Saltar ao contido

Richard Adolf Zsigmondy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRichard Adolf Zsigmondy

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de abril de 1865 Editar o valor en Wikidata
Viena, Austria Editar o valor en Wikidata
Morte23 de setembro de 1929 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Gotinga (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio municipal de Gotinga Editar o valor en Wikidata
Catedrático
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesAmico di LaVereso Editar o valor en Wikidata
ResidenciaViena Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Múnic
Universidade Técnica de Viena Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoInterface and colloid science (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, inventor, químico, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Graz Editar o valor en Wikidata
Influencias
Familia
PaiAdolf Zsigmondy Editar o valor en Wikidata
IrmánsKarl Zsigmondy
Otto Zsigmondy
Emil Zsigmondy Editar o valor en Wikidata
ParentesJenő Zsigmondy, sobriño segundo Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Зигмонди Рихард) Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Zsigmondy-1 Find a Grave: 137922947 Editar o valor en Wikidata

Richard Adolf Zsigmondy, nado en Viena (Imperio austríaco, agora Austria), o 1 de abril de 1865 e finado en Göttingen (Alemaña) o 23 de setembro de 1929, foi un químico austríaco-alemán de ascendencia húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1925.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zsigmondy foi fillo de Irma von Szakmary e Adolf Zsigmondy Sr., quen fora un científico e inventara instrumentos cirúrxicos no campo da odontoloxía. Creceu coa súa nai tras a temperá morte do seu pai en 1880 e recibiu unha extensa educación mentres, á vez, gozaba de afeccións como a escalada e o montañismo cos seus irmáns. No instituto desenvolveu un interese nas ciencias naturais, especialmente en química e física, e comezou a realizar experimentos no seu propio laboratorio na casa.

A súa carreira académica comezou na facultade de medicina da Universidade de Viena, pero pronto se cambiou á Universidade Técnica de Viena e máis tarde á Universidade de Múnic para estudar química. En Múnic o seu profesor foi von Miller, e foi onde comezou a súa carreira científica en investigación. Volveu a Austria en 1893 para traballar como un asistente do profesor en Graz. Durante o seu traballo en Graz completou o seu traballo de investigación máis destacado, o traballo na química dos coloides (un tipo de vidro coloreado).

A súa carreira científica continuou en Göttingen, Alemaña, como profesor de química, onde permaneceu o resto da súa carreira profesional. En 1925 Zsigmondy recibiu o Premio Nobel de Química polo seu traballo sobre os coloides durante o seu tempo en Graz.

Morreu só uns poucos anos logo da súa xubilación, en 1929 en Göttingen.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O cráter Zsigmondy na lúa chámase así na súa honra.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Premio Nobel de Química

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Fritz Pregl
Premio Nobel de Química

1925
Sucesor:
Theodor Svedberg