Rytíři Kladno
Rytíři Kladno | |
---|---|
Fundación | 1924 |
Cidade | Kladno, Bohemia Central República Checa |
Estadio | Městský zimní stadion (8.600 espectadores) |
Liga | Extraliga Checa |
Propietario(s) | Jaromír Jágr |
Adestrador | Zdeněk Vojta |
Cores | Azul e branco |
Na rede | |
https://www.rytirikladno.cz/ | |
O Rytíři Kladno é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kladno, República Checa. O club foi fundado en 1924 e actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo checo, a Extraliga, competición da cal foi campión da liga regular na tempada inaugural. Xoga os seus partidos como local no Městský zimní stadion, un pavillón con capacidade para 8.600 espectadores. O seu propietario é o xogador dos Boston Bruins nado en Kladno Jaromír Jágr.
Historia
[editar | editar a fonte]O Rytíři Kladno foi fundado en 1924 como HOSK Kladno. Kladno foi un equipo especialmente forte a finais da década dos '70, cando gañou catro títulos consecutivos da liga checoslovaca (1975–1978, e 1980). Kladno gañou tamén a Copa de Europa en 1977 tras derrotar na final ao Spartak de Moscova. A estrela do equipo, Milan Nový, foi MVP da liga en 1977, 1981 e 1982, e gañou seis veces o premio ao máximo goleador. František Pospíšil foi o MVP da liga en 1971 e 1972.
Na 1993-94, a tempada inaugural da Extraliga, o equipo finalizou na primeira posición a liga regular, mais perdeu en semifinais fronte ao futuro campión, o HC Olomouc[1].
O club non tivo moito éxito as seguintes tempadas, e mesmo descendeu en 2002 á segunda división, retornando unha tempada despois á elite.
Jaromír Jágr xogou na súa cidade natal en partes de catro tempadas, incluíndo durante os paros laborais da NHL en 1994, 2004, e 2012.
Denominacións
[editar | editar a fonte]Os equipos de hockey da Extraliga adoitan ser coñecidos polo nome do seu patrocinador, que cambia periodicamente. Actualmente o equipo de Kladno é chamado Rytíři Kladno (Cabaleiros de Kladno).
- 1924 - HOSK Kladno
- 1948 - Sokol Kladno
- 1977 - Poldi SONP Kladno
- 1995 - HC Poldi Kladno
- 1997 - HC Velvana Kladno
- 2000 - HC Vagnerplast Kladno
- 2003 - HC Rabat Kladno
- 2007 - HC GEUS OKNA Kladno
- 2010 - HC Vagnerplast Kladno
- 2011 - Rytíři Kladno
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 6 Ligas Checoslovacas: 1959, 1975, 1976, 1977, 1978, 1980
- 1 Copa de Europa: 1977
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Resumo da tempada en http://hockeyarchives.info/ (en francés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rytíři Kladno |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en checo)