17 de setembro
Aparencia
<< | Setembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | ||||||
2024 Todos os días |
O 17 de setembro é o 260º día do ano do calendario gregoriano e o 261º nos anos bisestos. Quedan 105 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1111 - Coroación de Afonso Raimundes como rei de Galiza polo Conde de Traba e o arcebispo Xelmírez. Restauración da dinastía real galaica.
- 1176: o exército bizantino e o exército turco selxúcida libraron a batalla de Miriocéfalo.
- 1394 - O rei Carlos VI ordena que todos os hebreos sexan expulsados da Francia.
- 1630 - Fundación da cidade de Boston, nos Estados Unidos.
- 1787 - Asínase a Constitución dos Estados Unidos en Filadelfia.
- 1934 - A Unión Soviética ingresa na Sociedade de Nacións.
- 1939 - Comeza a invasión soviética de Polonia coa entrada das tropas mandadas por Stalin en Polonia.
- 1944 - Segunda guerra mundial: comeza a batalla de Arnhem, en Holanda, que dura até o día 25 e é considerado o último éxito do Exército alemán, á par dun fracaso do xeneral británico Montgomery.
- 1978 - O presidente exipcio Anwar el-Sadat e o primeiro ministro israelí Menahem Begin asinan un acordo de paz en Camp David, nos Estados Unidos.
- 1980 - Un comando guerrilleiro mata o ex-ditador de Nicaragua, Anastasio Somoza, que estaba refuxiado en Paraguai.
- 1982 - Masacres nos campamentos palestinos de Sabra e Shatila, sitos en Líbano.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 879 - Carlos III, rei de Francia (m. 929).
- 1550 - Paulo V, papa da Igrexa católica (m. 1621).
- 1580 - Francisco de Quevedo, escritor e poeta español (m. 1645).
- 1826 - Bernhard Riemann, matemático alemán (m. 1866).
- 1838 - Valeriano Weyler, militar e político español.
- 1850 - Abilio Manuel Guerra Junqueiro, poeta portugués (m. 1923).
- 1857 - Konstantin Tsiolkovskii, científico ruso (m. 1935).
- 1869 - Christian Lous Lange, historiador e pacifista noruegués, Premio Nobel da Paz en 1921 (m. 1938).
- 1915 - Adolfo Sánchez Vázquez, filósofo, escritor e profesor mexicano de orixe española (m. 2011).
- 1916 - Francesco Masala, poeta e ensaísta italiano en lingua italiana e sarda (m. 2007).
- 1918 - Chaim Herzog, presidente de Israel (m. 1997).
- 1929 - Stirling Moss, piloto de Fórmula 1.
- 1922 - António Agostinho Neto, escritor, poeta e político angolano, primeiro presidente de Angola (m. 1979).
- 1931 - Anne Bancroft (Anna Maria Louisa Italiano), actriz estadounidense (m. 2005).
- 1935 - Ken Kesey, escritor estadounidense (m. 2001).
- 1942 - Lupe Ontiveros (Guadalupe Moreno Ontiveros), actriz estadounidense (m. 2012).
- 1944 - Reinhold Messner, alpinista italiano.
- 1945 - Bruce Spence, actor neozelandés.
- 1948 - John Ritter, actor estadounidense(m. 2003).
- 1950 - Narendra Modi, político indio, primeiro ministro da India.
- 1954 - Xesús Emilio Pisón Villapol, dramaturgo galego.
- 1958 - Nancho Novo (Venancio Novo Cid-Fuentes), actor e músico galego.
- 1960 - Damon Hill, piloto británico de Fórmula 1.
- 1968 - Tito Vilanova (Francesc Vilanova i Bayo), futbolista e adestrador español (m. 2014).
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1179 - Hildegard von Bingen, mística, escritora, poeta e médica alemá (n. 1098).
- 1665 - Filipe IV, rei de España e de Portugal (n. 1605).
- 1768 - Manuel da Maía, arquitecto e enxeñeiro portugués (n. 1680).
- 1862 - Bonaventura Carles Aribau, escritor e economista español (n. 1798).
- 1879 - Eugène Viollet-le-Duc, arquitecto, arqueólogo e escritor francés (n. 1814).
- 1923 - José Suárez Duque, sindicalista, xornalista e escritor galego (n. 1872).
- 1936 - Gonzalo Martín March, político galego (n. 1897).
- 1960 - Secundino Couto Solla, canteiro, contratista e político galego (n. 1873).
- 1980 - Anastasio Somoza Debayle, militar e político nicaraguano, presidente da Nicaragua (n. 1925).
- 1994 - Karl Popper, filósofo da ciencia e político británico de orixe austríaca (n. 1902).
- 2005 - Manuel Hermida Losada, Hermidita, futbolista galego do Celta de Vigo (n. 1924).
- 2013 - Martín de Riquer Morera, filólogo e medievalista español (n. 1914).
- 2016 – Charmian Carr, actriz Estadounidensa (n. 1942).
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]- Día Internacional do Doante de Medula Ósea [1].
- Día Mundial da Seguridade do Paciente [2], establecido en 2019 pola OMS.
Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Roberto Belarmino, Santa Ariadna.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ web da Fundación Carreras Arquivado 11 de setembro de 2017 en Wayback Machine..
- ↑ "Día Mundial de la Seguridad del Paciente de 2022" (en castelán).