Lingua achinesa
Achinés Bahsa/Basa Acèh بهسا اچيه | ||
---|---|---|
Falado en: | Indonesia | |
Rexións: | Aceh | |
Total de falantes: | 3,5 millóns (2000) | |
Familia: | Austronesia Malaio-Polinesia Malaio-Polinesia Nuclear Malaio-sumbawano Chámico Achinés | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Indonesia | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ace | |
ISO 639-3: | ace
| |
Mapa | ||
Status | ||
O achinés, aceh, acheh ou achenés é unha lingua malaio-polinesia de Indonesia.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]O achinés fálase na zona litoral da provincia de Aceh, no norte de Sumatra
Dialectos
[editar | editar a fonte]Banda Aceh, Baruh, Bueng, Daja, Pasa, Pidie e Tunong
Escrita
[editar | editar a fonte]O achinés escribíase tradicionalmente en alfabeto árabe, pero en 1979 estableceuse un novo alfabeto de base latina.
Historia
[editar | editar a fonte]Aceh islamizouse no século VIII, e xa no ano 804 establécese o primeiro reino islámico no territorio de lingua achinesa, a islamización puxo fin á influencia do sánscrito e deulle un verniz arabizante á lingua. No século XV Aceh era o estado máis poderoso da rexión, e aínda que o malaio era a lingua que actuaba como oficial nos documentos escritos o achinés era predominante nos usos orais[2], pero dende 1641 a influencia achinesa comeza a declinar, en 1873 os holandeses invaden Aceh, pero non se puideron facer co control do territorio ata 1903, os xaponeses invaden o territorio en 1942, e vai ser o único lugar de Indonesia onde van atopar resistencia nativa.
Fonoloxía
[editar | editar a fonte]Vogais
[editar | editar a fonte]Anterior | Central | Posterior | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
oral | nasal | oral | nasal | oral | nasal | |
Pechada | i | ĩ | ɨ | ɨ̃ | u | ũ |
Semipechada | e | ɛ̃ | ə | ʌ̃ | o | ɔ̃ |
Semiaberta | ɛ | ʌ | ɔ | |||
Aberta | a | ã |
Consoantes
[editar | editar a fonte]Labial | Alveolar | Palatal | Velar | Glotal | |
---|---|---|---|---|---|
Nasal | m | n | ɲ | ŋ | |
Oclusiva | p b | t d | c ɟ | k g | ʔ |
Fricativa | s | ʃ | h | ||
Aproximante | w | l | j | ||
Vibrante | r |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Leonard Y. Andaya Leaves of the same tree: trade and ethnicity in the Straits of Melaka, University of Hawaii Press, 2008, páxina 139
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua achinesa |