractivo de Winchester é a súa catedral, unha das meirandes catedrais de Europa, que salienta por ter a nave máis longa e a maior lonxitude total de tódalas catedrais góticas de Europa. A cidade alberga a Universidade de Winchester e o Winchester College, a escola pública máis antiga do Reino Unido que aínda emprega os seus edificios orixinais.

  1. Landranger 185: Winchester & Basingstoke. Ordnance Survey. 2005. ISBN 978-0-319-22884-5. 
  2. "2011 Census: KS101EW Usual resident population, local authorities in England and Wales". National Statistics. Consultado o 5 de xaneiro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]