Lincoln Motor Company
Aparencia
Lincoln Motor Company | |
---|---|
Na rede | |
https://www.lincoln.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lincoln é unha marca de automóbiles da Ford Motor Company especializada na produción de coches de luxo.
Historia
[editar | editar a fonte]Henry M. Leland, un dos membros fundadores de Cadillac estableceu en 1917 a Lincoln Motor Company para fabricar motores de aeronaves necesarios durante a guerra, ao seu remate a compañía cambiou a súa liña de produción, decantándose pola fabricación de coches de luxo. A empresa, porén, enfrontouse a dificultades financeiras e en 1922 mercouna a Ford, que a converteu nunha das marcas máis populares de coches de luxo.