Asados, Rianxo
Asados | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Asados. | |
Concello | Rianxo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°40′39″N 8°47′17″O / 42.6775, -8.78805556 |
Área | 18 km² |
Poboación | 1.357 hab. (2019) |
Densidade | 75,39 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Asados[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.423 habitantes (681 homes e 742 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas). A poboación sofre un progresivo descenso, desde os 1.698 habitantes do ano 1999 e 1.554 habitantes do ano 2004.
Historia
[editar | editar a fonte]No lugar da Mámoa naceu o padre franciscano Frei Luís Iglesias González (8 de maio de 1767 - Madrid, 1835), confesor da Raíña e catedrático da Universidade de Santiago.
Nesta parroquia viviu e morreu, de tuberculose, o poeta Manuel Antonio (28 de xaneiro de 1930).
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na parroquia de Asados atópase unha necrópole megalítica composta por máis de 20 túmulos. Atopáronse nela diferentes restos de interese: machadas de pedra puída, puntas de frecha de sílex e distintas pezas de cerámica.
Tamén existen varios xacementos con petróglifos. Entre eles, o das Barras, no alto do Pelotiño, con oito estacións nas que se poden observar círculos, cazoletas e figuras cadriculadas.
Asados na cultura popular galega
[editar | editar a fonte]- A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros [2].
- En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna [3].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Asados, Rianxo.
-
Cazoletas.
-
Cruceiro en Suigrexa.
-
Entre A Devesa e A Marquesa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Asados
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Asados no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
Asadelos | A Atalaia | Burés | A Castiñeiriña | A Devesa | O Laxido | Lustres | A Mámoa | A Marquesa | Monte Grande | Outeiro | A Revolta | A Santa Lucía | Somoza | Suigrexa | Vilanustre | Vilas |
Parroquias de Rianxo
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 203. No texto: Atalaya, non-a.
- ↑ Fermín Bouza-Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 202. No texto: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bouza Brey, F. (1929): "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, pp. 153–204.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Asados, Rianxo |