Ball Arena
Ball Arena | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 39°44′55″N 105°00′27″O / 39.748611111111, -105.0075 |
Localización | Denver, Estados Unidos |
Construción | |
Construción | 20 de novembro de 1997 |
Inauguración | 1 de outubro de 1999 |
Arquitecto | Populous |
Enxeñeiro | Thornton Tomasetti |
Custo | $187 millóns |
Estadio | |
Capacidade | Baloncesto: 19.155 Hóckey sobre xeo: 18.007 |
Propietario | Kroenke Sports Enterprises |
Operadora | Kroenke Sports Enterprises |
Localía | Denver Nuggets (NBA) Colorado Avalanche (NHL) Colorado Mammoth (NLL) |
Web | https://www.ballarena.com/ |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ball Arena, coñecido antigamente coma Pepsi Center, é un pavillón polideportivo cuberto situado na cidade de Denver (Colorado, Estados Unidos). Actualmente, é sede do equipo de baloncesto Denver Nuggets (NBA), do equipo de hóckey sobre xeo Colorado Avalanche (NHL), así como dos Colorado Mammoth de lacrosse. Ten capacidade para 19.155 espectadores para partidos de baloncesto, a cal se reduce até os 18.007 para o hóckey e o lacrosse.
Historia
[editar | editar a fonte]O Pepsi Center foi construído como parte dun programa de mellora e construción de instalacións deportivas na cidade de Denver. Ademais deste pavillón, o programa permitiu a edificación do Coors Field dos Colorado Rockies da MLB de béisbol, e o Invesco Field dos Denver Broncos da NFL de fútbol americano. O complexo foi construído para ser facilmente accesíbel, estando situado na Speer Boulevard, principal estrada do centro da cidade e cunha saída próxima á Interestatal 25. Ademais, no lado oeste do complexo hai unha estación ferroviaria.
As obras do pavillón comezaron o 20 de novembro de 1997, sendo terminado en outubro de 1999. A apertura do complexo foi celebrada cun concerto de Céline Dion. O recinto foi construído para ser capaz de xuntar a 19.155 espectadores en partidos de baloncesto e 18.007 para o hóckey e o lacrosse. Tamén conta cun campo de adestramento de baloncesto usado polos Nuggets e o restaurante Blue Sky Grill, accesíbel tanto desde dentro como desde fóra do complexo. Antes da súa construción, os Denver Nuggets e os Colorado Avalanche disputaban os seus partidos no McNichols Sports Area, un pavillón que foi derrubado e que actualmente é utilizado como aparcadoiro do Invesco Field.