Astrónomo Real
Astrónomo Real é un alto cargo da Casa Real da monarquía do Reino Unido. Hai dous oficiais, o sénior que é o Astrónomo Real, existe desde 22 de xuño de 1675; o segundo é o Astrónomo Real de Escocia, data de 1834.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]O rei Carlos II, que fundou o Observatorio Real de Greenwich en 1675, instruíu o primeiro Astrónomo Real John Flamsteed, «...a inmediatamente dedicarse co coidado e dilixencia máis exacta para corrixir as táboas dos movementos dos ceos, e os lugares das estrelas fixas, para descubrir a así moito desexada lonxitude de lugares para o perfeccionamento da arte da navegación».[1]
Desde ese tempo ata 1972, o Astrónomo Real foi director do Observatorio Real de Greenwich. Como Astrónomo Real, recibe un estipendio de 100 libras esterlinas por ano e é membro da Casa Real, baixo a autoridade xeral do Lord Chamberlain. Despois da separación das dúas funcións, a posición de Astrónomo Real ten sido en gran parte honorífico, aínda que el permanece dispoñible para aconsellar o Soberano sobre astronomía e temas e materias científicas relacionadas, e é un cargo de gran prestixio.[1]
Houbo tamén anteriormente un Astrónomo Real de Irlanda.[2]
Astrónomos reais
[editar | editar a fonte]- 1675-1719 John Flamsteed
- 1720-1742 Edmond Halley
- 1742-1762 James Bradley
- 1762-1764 Nathaniel Bliss
- 1765-1811 Nevil Maskelyne
- 1811-1835 John Pond
- 1835-1881 Sir George Biddell Airy
- 1881-1910 Sir William Christie
- 1910-1933 Sir Frank Dyson
- 1933-1955 Sir Harold Spencer Jones
- 1956-1971 Richard van der Riet Woolley
- 1972-1982 Sir Martin Ryle
- 1982-1990 Sir Francis Graham-Smith
- 1991-1995 Sir Arnold Wolfendale
- 1995-presente Martin Rees, Barón Rees de Ludlow
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 The British Monarchy (ed.). "Astronomer Royal". Consultado o 27-06-2011.
- ↑ Bryn Jones. "Some historical astronomical posts in Britain and Ireland". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2016. Consultado o 27-06-2011.