Constance Markievicz
A condesa Constance Markievicz, nada o 4 de febreiro de 1868 en Londres (Inglaterra) e finada o 15 de xullo de 1927 en Dublín (Irlanda), tamén coñecida como a Condesa Vermella, foi unha feminista, [1]nacionalista e revolucionaria irlandesa que xogou un papel destacado na loita pola independencia de Irlanda.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada como Constance Georgine Gore-Booth, casou cun conde polonés. Loitou no Alzamento de Pascua de 1916 en Dublín, polo que foi condenada a morte, e encadeada por conmutación da pena. Foi a primeira muller en ser elixida deputada no Parlamento Británico en 1918, mais renunciou ao escano para ser coherente coa posición abstencionista do seu partido.[2] Porén, constituíu o primeiro Parlamento Provisional de Irlanda xunto a outros cargos electos do Sinn Féin. Tamén foi a primeira muller en formar parte dun goberno en Europa, xa que foi Ministra de Traballo da nova República de Irlanda entre 1919 e 1922.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gómez, Lourdes (4 de febrero de 2018). «Cien años de voto femenino británico: La irlandesa Constance Markievicz fue la primera con escaño en Westminster». Diario de Navarra (Pamplona). p. 7.
- ↑ 2,0 2,1 "Constance Markievicz | Biography & Facts | Britannica". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2022-08-30.
- ↑ "Women's Museum of Ireland | Articles | Constance Markievicz". www.womensmuseumofireland.ie. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2022. Consultado o 2022-08-30.