2 de abril
Aparencia
<< | Abril | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 | |||||
2024 Todos os días |
O 2 de abril é o 92º día do ano do calendario gregoriano e o 93º nos anos bisestos. Quedan 273 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1846 - Iníciase a revolución galega de 1846 co pronunciamento do coronel Miguel Solís en Lugo.
- 1851 - Primeira exhibición da luz eléctrica en Galicia: iluminación experimental (só durante dúas horas) do claustro da actual Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela [1]
- 1930 - Haile Selassie é proclamado emperador de Etiopía.
- 1982 - Arxentina ocupa militarmente as illas Malvinas, dando inicio á Guerra das Malvinas.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 742 - Carlomagno.
- 1725 - Giacomo Casanova, aventureiro, viaxeiro e escritor italiano (m. 1798).
- 1805 - Hans Christian Andersen, escritor, etnógrafo e lingüista danés.
- 1840 - Émile Zola, escritor francés.
- 1860 - Florencio Vaamonde Lores, historiador e escritor galego.
- 1891 - Max Ernst, artista plástico alemán.
- 1914 - Alec Guinness, actor británico (m. 2000).
- 1927 - Serge Hutin, francmasón e escritor francés (m. 1997).
- 1928 - Serge Gainsbourg, músico, actor e director de cinema francés (m. 1991).
- 1940 - Juan Blanco, político galego.
- 1945 - Gloria Cámara, actriz galega.
- 1947 - Camille Paglia, humanista estadounidense.
- 1950 - Marcial Dorado, empresario galego.
- 1962 - Suso Lista, actor galego.
- 1968 - Rafa Villar, escritor e político galego.
- 1971 - Carlos Solla Varela, escritor e etnógrafo galego.
- 1977 - Michael Fassbender, actor alemán.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1872 - Samuel Morse, inventor estadounidense.
- 1880 - Joaquín Gaite Núñez, médico, profesor e xornalista galego (n. 1820).
- 1914 - Paul von Heyse, escritor alemán (n. 1830).
- 1932 - Hermann Rorschach, psiquiatra e psicanalista suízo (n. 1884).
- 1934 - Xurxo Lorenzo Fernández, investigador e debuxante, irmán de Xaquín Lorenzo, Xocas. (n. 1910).[2]
- 1938 - Eduardo Araujo Conde, sindicalista e político galego.
- 1948 - Xesús Culebras, veterinario e intelectual galeguista (n. 1879).
- 1974 - Georges Pompidou, presidente de Francia (n. 1911).
- 1996 - Antonio Ortiz Ramírez, anarquista catalán (n. 1907).
- 1998 - Agustín Magán, actor e director teatral galego (n. 1918).
- 2001 - María Dolores Vila Jato, historiadora galega da arte.
- 2005 - Xoán Paulo II, de nome Karol Wojtyła, primeiro Papa non italiano nos derradeiros 455 anos (elixido o 16 de outubro do 1978).
- 2013 - Jesús Franco, director de cine español (n. 1930).
- 2015 - Manoel de Oliveira, director de cine portugués (n. 1908).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil [3]
- Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo [4]
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Francisco de Paula.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La luz que barrió las tinieblas", en La Voz de Galicia 23.05.2010.
- ↑ A Gran Enciclopedia Galega dá o 3 de abril como data da morte.
- ↑ "Axenda de Cultura de Galicia: Día do Libro Infantil e Xuvenil". Consultado o 27.11.2022.
- ↑ "Día Mundial Autismo" (en castelán). Consultado o 28.11.2022.