Airbnb
Aparencia
Airbnb é unha empresa e unha plataforma de software adicada á oferta de aloxamentos particulares a turistas. Ten unha oferta de arredor de 2.000.000 propiedades en 192 países e 33.000 cidades. Desde a súa creación en novembro de 2008 até xuño de 2012 realizáronse 10 millóns de reservas.[1]
A diferenza da plataforma Couchsurfing, que é gratuíta, Airbnb oferta os seus servizos mediante o pago en liña.
A plataforma está englobada dentro dos modelos de negocio denominados economía colaborativa.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ airbnb.es: Airbnb: 10 millones de noches reservadas
- ↑ Fernández, María. El País, ed. "Hoteles aliados do ‘inimigo’.". Consultado o 30 de marzo de 2016.