Saltar ao contido

Michiyo Tsujimura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMichiyo Tsujimura

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ja) 辻村みちよ Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Okegawa, Xapón Editar o valor en Wikidata
Morte1 de xuño de 1969 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Toyohashi, Xapón Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Toquio
Universidade de Hokkaido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónagrónoma, bioquímica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Feminina de Ochanomizu
Jissen Women's University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: 辻村-6

Michiyo Tsujimura (辻村みちよ?) , nada o 17 de setembro de 1888 e finada o 1 de xuño de 1969, científica agrícola xaponesa e bioquímica que investigou os compoñentes do té verde.[1] Foi a primeira muller no Xapón en recibir un doutoramento en agricultura.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tsujimura naceu en 1888 no que hoxe é Okegawa, na prefectura de Saitama. Asistiu á Escola Superior de Mulleres da Prefectura de Tokio, graduándose en 1909, e á División de Ciencias da Escola Superior de Mulleres da Prefectura de Tokio. Alí a súa mestre foi a bióloga Kono Yasui, quen inspirou en Tsujimura o interese pola investigación científica. Graduouse en 1913 e converteuse en profesora no Instituto da Muller de Yokohama na prefectura de Kanagawa. En 1917 volveu á prefectura de Saitama para ensinar no Saitama Women's High School.[2]

A carreira investigadora de Tsujimura comezou en 1920 cando se uniu á Universidade Imperial de Hokkaido como asistente de laboratorio. Nese momento, a universidade non aceptaba estudantes femininas, polo que Tsujimura traballou nun posto non remunerado no Laboratorio de Nutrición Alimentaria do departamento de Química Agrícola da universidade. Alí fixo investigacións sobre a nutrición dos vermes de seda antes de mudarse ao Laboratorio de Química Médica da Escola de Medicina da Universidade Imperial de Tokio en 1922. O laboratorio foi destruído no gran terremoto de 1923, polo que acudiu ao Instituto de Investigación RIKEN de Ciencias Naturais do Xapón como estudante de investigación en outubro de 1923. Traballou no laboratorio de Umetaro Suzuki, doutor en Agricultura, e fixo investigacións sobre química nutricional. Tsujimura e o seu colega Seitaro Miura descubriron a vitamina C no té verde en 1924 e publicaron un artigo titulado "Vitamina C no té verde" na revista Bioscience, Biotechnology, and Biochemistry.[2] Este achado contribuíu a un aumento das exportacións de té verde a América do Norte.[2]

En 1929 Tsujimura illou a catequina, un flavonoide, do té verde. Extraeu tanino en forma de cristal do té verde en 1930. A súa tese sobre os compoñentes do té verde, titulada "On the Chemical Components of Green Tea", valeulle un doutoramento en agricultura pola Universidade Imperial de Tokio en 1932, converténdoa na primeira muller do Xapón en conseguir ese título.[2][3] Foi ao illar a galocatequina do té verde en 1934 que presentou unha patente para o seu método de extracción de cristais de vitamina C das plantas en 1935. Ela ascendeu a un posto de investigación júnior en RIKEN en 1942 e despois a un posto de investigación en 1947, máis tarde converteuse en profesora na Universidade de Ochanomizu cando se fundou en 1949. Foi profesora no Liceo de Mulleres de Tokio desde 1950 e foi a primeira decana da Facultade de Economía Doméstica.[2]

Tsujimura retirouse da Universidade de Ochanomizu en 1955, pero continuou ensinando a tempo parcial ata 1961. Foi profesora da Jissen Women's University de Tokio desde 1955 ata 1963, cando foi recoñecida como profesora emérita. Recibiu o Premio Xapón de Ciencias Agrícolas en 1956 polas súas investigacións sobre o té verde e en 1968 recibiu a Orde da Coroa Preciosa, de Cuarta Clase. Morreu en Toyohashi o 1 de xuño de 1969 aos 81 anos.[2]

  1. "Michiyo Tsujimura, la bioquímica japonesa que desmenuzó el té verde para descubrir sus componentes". Mujeres con ciencia (en castelán). 2021-09-23. Consultado o 2022-06-24. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Michiyo Tsujimura (1888–1969)". Ochanomizu University. Arquivado dende o orixinal o 21 de novembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  3. Kodate, Naonori; Kodate, Kashiko (2015). Japanese Women in Science and Engineering: History and Policy Change. Routledge. p. 29. ISBN 978-1-317-59505-2.