Saltar ao contido

Frances Arnold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFrances Arnold

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Frances Hamilton Arnold Editar o valor en Wikidata
25 de xullo de 1956 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Pittsburgh, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Board of directors member (en) Traducir Alphabet Inc.
9 de decembro de 2019 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de California, Berkeley (–1985)
Universidade de Princeton (–1979)
Taylor Allderdice High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseHarvey Warren Blanch (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnxeñaría química Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónbioquímica, profesora universitaria, inventora, enxeñeira Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de California, Berkeley, investigadora posdoutoral (1985–1986)
National Institute of Solar Energy (en) Traducir, research engineer (en) Traducir (1979–1980)
Instituto Tecnolóxico de California Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013 Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoHuimin Zhao (pt) Traducir, Jesse D. Bloom (en) Traducir e D. Allan Drummond (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJay Bailey (–1994) Editar o valor en Wikidata
ParellaAndrew E. Lange (1994–2007) Editar o valor en Wikidata
PaiWilliam Howard Arnold Editar o valor en Wikidata
ParentesWilliam Howard Arnold, avó Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteA Continuing Career in Biocatalysis: Frances H. Arnold (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Sitio webche.caltech.edu… Editar o valor en Wikidata
Twitter: francesarnold Editar o valor en Wikidata

Frances Hamilton Arnold, nada en Pittsburgh o 25 de xullo de 1956, é unha científica e química estadounidense. Foi galardoada co Premio Nobel de Química no 2018 xunto a George P. Smith e Gregory Winter.[1] É pioneira na investigación de métodos de evolución dirixida para crear sistemas biolóxicos útiles, incluíndo enzimas, rutas metabólicas, circuítos de regulación xenética e organismos. É profesora de Linus Pauling de enxeñaría química, bioquímica e bioenxeñaría no Instituto de Tecnoloxía de California

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e educación

[editar | editar a fonte]

Frances é filla de Josephine Inman e do físico nuclear William Howard Arnold [2] Frances graduouse no 1979 en Enxeñaría mecánica e Enxeñaría aeroespacial na Universidade de Princeton, onde se centrou en investigar sobre a enerxía solar. Despois de graduarse en Princeton traballou como enxeñeira en Corea do Sur, Brasil e no Solar Energy Research Institute de Colorado (agora chamado National Renewable Energy Laboratory). Anos máis tarde, no 1985 doutorouse en Química na Universidade de California en Berkeley, onde comezou a interesarse pola bioquímica.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Frances Arnold vive en La Cañada Flintridge, California. Casou con James E.Bailey e tiveron un fillo, James. No 2001 Bailey morreu de cancro e anos máis tarde Frances volveu a casar co astrofísico de Caltech Andrew E.Lange co que tivo dous fillos, William e Joseph. No 2010 Andrew suicidouse e 6 anos máis tarde o seu fillo William morreu nun accidente. No 2005 Frances foi diagnosticada con cancro de mama e estivo baixo tratamento 18 meses.[3]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

O traballo de Frances Arnold foi recoñecido e esta recibiu numerosos premios, entre eles o Premio Nobel de Química no 2018 polo seu traballo pioneiro en Evolución dirixida, converténdose así na quinta muller en recibir este premio nos seus 117 anos de existencia e na primeira estadounidense.

Tamén recibiu numerosos outros premios como:

  1. "The Nobel Prize in Chemistry 2018" (PDF) (en inglés). Academia de ciencias de Suecia. 210/2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de outubro de 2018. Consultado o 3/102018. 
  2. "William Howard Arnold" (en inglés). 2018-10-05. 
  3. "This Nobel winner lost a son and two husbands and survived cancer". NBC News (en inglés). Consultado o 2018-10-27. 
  4. "Pioneer of "Directed Evolution" Wins Lifetime Achievement Award | Caltech". The California Institute of Technology (en inglés). Consultado o 31/8/2017. 
  5. "Frances Arnold (Doctor of Science) accessdate=11/06/2017". Dartmouth College. 11/06/2017. 
  6. "Evolutionary engineer Francis Arnold wins €1m tech prize". 25/5/2016. Consultado o 25/5/2016. 
  7. "Doing the right things". ETH Zurich. 21/11/2015. Consultado o 23/11/2015. 
  8. "PRESS RELEASE: President Obama Honors Nation’s Top Scientists and Innovators". whitehouse.gov. 2012-12-21. Consultado o 25/5/2016. 
  9. "Recipients of the Charles Stark Draper Prize for Engineering" (en inglés). National Academy of Engineering. Consultado o 3/10/2018. 
  10. "Frances H. Arnold, Enzyme Engineering Award for 2007". www.engconf.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27/03/2019. Consultado o 21/6/2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]