Saltar ao contido

Mike Tyson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMike Tyson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de xuño de 1966 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
Brooklyn, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo Editar o valor en Wikidata
Altura179 cm Editar o valor en Wikidata
Peso100 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónboxeador, autobiógrafo, actor de dobraxe, actor, creador de podcast Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deporteboxeo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivaboxeo
peso pesado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Adestrado porCus D'Amato (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
28 de xuño de 1997Evander Holyfield vs. Mike Tyson II (en) Traducir
20 de maio de 1986Mike Tyson vs. Mitch Green (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outro
CónxuxeRobin Givens (1988–1989) Editar o valor en Wikidata
Condenado porViolación
asalto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmiketyson.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005512 Allocine: 36404 Rottentomatoes: celebrity/mike_tyson TCM: 361358 Metacritic: person/mike-tyson TV.com: people/mike-tyson IBDB: 493058
Facebook: miketyson Twitter: MikeTyson Instagram: miketyson Youtube: UCdtNjOwfQpgVK0FyOeLyzrg TikTok: miketyson BNE: XX1142586 Spotify: 5MCgysjFa88X9uVFMKHbDe Musicbrainz: 3625be6b-89b4-41bc-b70f-3340453e5201 Songkick: 787693 Discogs: 1224611 Allmusic: mn0001012270 WikiTree: Tyson-626 Genius: Mike-tyson Editar o valor en Wikidata
Mike Tyson en 2006

Michael Gerard "Mike" Tyson, nado o 30 de xuño de 1966 en Nova York, é un boxeador estadounidense retirado. Foi campión dos pesos pesados e o máis novo en gañar os títulos mundiais do Consello, da Asociación e da Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tyson gañou o título do Consello con vinte anos diante Trevor Berbick por KO técnico. Ó longo da súa carreira , Tyson foi coñecido polo seu boxeo feroz e intimidatorio[1] e polo seu carácter controvertido dentro e fóra do ring. Tyson gañou os seus primeiros 19 combates profesionais por KO, 12 na primeira rolda. Na segunda metade dos anos oitenta foi o campión indiscutido dos pesos pesados unificando todas as coroas na súa persoa. Tyson perdeu o seu título ó perder inesperadamente contra James Douglas estando as apostas 42 a 1 a favor de Tyson, o 11 de febreiro de 1990 en Toquio por KO na décima rolda[2].

En 1992, Tyson foi condenado por asalto sexual contra Desiree Washington, pasando tres anos na cadea, nese tempo converteuse ó islam e adoptou o nome de Malik Abdul Aziz. Tras saír en 1995 volveu a boxear, gañando os títulos do Consello e da Asociación, perdéndoos no combate contra Evander Holyfield en 1996. No desquite de 1997 Tyson foi descualificado por arrincarlle dunha mordedela parte da orella a Holyfield. Loitou de novo por un campionato en 2002 perdendo contra Lennox Lewis por KO. Tyson retirouse do boxeo de competición en 2005 logo de perder dous combates consecutivos por KO contra Danny Williams e Kevin McBride. En 2003 Tyson declarouse en creba, a pesar de recibir 30 millóns de dólares nalgunha das súas pelexas e 300 millóns durante a súa carreira.