Wikipedia:A Taberna (políticas)
Esta é a sección de políticas da Taberna | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Novas publicar |
Esta sección úsase para discutir e propor políticas e normas. |
Técnica publicar |
Propostas publicar |
Axuda publicar |
Imaxes publicar |
Xeral publicar |
Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~ " ou premendo na icona "" da barra de edición.
| ||||||
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19 | ||||||
Uso continuado / RAG
[editar a fonte]Bo día, Desde o inicio seica a Wikipedia en galego titulou os artigos das profesións en masculino exclusivamente. O Dicionario da Real Academia Galega lematiza de forma dupla en masculino - feminino. Para cambiar a forma de titular estes artigos, tería que consultar a comunidade e facer unha votación para duplicar os títulos ou chegaría co criterio da Real Academia Galega de facer lematización dupla? Lles (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 18:10 (UTC)
- Non só utilizou o masculino a wikipedia galega desde o principio, senón tamén todas as demais wikipedias de linguas latinas que mirei consultando, por exemplo, o termo avogado (portugués, castelán, italiano, catalán, francés, occitano, asturiano, mirandés, aragonés, romanés, etc.). Nalgunhas outras linguas non latinas non hai flexión de xénero na maioría das palabras. Persoalmente non me opoño aos títulos duplos (avogado, avogada), coas debidas redireccións, mais o que non me gustaría é que no texto do artigo se utilizasen esas duplicidades sistematicamente, o cal é unha discusión que xa se tivo na Galipedia hai certo tempo e non se chegou a ningún consenso e é difícl que se chegue. Por exemplo, nesta frase inventada: "os avogados defensores españois e as avogadas defensoras españolas, a diferenza dos seus e das súas colegas ingleses e inglesas, actúan perante os tribunais representando aos seus defendidos e ás súas defendidas ante unha acusación... ... ...". Para min isto sería horrible. E aínda que se intente "suavizar" a frase cambiándoa un pouco, seguirá quedando mal. --Miguelferig (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 19:20 (UTC)
- Concordo con poñer títulos duplos (avogada/avogado, escritora/escritor, presidenta/presidente...). Piquito (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 19:27 (UTC)
- Para duplicar os títulos consultei na parte técnica e non hai inconveniente en usar a coma, non ten consideración de carácter especial. Eu vexo dúas posibilidades para facelo (pode que haxa máis), usar o criterio da RAG de lematizar de forma dupla mais seguir sempre a orde alfabética (o que significaría usar ás veces o masculino diante e noutras o feminino, coas redireccións e explicando no inicio do artigo cal é o termo feminino e cal é o termo masculino ou usar estritamente a lematización da RAG, coas redirección e explicando cando non sigamos a orde alfabética o motivo (que a convención da RAG é que o masculino vai sempre diante). Cal vos parece máis axeitada? Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 08:51 (UTC)
- Miguelferig, consultei os artigos que comentabas, penso que a titulación das profesións nas linguas latinas sen duplicarse pode vir de que a lingua na que comezou a Wikipedia foi o inglés que non precisa duplicar "lawyer" e orixinou un problema de tradución. Entrando no artigo en español é o que o pode explicar, a persoa que iniciou ese artigo di que colleu os datos desde o artigo en inglés. Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 09:25 (UTC)
- Creo que coa pregunta que introducín meto o problema que quería evitar, elimino a pregunta sobre as dúas posibilidades de duplicar, duplico se prevalece o criterio da RAG de duplicar sobre o uso continuado e entón hei duplicar cando teña tempo de facelo de vez, para que non queden uns duplicados e outros non e usarei unha das posibilidades que vos comentaba. Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 11:09 (UTC)
- Miguelferig, consultei os artigos que comentabas, penso que a titulación das profesións nas linguas latinas sen duplicarse pode vir de que a lingua na que comezou a Wikipedia foi o inglés que non precisa duplicar "lawyer" e orixinou un problema de tradución. Entrando no artigo en español é o que o pode explicar, a persoa que iniciou ese artigo di que colleu os datos desde o artigo en inglés. Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 09:25 (UTC)
- Para duplicar os títulos consultei na parte técnica e non hai inconveniente en usar a coma, non ten consideración de carácter especial. Eu vexo dúas posibilidades para facelo (pode que haxa máis), usar o criterio da RAG de lematizar de forma dupla mais seguir sempre a orde alfabética (o que significaría usar ás veces o masculino diante e noutras o feminino, coas redireccións e explicando no inicio do artigo cal é o termo feminino e cal é o termo masculino ou usar estritamente a lematización da RAG, coas redirección e explicando cando non sigamos a orde alfabética o motivo (que a convención da RAG é que o masculino vai sempre diante). Cal vos parece máis axeitada? Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 08:51 (UTC)
- Concordo con poñer títulos duplos (avogada/avogado, escritora/escritor, presidenta/presidente...). Piquito (conversa) 6 de decembro de 2020 ás 19:27 (UTC)
- Lles, non creo que a política que seguen as linguas latinas na páxina avogado (e nas demais) se deba a que sexa unha tradución do inglés, senón a unha política de estilo xeral. Reitero que estou a favor dos títulos duplos, pero non das duplicidades dentro do texto do artigo.--Miguelferig (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 16:15 (UTC)
- Miguelferig, é posíbel que sexa unha política. Estiven pensando sobre a pregunta que enunciaba e non lle dou máis voltas porque cheguei á conclusión de que na Wikipedia en galego prevalece o uso porque, de feito, prevalece no emprego de formas non recomendadas pola RAG, aínda que sexa potencialmente prexudicial para as persoas que poidan ser examinadas de lingua galega e empreguen materiais da Wikipedia. Moitas grazas polas vosas intervencións. Un saúdo cordial, Lles (conversa) 9 de decembro de 2020 ás 08:06 (UTC)
Traducibilidade
[editar a fonte]Boas, Hai algunha norma non escrita sobre a traducibilidade das obras de arte? Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 10:17 (UTC) Nalgúns artigos que consultei están traducidas, é o acorde en todas as obras de arte agás na literatura e no cinema? Lles (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 10:20 (UTC)
- Na música, non sei por que, non se traducen, nin sequera as obras instrumentais, algo que habería que mudar, por certo. Hai unha política que así o di. Piquito (conversa) 7 de decembro de 2020 ás 10:33 (UTC)
Títulos das profesións
[editar a fonte]Bo día, a próxima semana, que hei de ter tempo, quero cambiar os títulos das profesións para duplicalos incluíndo as mulleres neles. Creo que é unha mellora na Wikipedia porque pon en igualdade nos títulos das profesións as mulleres e os homes. Considero que é positivo persistir na construción dunha Wikipedia onde as mulleres e os homes teñamos a mesma importancia. Lles (conversa) 10 de decembro de 2020 ás 15:22 (UTC)
- Discordo. Eu non creo que os títulos das profesións, neste proxecto, exclúan ás mulleres, para nada. Esa é unha interpretación moi persoal túa, penso. En calquera caso, antes de facer, haberá que consensuar. --. HombreDHojalata.conversa 10 de decembro de 2020 ás 15:53 (UTC)
- Concordo. Creo que primeiro debe haber consenso e ver os diferentes puntos de vista. Tamén habería que decidir (en caso de que se aprobe) a forma en que se modificarían os títulos dos artigos. A min paréceme que a orde alfabética sería unha boa solución. Escritor, escritora // avogada, avogado. --Chairego apc (conversa) 10 de decembro de 2020 ás 20:01 (UTC)
- Eu estaría a favor dos títulos duplos (se hai consenso suficiente) sempre que isto non sexa a antesala para introducir ese tipo de duplicidades dentro do texto do artigo. A forma separada con comas é a que usa a RAG, que no seu dicionario ten a entrada "avogado, avogada" (sic) e acepta os masculinos xenéricos.--Miguelferig (conversa) 11 de decembro de 2020 ás 20:59 (UTC)
- Concordo. Piquito (conversa) 11 de decembro de 2020 ás 21:53 (UTC)
- Discordo. Estase a actuar dun xeito individualista nunha materia altamente controvertida.--Castelao (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 09:02 (UTC)
- Concordo. Fis-mulleres (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 13:59 (UTC)
- Concordo Pedro --Lameiro (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 16:38 (UTC)
- Concordo Penso que cómpre o consenso sobre esta materia.E opino como Miguelferig; si no título pero non á forma dual nas frases interiores do artigo porque queda moi artificial. Sería partidario de que se empregue a forma feminina se é muller e a masculina se é home. Saúdos--MAGHOI (conversa) 12 de decembro de 2020 ás 17:15 (UTC)
- Concordo totalmente. As profesións son exercidas tanto por homes como por mulleres e non todos os nomes das profesións recollen esa dualidade -salvo algunhas, moi poucas, como periodista ou poeta- así que aquelas que figuren cunha soa acepción de xénero gramatical na wiki creo que deberían ser adaptadas á realidade, tanto aquelas que normalmente aparecen só en masculino, como mestre, como aquelas que figuran so en feminino, como enfermera.--AmeliaVR2019 (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 13:59 (UTC)
- Comentario. Por se axiliza a posta en marcha da proposta, tamén concordo co expresado por Chairego apc respecto da forma que adoptarían os títulos (isto é, por orde alfabética). Piquito (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 14:47 (UTC)
- Concordo. Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2020 ás 15:58 (UTC)
- Varias cuestións: 1) Dado que así é, sen excepción, como na actualidade se ofrecen as entradas das profesións no DRAG, eu tamén me inclino por pasar os títulos das entradas das profesións a escritor, escritora, mestre, mestra, actor, actriz, médico, médica ou enxeñeiro, enxeñeira (por esa orde, a establecida pola Academia no seu dicionario). Toparemos, é certo, con algún caso conflitivo no proceso de traslado, como pode ser o de poeta, poetisa (así deberá ir, DRAG mediante), se ben case presumir que a solución será tan sinxela como engadir unha nota que replique a observación xa fixada polo DRAG: Hoxe tende a utilizarse tamén para o feminino a forma poeta, en lugar de poetisa. 2) Quero lembrar que este non é un espazo de votación senón que nos encontramos nunha fase previa, a da confrontación, posta en común das ideas, co fin de as puír, perfeccionar e, a busca de consensos. Polo tanto, non é aquí onde cómpre sumar concordos e discordos. Iso virá despois. Ao efecto, existe unha vía formal. 3) A modo de recordatorio, para centrar o tema que nos ocupa e non perder de vista o propósito final deo fío, querería así mesmo explicitar que o aquí se aborda é o cambio (ou a amplicación, en consonancia coa disposición das entradas das profesións no dicionario da Academia) nos títulos das profesións. Así, por exemplo, de Escritor pasaría a Escritor, escritora (con redireccións a esa nova entrada principal tanto dende Escritor como dende Escritora). E máis nada. Non falamos de duplicidades idiomáticas, nin dunha proposta para modificar por imperativo á redacción nin o libro de estilo, e tampouco non estamos a falar, por enésima vez, de sancionar o xenérico nin do que é linguaxe inclusiva e do que non. Isto non quere dicir en absoluto que deses temas non se poida ou vaia volver falar, pero remárcoo, a risco de repetirme, porque creo que convén non mesturar; máxime cando, como parece, se quere sacar isto adiante da maneira máis limpa posible. Malia que obvio, xa digo que prefiro mencionar de inicio esta punto para que evitar equívocos. --Atobar (conversa comigo) 13 de decembro de 2020 ás 16:40 (UTC)
- Pregunta: O cambio sería tamén para os nomes das categorías? En caso afirmativo, cómo quedarían exactamente, por exemplo, Categoría:Bombeiros, Categoría:Mariñeiros, Categoría:Libreiros…? --. HombreDHojalata.conversa 13 de decembro de 2020 ás 18:38 (UTC)
- Boa pregunta, a verdade. Na miña opinion, non. Aquí fálase só dos títulos das entradas, para igualalos (así o entendo eu) coa solución do DRAG, mesmo diría que con independencia do que pensemos cada un de nós sobre a tal solución. --Atobar (conversa comigo) 13 de decembro de 2020 ás 19:00 (UTC)
Esta proposta enúnciase como "unha mellora na Wikipedia porque pon en igualdade nos títulos das profesións as mulleres e os homes. (...) na construción dunha Wikipedia onde as mulleres e os homes teñamos a mesma importancia."
Hai dous fíos preguntei se se podía facer a duplicación porque a RAG duplicaba, non tiven case resposta a ese enunciado, e, despois de reflexionalo, contesteime a min mesma que non é nas claves nas que traballa esta Wikipedia. Fixen entón esta pregunta, tiven críticas por actuar de forma individual, metín logo a proposta no Wikiproxecto mulleres para facela desde el.
Neste sentido, creo que ten máis acerto a orde alfabética (no anterior escribía preguntándome cal sería a mellor alternativa) e creo que é mellor restrinxirse ao enunciado, falar dos títulos das profesións neste fío. Lles (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 08:10 (UTC)
- Concordo. Tamén penso que a orde alfabética ten máis acerto. --Moniquiña (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 17:12 (UTC)
- Concordo. Penso que estamos a falar dos títulos das entradas. Estou dacordo en que se fagan por orde alfabética--CoroRP (conversa) 14 de decembro de 2020 ás 19:34 (UTC)
Agora que hai que facer? Non hai unanimidade. Como se procura o consenso preciso? É función de @AMPERIO:, @Atobar:, @Banjo:, @Chairego apc:, @Estevoaei:, @MAGHOI:, @Maria zaos: e @Xabier Cid: no voso papel de administración da Wikipedia en galego levar a bo porto isto? Lles (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 08:18 (UTC)
- Ola, Lles. Na miña experiencia como usuario, quen máis sabe -de cor- sobre políticas, normas, prazos e votacións diría que son @Banjo: e @HombreDHojalata:, de modo que convén que puntualicen eles o que eu diga. De calquera maneira, se non me engano, agora cómpre que a(s) persoas(s) interesada(s) abran a votación. Tes toda a info cos pormenores en Wikipedia:Votacións (esta sería en relación a políticas, en concreto referida ao "Título das entradas sobre profesións". A epígrafe debe ser clara, precisa e cunha redacción neutra. E as opcións de votación, sexan dúas ou máis, igualmente sinxelas. A formulación non debe estar nesgada en ningún sentido; iso é fundamental (non é tan fácil como parece). Sobre a formulación stricto sensu, a ver se algún outro pode deitar máis luz ca min. --Atobar (conversa comigo) 16 de decembro de 2020 ás 09:48 (UTC)
- @HombreDHojalata:, @Castelao:, como o voso desacordo con esta iniciativa procede de que vos pareceu unha interpretación moi persoal miña nun caso e, noutro, moi individualista, creo que debo perdirvos axuda para acadar o consenso. A verdade é que non quero que inflúa a pouca práctica de moverme neste ámbito co obxectivo procurado. Podedes axudarme? Lles (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 12:28 (UTC)Lles (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 12:31 (UTC)
- @HombreDHojalata:, @Castelao:, continuades en desacordo con duplicar despois da intervención de máis persoas no debate, credes necesario abrir unha votación? Lles (conversa) 16 de decembro de 2020 ás 12:37 (UTC)
Dende logo, temos unha política oficial para estes casos (Wikipedia:Votacións), que marca, entre outras cousas, os prazos. --. HombreDHojalata.conversa 16 de decembro de 2020 ás 21:31 (UTC)
- @Lles: Non entendo a pregunta. É que non te parece que un tema así non se debe votar polos cauces regulamentarios? Se non fose suficientemente importante para a imaxe da Galipedia, non estariamos aquí a escribir sobre o asunto. Acho que cómpre chegar antes a un consenso seguindo as nosas propias normas para poder facer unha modificación deste calibre, que seguro que entendemos que non é de menor importancia. Baste botar unha ollada ás demais wikis da nosa contorna xeográfica para decatarnos de que sería algo totalmente novidoso no mundo das wikis, se non me engano.
- Ben é certo que a boa parte dos artigos de profesións remiten aos coñecementos aos que se vencellan (v.gr., Enxeñaría), e outros usan formas neutras (v.gr., docente), polo que nestes supoño que non cumprirían modificacións nos títulos. Porén, hai casos como actor ou escritor nos que isto non sucede, e que manteñen esta forma nas wikis de idiomas que, como o noso, fan distinción de xéneros. Hei de crer que este tema tivo que se tratar nelas. Sexa como sexa, sería moi interesante, caso de aprobarse a proposta, ver a reacción das diferentes comunidades. Por iso acho hai que levar todas as precaucións. Saúdos--Castelao (conversa) 17 de decembro de 2020 ás 09:42 (UTC)
- @Castelao:, preguntaba porque no artigo no que explica as votacións contaba que non todo se precisaba votar se se podía resolver antes, mais creo que levas razón. Poderías abrir a votación ti? Eu non abrín ningunha e penso que podo cometer erros. Lles (conversa) 17 de decembro de 2020 ás 10:33 (UTC)
Eu penso que habería que facer dúas preguntasː Algo así comoː
1ª preguntaː Os títulos dos artigos das profesións na Wikipedia en galego están en masculino. Duplicámoslles o xénero gramatical?
2ª preguntaː De saír aprobada a duplicación, no debate que houbo na Taberna (ligalo) houbo argumentacións para ordenar de dúas maneiras, que ordenación seguiriamos?ː a) a orde gramatical b) masculino - feminino.
Serían neutras? Lles (conversa) 17 de decembro de 2020 ás 12:40 (UTC)
- A pregunta 1ª vai antecedida dunha afirmación capciosa ("Os títulos dos artigos das profesións na Wikipedia en galego están en masculino"). --. HombreDHojalata.conversa 17 de decembro de 2020 ás 20:32 (UTC)
- A min tamén me parece unha formulación errada. Acababa de escribir un texto longo (que non gardei!) cunha redacción alternativa, pero deume conflito de edición. En fin, a lei de Murphy. Agora xa non me dá tempo, pero a ver se mañá. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 17 de decembro de 2020 ás 20:42 (UTC)
- Ola de novo. En Wikipedia:Resultados de votacións hai diversos exemplos que poden axudar a redactar unha formulación de proposta. Coa vista posta neles, velaí a miña suxestión:
- “Ao fío do debate iniciado pola usuaria Lles en Wikipedia:A Taberna (políticas)#Títulos das profesións, a presente é unha proposta para modificar os títulos das entradas sobre profesións, que coa data da presente votación, aparecen intitulados en xenérico; así, por exemplo, médico, escritor, enfermeiro ou enxeñeiro (coas formas en feminino e en plural como redireccións). Convén apuntar que esta proposta non aplica para aqueloutras entradas que se centran na disciplina ou carreira, é dicir medicina, escritura, enfermaría ou enxeñaría. Esta proposta serviría polo tanto para colocar nun segundo plano tanto o xenérico (ex.: escritor) como a forma en feminino (ex.: escritora) e os plurais (ex.: escritores e escritoras), reconvertidos en senllas redireccións, e intitular a entrada principal coa forma desdobrada (ex.: Escritor, escritora), en concordancia co actual modo de presentar as respectivas entradas no Dicionario da Real Academia Galega. Así mesmo, cabe incidir en que esta proposta de cambio só afectará aos títulos, non así á categorización, nin á redacción nin a ningunha outra cuestión xa recollida nas políticas vixentes.
- A favor
- En contra
- Neutros
- Comentarios
Aí queda logo, a ver se vale. Como vedes, a redacción limita o enunciado a unha única pregunta e non entra a valorar a orde dos elementos, pois non creo que proceda, na medida na que a propia Academia explicita de forma cristalina como van esas entradas no dicionario. Pola propia natureza da Wikipedia, non considero que esteamos facultados para ir alén do que, nun ámbito académico, se nos ofrece. O día no que a Academia opte por presentar esas entradas por orde alfabética, na Wikipedia non é que podamos emulalo, é que deberemos emulalo. Pero antes non. Así o vexo eu. --Atobar (conversa comigo) 17 de decembro de 2020 ás 21:54 (UTC)
Paréceme que tamén hai que neutralizar esta. Eu penso que o masculino dos títulos puido ser un erro da tradución desde o inglés, non unha decisión tomada por unha vontade de facer un masculino xenérico nos títulos das profesións na Wikipedia polo que vou cambiar "xenérico" por "masculino" e creo que si temos que preguntar pola ordenación e non engadir argumentos a favor de ningunha das ordenacións no enunciado. Vou traballar sobre ela. Lles (conversa) 18 de decembro de 2020 ás 08:24 (UTC)
- Ola, Lles. De acordo: onde lle vexas marxe de mellora (que a hai), mételle man. Porén, en ningún caso se pode inferir que a actual titulación sexa errada e menos aínda que se poida deber a unha tradución dende o inglés. Remítoche aos títulos das profesións nas restantes linguas latinas (como xa dixo alguén, aquí, sen entrar en máis complicacións, xa se está a propor algo inédito), así como ás gramáticas. Outra cousa: por favor non cambies xenérico por masculino, porque a actual escolla de títulos responde ao xenérico, non ao masculino de xeito exclusivo. En canto á orde dos elementos, para min pode dar nun motivo de serio de disenso; amais, como comentei, suporía unha ruptura coa formulación previa, que coa actual redacción propón replicar directamente a presentación desas entradas no dicionario da Academia, sempre faro gueiro da Wikipedia en galego, unha enciclopedia que, como se di nas normas, non é unha fonte primaria e polo tanto debe apoiar as solucións dadas por institucións académicas de rango superior. --Atobar (conversa comigo) 18 de decembro de 2020 ás 09:26 (UTC)
Fixen un borrador Títulos das profesións poñendo o masculino como xenérico (malia que creo que puido ser un erro de tradución, non o puxen), expliquei que só estamos falando de títulos en todos os ámbitos e engadín a pregunta da ordenación porque creo que é importante decidir como ordenar no caso de desdobrar. Como vedes esta redacción? Neutra? Hai algún erro? Lles (conversa) 18 de decembro de 2020 ás 21:16 (UTC)
- Eu creo que na pregunta sobre a orde o que hai que dicir é se respectamos o estipulado pola Academia ou non, e isto hai que dicilo explicitamente. Hai que ter en conta que a Academia acepta e utiliza de forma xeral o masculino xenérico e utilízao nas definicións e exemplos, e por iso as entradas empezan polo masculino, que é o xénero máis inclusivo, ao servir de xenérico desde as orixes da lingua. Por exemplo, volvamos ao meu exemplo de "avogado, avogada" do DRAG (ver Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avogado. ). Un dos exemplos que pon o DRAG é "Esas preguntas só as contesto en presenza do meu avogado", onde, obviamente, estase utilizando o masculino xenérico, e o avogado pode ser calquera persoa, sexa muller ou home, que exerce a avogacía. Tamén as definicións do dicionario están pensadas para o xenérico. Por exemplo, a definición do DRAG "Persoa que ten como profesión aconsellar en asuntos xurídicos e intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes" serve para "avogado" porque a forma masculina é a xenérica e inclúe a homes e mulleres. Ao contrario, esa definición non serviría para "avogada", xa que unha avogada non é unha persoa a secas, senón só unha persoa do xénero feminino (muller), xa que o xénero feminino é lingüisticamente excluínte. Obsérvese tamén que di "como defensor dunha das partes", é dicir, non di como "defensora" nin como "defensor ou defensora", xa que o masculino xenérico se acepta plenamente no dicionario. En caso de que se queira que non respectemos o Dicionario da Academia habería que argumentalo moi profusamente, xa que sería a primeira vez que se fai (para un asunto xeral) na Wikipedia galega (e na dos demais idiomas latinos). Sería algo novidoso e insólito. Tense criticado (eu tamén) ao DRAG sobre un termo concreto, por exemplo en palabras técnicas de vocabularios pouco traballados polo DRAG, que non é un dicionario específico de disciplinas técnicas, pero en cuestións xerais da lingua nunca se fixeron propostas tan contrarias ás da Academia. Eu son partidario dos títulos duplos e na orde do DRAG, é dicir, "avogado, avogada". Por outra parte, hai multitude de profesións e nomes doutros tipos que acaban en a e que non hai que duplicar, xa que ninguén pide que se fagan duplos dicindo policío, taxisto, electricisto, artisto (hai centos con -ista), sentinelo, recruto, poeto, curo, monarco, patriarco, ordenanzo, vixío, o Papo de Roma e o Lamo do Tíbet, astronauto, escribo, acróbato, estratego, anacoreto, testemuño ("masculino" de trestemuña), colego, profeto, califo, o defenso, ulemo, karateko, etc. Para todas esas palabras hai unha explicación filolóxica de por que acaban en a, segundo a súa procedencia (igual que para as que acaban en o).--Miguelferig (conversa) 19 de decembro de 2020 ás 17:53 (UTC)
- O caso é que eses exemplos que dás, por moito que rematen en -a-, seguen sendo masculinos (o que chamades xenéricos): o policía, o taxista, o monarca, o califa, etc., etc. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 12:30 (UTC)
- Si, os xenéricos algunhas veces acaban en o e outras en a, depende da procedencia, pero en cada palabra é distinto.--Miguelferig (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 13:23 (UTC)
- @Lameiro: talvez non te entenda ben, pero acho que eses exemplos que dá Miguelferig non son masculinos, senón neutros ou ambiguos no tocante ao xénero. É dicir, tal como dis pode ser o policía, o taxista, o monarca, o califa, etc., pero tamén a policía (aínda que neste caso a forma feminina ten outra acepción segundo sexa o contexto en que se empregue), a taxista, a monarca, etc. (excepción é "califa", por motivos obvios: non hai califa que poda ser muller, aínda que se ten proposto formas como "a califa" e "a califesa" para ser usados artisticamente). O uso do xénero dependerá do contexto. Nestes casos non hai discriminación posible ao meu entender, nin en favor do masculino nin en favor do feminino. Un saúdo--Castelao (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 15:41 (UTC)
- Coido que os tres vos estades a complicar sen necesidade e, por engadido, o debate está a tomar unha derrota que non lle corresponde. O tema do xenérico (unha mera convención pola cal se asume -até onde eu sei en todas as linguas latinas- a forma en masculino para designar a ambos os sexos, para o caso que nos ocupa en relación cos nomes das profesións e cargos) está tratado até a saciedade en cenáculos, gramáticas e manuais académicos. Se queredes afondar no tema, tedes cumprida información nunha lingua irmá na entrada Género do Diccionario Panhispánico de Dudas. Logo, como opinión abreviada da RAE, tamén tedes este editorial, que para o caso da lingua castelá é tan rotundo como determinante. En fin, que aí (na primeira ligazón, a do DPD) explican, e compartimentan, estas e outras palabras que seica vos xeran dúbidas, ou polo menos un intercambio de opinións. Pero lembrade que este fío non é un foro, senón unha conversa previa a unha eventual votación sobre a conveniencia ou non de adoptar as formas para as profesións que fixa actualmente (até hai pouco non era así) a RAG no seu dicionario. Pregaríavos que non perdamos da vista o único do que estamos a falar. Por outra banda, en particular a Lles pregaríalle que reconsidere a formulación da nova entrada creada -mentres estamos a debater- para a futura votación. Insisto: a orde dos elementos non é algo que poidamos votar. Se asumimos a tese DRAG para esas entradas, é a todos os efectos. Se non a asumimos e mantemos o actual criterio de primacía do xenérico (que, consonte as normas, é incuestionablemente correcta), daquela xa nada. O que con seguridade non debemos facer é coller parte dunha tese e reformulala a conveniencia (sexa escudándose na orde alfabética -que para min parece ter como fin enmascarar a querenza por colocar nas máis das entradas a forma feminina en primeiro lugar- ou con outra tese calquera). O dito: pídovos e pídome un esforzo para que non nos desviemos do esencial, pois é visto que neste asunto todos tendemos a ir polas ramas. Saúdos! --Atobar (conversa comigo) 20 de decembro de 2020 ás 17:10 (UTC)
A ver. O meu comentario a Miguel ía unicamente na liña de que os exemplos que daba non servían neste debate porque o feito de rematar en -a- non impide que sexan términos masculinos (xenéricos, vale). En segundo lugar, se estamos aquí discutindo é porque, para este caso, parece que non asumimos o criterio da RAG (unhas veces si, outras non) e nos consideramos capaces de aceptar as súas directrices ou non, segundo o resultado da votación (iso si, logo diremos que a Galipedia non é unha democracia). En terceiro lugar, traer aquí como autoridade a RAE, cuxa opinión en contra do que debatemos está perfectamente definida, tampouco me vale: é a mesma RAE na que se apoia a eswiki para escribir El Grove, La Coruña ou Sanjenjo. Non entro no fondo da nosa cuestión, que xa está debatida de abondo e no que xa teño a decisión clara, senón no uso de certos argumentos que non me sirven. Efectivamente, Alejandro, aquí xa está todo o pescado vendido e xa só cómpre votar. Pedro --Lameiro (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 17:25 (UTC)
- Ola, Lameiro. O criterio da RAG xa o estamos asumindo a todos os efectos coa actual formulación dos títulos das profesións. A cuestión agora é dilucidar se damos un pasó máis alá e interpretamos como criterio académico que a Academia, no seu dicionario en rede, decidise presentar as entradas que nos ocupan coa forma desdobrada, e nesa orde. Polo demais, se efectivamente houbese algo no que esteamos desoíndo a RAG, deberiamos revisalo. En canto a citar a entrada Género do Diccionario Panhispánico de Dudas, se houbese algo semellante e igual de completo en galego, non teñas ningunha dúbida de que sería a onde remitise. Para quen prefira afondar noutras linguas latinas distintas do castelán, apuntarei que hai información semellante á que acheguei nos respectivos sitios da Academia francesa ou italiana. --Atobar (conversa comigo) 20 de decembro de 2020 ás 17:43 (UTC)
- Eu creo que o exemplo que pon Miguelferig para a avogacía "Persoa que ten como profesión aconsellar en asuntos xurídicos e intervir nos procesos xudiciais como defensor dunha das partes" presenta un erro, e é que non podes comezar a definición falando de "persoa" (palabra feminina) e continuar falando de "defensor" porque non hai concordancia de xénero, a min saltoume á vista cando o lin, porque se ben a RAG emprega o masculino como xenérico (non vou entrar nese tema), a definición comeza cunha palabra feminina e o resultado da definición é estraño. Dito isto, todo o mundo se engaña, a RAG tamén (para min o fai neste caso), e se pode (e debe cuestionar) o seu criterio. Por outra banda non me parece un asunto importante contradicir á RAG na orde que adoptemos nos títulos, creo que se está a facer unha montaña dun gran de area, ao cabo non estamos a mudar a normativa, senón establecer unha orde en dúas palabras atendendo a un criterio obxectivo e tan válido (deixémolo en "tan") como o empregado pola RAG. O que si que penso é que as dúas votacións non se deben presentar ao mesmo tempo, xa que creo que non ten sentido votar un futurible, primeiro que saia adiante esta votación e logo ir a pola outra. Piquito (conversa) 20 de decembro de 2020 ás 20:39 (UTC)
Dubidei moito se entrar ou non neste debate porque non estou afeita a facelo, e xa de entrada quero pedir disculpas por se o que vou dicir ofende a alguén, porque non é a miña intención. Ao fio do debate chámame a atención que sexa considerada unha afirmación capciosa "Os títulos dos artigos das profesións na Wikipedia en galego están en masculino" (que eu a vexo como unha constatación dunha realidade, creo que totalmente obxectiva) e non teña esa consideración dicir que "Os títulos dos artigos das profesións na Wikipedia en galego están en masculino xenérico". Por moito que as academias se empeñen en dicir que o masculino serve para todas as persoas hai unha realidade que afecta á metade da poboación, aproximadamente, que é que non nos sentimos identificadas con ese xénero gramatical. Por moito que se empeñen as academias eu nunca me sentirei identificada como "profesor", "mestre" ou "investigador, considero que temos un idioma suficientemente rico e vivo como para que teñamos que continuar con usos e costumes doutras épocas. Esta é a miña opinión, en consecuencia eu, aparte de estar dacordo con duplicar o xénero, considero que a orde que debería levar debería ser a alfabética (paréceme máis obxectiva) porque o outro é seguir a dar preponderancia a un xénero gramatical sobre o outro.--AmeliaVR2019 (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 18:09 (UTC)
- Perdoa, Pedro, pero non. Policía, taxista, monarca... non é masculino xenérico. Inda que iso é irrelevante neste debate.
- Está claro que cada un é libre de pensar con que se sinte, ou non se sinte, identificado. E hai que partir, penso, de que ninguén aquí está cualificado para autoerixirse como portavoz de ninguén e menos da metade da poboación.
- Hai que lembrar que Wikipedia non está para fixar doutrina, nin mudar tendencias, nin corrixir ás academias nin a ningunha outra autoridade recoñecida... (WP:NON), para iso hai outros foros. Moi pola contra, na propia esencia de Wikipedia está basear os seus contidos nas fontes acreditadas WP:NFP, WP:FF, WP:V (que deben citarse WP:CITE).
- Dito isto, coido que deberiamos pasar da teoría a concretar a proposta na nosa realidade. A continuación deixo unha táboa cos casos para que os propoñentes a cumprimenten, se son tan amables. Son moi poucos e, en xeral, pobres en contido, os artigos de profesións na Wikipedia en Galego. Quero crer, á vista do recente interese que esta temática esperta na comunidade, que pronto serán moitos máis en cantidade e de maior calidade.
- Deixo fóra os nomes das subcategorías (Categoría:Mariñeiros, Categoría:Libreiros...) segundo o falado anteriormente. Inda que eu entendo que o que afecta a unha cousa debería afectar de igual modo á outra.
- Nos casos nos que non haxa proposta de modificación consígnese, por favor, un guión. --. HombreDHojalata.conversa 21 de decembro de 2020 ás 20:51 (UTC)
Entón do texto do borrador das votacións Borrador Votación Título das profesións vedes algún erro de neutralidade? A petición de explicación das ordenacións, podería serː
"De saír aprobada a forma desdobrada nos títulos, no debate na Taberna houbo argumentacións para dúas propostas de ordenación 1) para empregarmos a orde alfabética na procura da igualdade de trato dos xéneros e 2) para ordernarmos masculino – feminino na coincidencia coa ordenación do DRAG e son sobre as que preguntamos:"
A verdade é que creo que as argumentacións das ordenacións sería preferíbel que fosen nos comentarios de cada quen cando opta por unha ordenación.
AmeliaVR2019 debería cambiar "masculino xenérico" por "masculino" para que fose neutro?, Piquito, cres que as votacións deberían ser consecutivas? Non son ambas coincidentes? Un saúdo, Lles (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 22:42 (UTC)
- Por alusións. Lles, creo que a votación da orde debe abrirse cando finalice a do título dos artigos, porque se esta non sae xa non hai nada que votar sobre a orde. Por outra banda, aínda que eu concorde con que "masculino xenérico" debería mudarse por "masculino" (a secas) para que o enunciado sexa neutral, creo que isto podería ser prexudicial para a propia votación, xa que habería quen se agarraría ao enunciado da proposta para votar en contra argumentando que os artigos non están en masculino senón en """""xenérico""""", non sei se me explico. Moralmente apoio a túa visión, e votarei a favor en calquera caso, pero depende de canto queiras arriscar ti deixalo así ou eliminar ese "xenérico" do texto. É a miña impresión segundo a miña experiencia nos debates que saíron na Galipedia, buscar un "erro de forma" ou algo interpretable para rexeitar algo co que non se concorda ou non responder a unha pregunta, pero tamén podo estar errado, claro. Non lin o texto completo, cando o lea direiche máis. Piquito (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 23:05 (UTC)
Lles eu penso que o motivo de plantexar o desdoblamento nos nomes dalgunhas profesións plantéxase porque están so en masculino, cando existe unha denominación distinta se esa profesión é exercida por unha muller, por iso creo máis neutro ou obxectivo decir masculino que masculino xenérico que por moi académico que sexa ten a connotación da xeneralización da norma masculina.--AmeliaVR2019 (conversa) 22 de decembro de 2020 ás 01:09 (UTC)
- A existencia do masculino xenérico está totalmente confirmada tecnicamente ou cientificamente por todas as autoridades competentes na materia nas linguas latinas, xa que é unha característica desas linguas desde a súa formación. Non se pode dicir, sen máis, que a min non me gusta ou que non me "sinto" representado/a, etc., xa que esas opinións ou sentimentos son de tipo ideolóxico, non técnico. É como se eu digo que os ribozimas non son ARN sen aducir nada científico excepto os meus sentimentos ou ideoloxía. Todas as autoridades científicas, publicacións, etc. dirán que si é un ARN e é un asunto sobre o que non hai opinións científicas en contra. É como cando os integristas relixiosos negan a evolución, mentres que a opinión unánime dos biólogos é que a evolución existe (poden discutirse na comunidade científica algúns aspectos concretos da mesma pero non a existencia da evolución). Os integristas négana por cuestións ideolóxicas, xa que vai en contra das intepretacións que fan da súa fe e non teñen fontes científicas que citar para apoiarse (ás veces intentan facelo citándoas mal e interpretándoas mal e non sempre honestamente e os expertos botan abaixo todas esas interpretacións). Por tanto, non é que eu opine que non é correcto dicir que están en "masculino" e que o correcto é que están en "masculino xenérico", é que se considera polas autoridades eruditas na materia que están en masculino xenérico. Por iso eu dicía que o asunto hai que argumentalo profusamente tecnicamente, non só expresar a nosa ideoloxía. A wikipedia non é o lugar para ese tipo de discusións ou axendas persoais. Pode haber obras filoxóxicas que digan que o masculino xenérico non existe e esas son as que hai que presentar se realmente as hai. Por outra parte, tampouco se pode argumentar que esta mudanza está dentro do uso real actual da lingua (podería ser, xa que estas mudan co tempo), porque o masculino xenérico é usado masivamente polos falantes de forma regular na súa vida diaria, e só en certos contextos e por motivacións ideolóxicas aparecen as formas duplas: textos políticos, discursos políticos, normas e leis, etc. O xenérico é tan práctico e económico que se non existise habería que inventalo. Historicamente cadrou que foi o masculino e non o feminino o xenérico (polas razóns que fosen). O feminino non pode funcionar como xenérico porque é o xénero excluínte lingüisticamente. Por iso se pode dicir "os avogados entenden de Dereito" (homes e mulleres), pero se dis "as avogadas entenden de Dereito" só fai referencia a mulleres. Só temos dous xéneros en galego, masculino ou feminino, un dos dous ten que funcionar como xenérico e historicamente foi o masculino. Se historicamente tivese sido o feminino tamén algúns grupos ideolóxicos poderían ao mellor dicir que non se "senten" representados, pero o feminino estaría funcionando sen problemas na sociedade como xenérico, o que pasa é que non foi o caso. --Miguelferig (conversa) 22 de decembro de 2020 ás 17:10 (UTC)
- Ao fío do que se ven comentando, e sen ánimo de seguir insistindo no tema, creo que poderíase argumentar que, se ben é certo que hai “autoridades competentes na materia que confirman a existencia do masculino xenérico”, tamén existen “autoridades eruditas na materia” que falan dun uso sexista da linguaxe. Non é que a lingua sexa sexista, senón o uso que se fai dela. Máis aló das causas que provocaron este uso, está nas nosas mans intentar corrixir na medida das nosas posibilidades este nesgo de xénero na Wikipedia-Galipedia. Podería aportar numerosa bibliografía sobre este tema e tamén guías con gran cantidade de exemplos e alternativas para utilizar unha linguaxe inclusiva que permita falar e escribir sen o desdobramento absurdo que se utiliza ás veces para intentar ridiculizar esta forma de utilizar a linguaxe. É verdade que require un esforzo de aprendizaxe intentar expresarse sen recorrer ao masculino xenérico pero creo que paga a pena intentalo, só é necesario ter a vontade de aprender para que no caso que nos ocupa, que é a Galipedia, poida ser un exemplo de igualdade tamén na lingua.
- Dito isto, penso que deberíamos reconducir o tema e centralo na formulación dos titulos das profesións. Na miña opinión, facelo por orde alfabética sería a forma máis neutral porque non prioriza ningún xénero sobre o outro. En canto a realizar unha ou dúas votacións non vexo o problema en facer as dúas preguntas na mesma convocatoria. En caso de que saíra aprobada a forma desdobrada, pasaríase a contabilizar os votos da orde alfabética. Se non saíra aprobada a primerira proposta, xa non se contemplaría o reconto da segunda. Paréceme que deste xeito simplificaríase e acortaríase o tempo do proceso.
- Un saúdo e feliz navidad a todas e a todos... ou dito de mellor forma: Un saúdo e feliz navidad a toda a comunidade galipedista ;-)--CoroRP (conversa) 24 de decembro de 2020 ás 09:45 (UTC)
Procurei unha nova redacción para deixar de lado a polémica e neutralizar
Borrador dos títulos das profesións co textoː que coa data da presente votación, aparecen intitulados en masculino, sendo intranscendente para esta votación o motivo polo que están en masculino, se foi por unha vontade de facer masculinos xenéricos ou se foi sen esa vontade;
Espero ter acadado a neutralidade desta vez. Lles (conversa) 24 de decembro de 2020 ás 10:19 (UTC)
- CoroRP, contesto brevemente. As formas duplas non se poñen para ridiculizar, senón que quedan ridículas en si mesmas, tanto é así, que incluso os partidarios de usalas recoñecen que é mellor buscarlles unha serie de alternativas, mediante unha serie (limitada) de xiros e trucos, sobre o que hai guías que “hai que aprender” (porque non é unha forma espontánea ou natural de falar). Esas guías están moi ben para redactar o DOG, pero noutros contextos iso queda mal e artificial e limita á hora de usar todos os recursos da lingua. O sexismo da sociedade reflíctese na lingua, por suposto, e xa se corrixiron nos últimos anos os casos máis claros (en certos termos, definicións, expresións e femininos). Un asunto distinto é o xenérico, que é unha característica básica nas linguas latinas, nas cales hai unha clara flexión de xénero nas palabras (compárao co inglés, por exemplo), e non hai por que considerar que o xenérico é sexista. O que ten que ver isto co asunto das entradas das profesións é que o feminino, ao non ser xenérico, non é inclusivo e por iso non se pode empezar a entrada dun dicionario ou enciclopedia coa forma feminina, tal como fai a RAG. Finalmente, como os colectivos LGTBI promocionan a terminación en e (avogades, biólogues...), despídome así: feliz nadal para todes.--Miguelferig (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 11:59 (UTC)
Lles, para o meu gusto hai moita explicación, eu deixaria:
- Ao fío do debate iniciado pola usuaria Lles en Wikipedia:A Taberna (políticas)#Títulos das profesións, abrimos unha proposta para modificar os títulos das entradas sobre profesións para adoptar neles formas duplas de mesmo xeito que fai a RAG no seu dicionario (poñer ligazón a un exemplo). Convén apuntar que esta proposta non se formula para aqueloutras entradas que se centran na disciplina ou carreira, é dicir medicina, escritura, enfermaría ou enxeñaría senón naquelas que se centran nas persoas que realizan as actividades. Esta proposta serviría, polo tanto, para redireccionar tanto a forma en masculino (ex.: escritor) como a forma en feminino (ex.: escritora) e os plurais (ex.: escritores e escritoras), e intitular a entrada principal coa forma desdobrada (ex.: Escritor, escritora). Así mesmo, cabe incidir en que esta proposta só atinxe os títulos, non atinxe as categorías, nin a redacción, nin a ningún outro aspecto.
Non entraría a valorar se están en masculino, masculino xenérico, ou o que sexa, para non entrar en polémicas nin desviar a o debate a outros temas. Penso ademais que citando que o que se quere facer xa o fai a RAG dá moi poucas opcións a ninguén para opoñerse á proposta, que creo que é o que interesa. Piquito (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 17:26 (UTC)
- Eu estou a favor desta última redacción de Piquito. Se queda así votarei a favor e ademais é o preconizado pola RAG, que é a fonte principal de criterio que nos guía nestes aspectos. O problema é que parece que hai persoas que queren na segunda votación posterior facer unha proposta distinta á da RAG.--Miguelferig (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 18:40 (UTC)
Piquito, lin o texto que propós e penso que sería un texto para debater se fose factíbel un consenso neste espazo, sen ir á votación, mais a algún usuario non lle pareceu este o espazo para chegar a un consenso e ese texto non recolle todas as posturas, creo que non sería neutral para a votación. Lles (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 18:44 (UTC)
- Lles, non creo que o enunciado teña que recoller todas as posturas, simplemente enuncia un feito obxectivo, e é que a RAG fai iso, o cal é unha gran vantaxe para que a proposta saia adiante. Como se adoita dicir, "se non podes coa inimiga, únete a ela", e un problema que temos para que este tipo de cousas prosperen é que as máximas autoridades lingüísticas sinalan que o masculino é o xenérico, algo que fai que un sector da comunidade se opoña a este tipo de cambios, mais neste caso temos a gran vantaxe de que se está a pedir unha cousa que fan esas máximas autoridades, penso que mudar o enfoque da proposta pode darlle maiores posibilidades de éxito (que entendo é o que se pretende, que prospere), xa que, que persoa que defende que hai que seguir as indicacións da RAG se vai opoñer a algo que a mesma RAG fai? Miguelferig, non creo que a segunda votación sexa un problema, non creo que sexa algo tan importante mudar a orde, e contradicir á RAG non me parece disparatado nese sentido, en todo caso entendo que son temas distintos e votar a favor das formas duplas non implica ter que votar a favor ou en contra da orde alfabética, simplemente primeiro decidirase se van as dúas formas e logo a orde destas, ou como se queira facer. Unha cousa máis, Lles e CoroRP, outro motivo para separar as dúas votacións é que se podería dar a situación de que a opción que fora gañando a votación fora a que está a favor das formas duplas por orde alfabética e xente que non quixera esta opción mudara o sentido do seu voto para evitar que iso ocorrera, co cal podería darse o caso de que non saíra ningunha das dúas cousas. Na miña opinión, é mellor ir conseguindo cousas aos poucos, non hai présa, atemos unha cousa, logo vaiamos a pola outra, sen pretender acurtar prazos, se a Galipedia ten 16 anos, podemos esperar un mes máis, o que importa é que saia. Ata aquí todo canto podo achegar a este fío. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 21:14 (UTC)
- Perdoa Piquito, pero á vista da túa última intervención creo que se está actuando de forma pouco honesta nesta cuestión. Ía dicir que a túa postura era pouco coherente (por un lado apóiaste na RAG e por outro pretendes facer todo o contrario en canto sexa posible), pero máis ben hai que calificala de postura cínica, calculista e pouco honesta, porque se queres facer todo o contrario que a RAG NON É HONESTO utilizala para sacar adiante a primeira proposta na que os demais (polo menos eu) votaremos con coherencia (a favor do que di a RAG nos dous casos) e sen estratexias ocultas. Ti preguntas “que persoa que defende que hai que seguir as indicacións da RAG se vai opoñer a algo que a mesma RAG fai?” Unha persoa coherente e honesta non. Pero polo visto si se pode facer o que estás propoñendo ti e iso parece que debemos consideralo unha actuación limpa e correcta. Ademais, xa non se pode un fiar de vós (ou de ti), porque que vai vir despois? Introducir as formas duplas nos textos? Aprender eses catro clichés e reviravoltas cos que hai que falar para tratar de evitar unha parte do máis feo das duplicidades? Como dis ti “o que importa é que saia”, é que acaso non importa COMO saia? Creo que se está a seguir unha axenda persoal segundo as preferencias ideolóxicas (ou interpretacións) e estase facendo unha estratexia coordinada desde hai certo tempo para sacar adiante certas posturas cun determinado nesgo. Todo isto está en contra de principios básicos da Wikipedia. E ir abertamente en contra das autoridades nos distintos campos do saber, neste caso a RAG, tamén vai encontra dos principios da Wikipedia, que non é unha fonte primaria. É dicir, non se pode escribir as fórmulas de química de forma diferente a como di a IUPAC porque se pon a votación, nin podemos poñer por votación un nome científico dun animal completamente diferente do nome aceptado ou dos nomes aceptados, xa que ás veces hai varios se non hai consenso entre os taxónomos, pero sempre avalados por autoridades. Pois no campo da lingua a autoridade é a RAG, especialmente nun asunto xeral e básico da lingua como este (e penso que totalmente unánime nas demais academais de linguas latinas). Só unha axenda persoal ideolóxica pode pretender o contrario e a Wikipedia desde o principio está en garda contra ese tipo de cousas. Ademais, as formas de facer as cousas son tan importantes coma o fondo para ter credibilidade.--Miguelferig (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 22:53 (UTC)
- Miguelferig podería explicarche por que non tes razón no que dis, pero a xente que me insulta veladamente e me berra (ver o uso de maiúsculas) non merece que lle adique tanto tempo, se consideras que son tan nocivo para o proxecto o que deberías facer en lugar de descualificarme aquí é expoñer no taboleiro dos administradores que son un perigo para este proxecto e solicitar o meu bloqueo permanente e xa está, me vou facer a outra Wikipedia o traballo que viña facendo aquí. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 23:19 (UTC)
Certamente. Esta contribución asemella un "manual de uso" de como xogar co sistema. --. HombreDHojalata.conversa 26 de decembro de 2020 ás 23:05 (UTC)
HombreDHojalata, recoméndoche esta lectura. Piquito (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 23:23 (UTC)
- Piquito, a túa reacción penso que é esaxerada. Eu non estou enfadado contigo nin con ninguén na Wikipedia e non quero estalo. Se queres enfadarte ti, enfádate ti só. As maiúsculas eran para salientar, non para berrar. Tampouco hai ningún insulto cara á túa persoa (ou polo menos non o pretendía), senón unha descrición do que se deduce da estratexia que expuxeches no comentario teu mencionado. Precisamente ese comentario teu do que eu falei penso que foi moi desafortunado, e a estratexia que presentas nel a min me parece que merece ser cualificada de cínica, incoherente e pouco honesta cos principios da wikipedia e un "xogo co sistema". O de honesto, por suposto, non quere dicir que pense que ti sexas algo así como un ladrón, un foraxido ou un desalmado, senón á forma pouco "honesta" de presentar este asunto da votación dos títulos das profesións, nada máis. Así, un non se pode fiar de que igual haxa estratexias ocultas. En canto á túa presenza na Wikipedia, espero que se prolongue moitos anos, porque levas feito un gran labor nas páxinas de música, deportes e outros campos e no funcionamento xeral da Wikipedia. Estamos en desacordo neste punto dos títulos das profesións (e de acordo en moitas outras cousas) e poden establecerse discusións e non hai que enfadarse con iso, pero tampouco se debe facer o que eu entendo é xogar co sistema nin pretender que se se fai ninguén cho diga. Volve a ler o meu texto e verás que non hai ningún insulto, todo son cousas do funcionamento da Wikipedia, presentación das votacións (en forma e fondo), etc. Enfín, non nos incomodemos.--Miguelferig (conversa) 26 de decembro de 2020 ás 23:58 (UTC)
HombreDHojalata, deixei o texto para a votación asíː [1], creo que ti es das persoas que interviron neste fío dos que tes máis experiencia en normativa. Se ves algún erro no texto, por favor, modifícao. Lles (conversa) 28 de decembro de 2020 ás 12:53 (UTC)
- Lles, na 2ª votación segue sen dicirse que unha das propostas é a da RAG e a outra non. En realidade esa é a escolla decisiva, é dicir, se por primeira vez non seguimos un criterio xeral da RAG (penso que seriamos os primeiros nas wikipedias con Academia) ou se o seguimos.--Miguelferig (conversa) 28 de decembro de 2020 ás 13:12 (UTC)
- @Lles: atenderei a túa solicitude despois de que ti atendas, porfa, a miña da semana pasada [2], cubrindo a táboa coas propostas concretas --. HombreDHojalata.conversa 28 de decembro de 2020 ás 14:04 (UTC)
- Desculpa se non atendín a túa solicitude, a miña proposta é para un criterio estábel tamén para os que estean por vir (por exemploː bailarín, bailarina se se fai...)
- Os títulos existentes, de incluírmos as denominacións dadas actualmente ás mulleres que practican esas profesións e en orde alfabética (se non me confundo), creo que quedarían comoː
- actor, actriz / adestrador, adestradora / afiador, afiadora / ama de leite / arrombacoches / auxiliar de enfermaría / bióloga, biólogo / bouquinistes / canteira, canteiro / castañeira, castañeiro / cociñeira, cociñeiro / consignataria, consignatario / diplomática, diplomático / docente / escriba / escribán / escritor, escritora / estilista / farmacéutica, farmacéutico / ferreira, ferreiro / funcionaria, funcionario / labrega, labrego / luthier / matemática, matemático / mensaxeira, mensaxeiro / oficial, oficiala (forzas armadas) / pallasa, pallaso / piloto / política, político / porteira, porteiro / Privatdozent / servizo doméstico / soldado / terapeuta ocupacional / tiraboleiro / traballador, traballadora / traballador, traballadora independente / xardineira, xardineiro / xastra, xastre / zapateira, zapateiro.
- Os títulos existentes, de incluírmos as denominacións dadas actualmente ás mulleres que practican esas profesións e ordenados masculino-feminino (se non me confundo), creo que quedarían comoː
- actor, actriz / adestrador, adestradora / afiador, afiadora / ama de leite / arrombacoches / auxiliar de enfermaría / biólogo, bióloga / bouquinistes / canteiro, canteira / castañeiro, castañeira / cociñeiro, cociñeira / consignatario, consignataria / diplomático, diplomática / docente / escriba / escribán / escritor, escritora / estilista / farmacéutico, farmacéutica / ferreiro, ferreira / funcionario, funcionaria / labrego, labrega / luthier / matemático, matemática / mensaxeiro, mensaxeira / oficial, oficiala (forzas armadas) / pallaso, pallasa / piloto / político, política / porteiro, porteira / Privatdozent / servizo doméstico / soldado / terapeuta ocupacional / tiraboleiro / traballador, traballadora / traballador, traballadora independente / xardineiro, xardineira / xastre, xastra / zapateiro, zapateira.
- Teño dúbida de se o correcto, de incluírmos as denominacións dadas ás mulleres que practican eses oficios, sería titularː traballador independente, traballadora independente ou traballador, traballadora independente. Lles (conversa) 28 de decembro de 2020 ás 15:56 (UTC)
- @Lles: atenderei a túa solicitude despois de que ti atendas, porfa, a miña da semana pasada [2], cubrindo a táboa coas propostas concretas --. HombreDHojalata.conversa 28 de decembro de 2020 ás 14:04 (UTC)
Miguelferig, estaba pedíndolle axuda ao HombreDHojalata no texto final, mais non o quero deixar só coa petición de axuda, Castelao, MAGHOI, Atobar, Piquito, Chairego apc, Lameiro, deixei o texto para a votación asíː [3], creo que sodes das persoas que interviron neste fío que tedes máis experiencia en normativa. Se vedes algún erro no texto, por favor, modifícadeo. Lles (conversa) 28 de decembro de 2020 ás 13:23 (UTC)
Para min, a pregunta está clara e o obxectivo da proposta tamén. As argumentacións a favor e en contra foron numerosas e concienzudas, e creo que abondan. Non vexo nada na proposta que sexa preciso modificar. Votarei afirmativamente cando comece oficialmente o período de votacións. Pedro --Lameiro (conversa) 28 de decembro de 2020 ás 15:41 (UTC)
- Ola, Lles. Eu xa expresei a miña opinión e a verdade é que non teño especial gana de volver sobre o tema. Para resumila: non me gusta a redacción (sóbrame a explicación de parte sobre o que aí se chama "masculino" e fáltame a mención á disposición desas entradas no DRAG, determinante para decidir o voto). Considero así mesmo, e isto penso que é moi relevante, que a segunda votación proposta non é factible. Na miña opinion, como xa expliquei, a propia natureza da Wikipedia exclúe un intitulado diferente do que dite a RAG, sexa de forma expresa ou inferida. --Atobar (conversa comigo) 28 de decembro de 2020 ás 16:17 (UTC)
- Lles, eu xa fixen a proposta que considero mellor para o enunciado da consulta, e xa me posicionei a favor de facer as votacións de xeito separado (a da orde despois da dos títulos duplos), xa que considero que é mellor ir conseguindo cousas aos poucos que querer conseguir todo de vez e arriscar e non conseguir nada. Non teño máis nada que dicid respecto a este fío, debes tomar a decisión, se queres a miña opinión persoal, o enunciado que propós non me gusta, para min sobra toda esta valoración "que coa data da presente votación, aparecen intitulados en masculino, sendo intranscendente para esta votación o motivo polo que están en masculino, se foi por unha vontade de facer masculinos xenéricos ou se foi sen esa vontade", e penso que é contraproducente para a votación, que eu vote a favor dese enunciado non quere dicir, como xa dixen noutras intervencións, que unha parte da comunidade vaia concordar cun enunciado así, e citar que a RAG inclúe formas duplas é, na miña opinión, o que vai facer que a proposta saia adiante, logo, cando se consigan os títulos duplos xa se verá se a comunidade acepta a orde alfabética ou non, pero canto menos haberá algo, se dará un paso, e logo o outro paso. Piquito (conversa) 31 de decembro de 2020 ás 14:07 (UTC)
Bo día, agora que toca facer? A votación Votación títulos das profesións quedou a medias, aprobouse modificar os títulos das entradas sobre profesións para desdobralos, mais quedou pendente decidir como facelo ao haber un empate entre as dúas propostas de ordenación (orde alfabética, masculino-feminino). Eu propuxen ampliar o período de votación para que se manifestasen os wikipedistas que non o fixeran aínda e tomar unha decisión, continúa pechada. Como se resolve? Abro un fío sobre que facer en caso de empates nas votacións? Lles (conversa) 19 de febreiro de 2021 ás 11:21 (UTC)
- Ola, Lles. Non creo que quedase nada a medias: a proposta saíu aprobada e a orde debe ser a que fixa o DRAG. Polo tanto, o que toca facer agora é pasar a entrada principal a, por exemplo, Mensaxeiro, mensaxeira, con redireccións dende Mensaxeiro e Mensaxeira. Penso que iso é todo. Non o fixen eu xa precisamente para evitar malentendidos, temoroso de que se poida interpretar a miña intervención como unha forma de artimañar un peche en falso. Invito pois a que calquera outro editor se ocupe de actualizar o título das entradas das profesións. Saúde. --Atobar (conversa comigo) 19 de febreiro de 2021 ás 17:02 (UTC)
Moi interesante este debate e tal. Pero a día de hoxe os nomes dos artigos seguen como estaban.Xoacas(ti si que es lindo, ho) 9 de abril de 2021 ás 21:12 (UTC)
- Ola, Xoacas. Pódesme indicar onde? Cambiei algún deles segundo me foron aparecendo pero é un labor arduo tratar de facelos todos. Por outra banda, coido que non debe ser doado facelo dalgún xeito automático. Un saúdo. MAGHOI (conversa) 9 de abril de 2021 ás 23:25 (UTC)
- Eu estou esperando a que se resolva na votación como é que se fai. Quedou SI: 7/(8) — NON: 7 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: pendente Lles (conversa) 10 de abril de 2021 ás 12:52 (UTC)
- MAGHOI, non podes mudar os títulos porque a votación está pendente de resolución. O resultado foi de empate a 7 votos, un voto nulo e un voto neutro. O problema é que Atobar fixo un comentario en contra da orde alfabética que el mesmo contabilizou como voto (algo que seguindo a política de votacións, é evidente que non se pode facer, xa que un comentario non é un voto), o caso é que ningún administrador se atreve a dar un paso adiante e non contabilizar o seu comentario como voto (algo que, na miña opinión, crearía un precedente perigoso, como expliquei xa no fío), e propoñer unha saída a esta situación que xa se ten prolongado máis de dous meses. Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de abril de 2021 ás 13:23 (UTC)
- En calquera caso, se houbo un empate, quere dicir que a proposta non foi aprobada, xa que para ser aprobada ten que ter un número de votos favorables superior ao de votos contrarios. Por exemplo, se un artigo presentado á votación de artigos de calidade ten 5 votos a favor e 5 en contra, non adquire a condición de artigo de calidade e a proposta é rexeitada.--Miguelferig (conversa) 10 de abril de 2021 ás 17:55 (UTC)
- Miguelferig, este caso é distinto porque o tipo de proposta é distinta. Aquí non se trata de votar a favor ou en contra dunha proposta senón de escoller entre opcións, co cal, a que teña máis votos gaña. Neste caso ningunha tivo máis votos que a outra e hai que tomar unha decisión sobre como proceder: ampliar o prazo (creo que inviable porque a votación finalizou hai máis de dous meses) ou realizar de novo a consulta comezando ambas opcións con 0 votos. Mentres non se aclare o resultado da segunda pregunta non se pode aplicar nada, porque a primeira pregunta (aceptada por maioría máis que suficiente) non aclara a orde e polo tanto se faga o que se faga irá en contra do que votaron a metade das persoas que participaron na votación (excluíndo o voto non válido e o neutro). Un saúdo, Piquito (conversa) 10 de abril de 2021 ás 19:27 (UTC)
Proposta para os nomes das obras musicais
[editar a fonte]Ola a todas! Hai xa tempo, na votación para artigo de calidade de Nikolai Rimskii-Korsakov xurdiu un problema sobre un aspecto que non está realmente tratado en ningunha política e que se asume dun xeito que non considero que sexa o axeitado. Segundo Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos, sinálase "Os artigos sobre filmes, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc., levan o título orixinal", sustentándose nesta frase (a primeira da sección "Títulos de películas, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc." o criterio empregado é o de non traducir (mais isto non sempre é así). Na mesma política sinálase que "Nas esculturas, cadros, edificios etc., utilizarase como norma o título en galego, mantendo como excepcións denominacións características doutras linguas (La maja desnuda, Notre-Dame de París)". Enténdese que neste último caso o motivo é sinxelo, ao non seren obras de arte ligadas a un texto nunha lingua determinada non hai por que deixalas no orixinal. Lendo todo este apartado se pode ver que non hai unha mención expresa para as obras musicais, feito que leva a que cada quen interprete ao seu xeito a política e pasen cousas como o que pasou cando ese artigo foi proposto (foi marcado cun marcador indicando que as obras debían estar na lingua orixinal.
Dentro da tradición musical clásica é habitual traducir os títulos das obras, xa que moitas son obras instrumentais (sería estraño para quen lera o artigo subtitular á Sexta sinfonía de Beethoven "Pastorale" en lugar de "Pastoral"). No caso concreto de Rimskii-Korsakov e outras personalidades rusas temos o problema de inzar os artigos con títulos de obras impronunciables para quen le o artigo, algo que dificulta a súa lectura. Outro problema que nos encontramos e a dificultade (cando non imposibilidade) para atopar o título dunha obra na lingua orixinal, especialmente cando falamos de personalidades do leste de Europa, que en toda a bibliografía empregada en occidente se traducen as súas obras.
Se ben hai casos como As catro estacións nos que o título se traduce, cando se chega a unha votación para artigo de calidade ou bo xorden estes problemas, polo que a proposta é engadir explicitamente as obras musicais dentro do parágrafo das obras arquitectónicas, pinturas, etc. canto menos mentres non haxa unha política específica para estes artigos.
Non creo que sexa preciso abrir unha votación para este tema, e penso que podemos acadar un consenso rápido aquí para un cambio que non deixa de ser mínimo dentro da política. Un saúdo e grazas a todas! Piquito (conversa) 21 de decembro de 2020 ás 22:54 (UTC)
- Concordo.MAGHOI (conversa) 22 de decembro de 2020 ás 19:53 (UTC)
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 22 de decembro de 2020 ás 20:07 (UTC)
- Concordo.Lles (conversa) 24 de decembro de 2020 ás 10:21 (UTC)
Un momentiño. Antes de inzar isto de «concordos» (ou «discordos»), hai que darlle unha volta bastante profunda.
Penso que se require moitiiísima maior concreción na proposta. Non hai ningunha presa.
Refírese a tódolos títulos de tódalas obras musicais?
¿Imos traducir os títulos dos artigos de Tu y yo (2014, Bisbal), Brothers in Arms (Dire Straits 1985), Marinero de luces (Pantoja 1985), Thriller (Michael Jackson 1982), Como yo te amo (Raphael 1980)...? Penso que non.
Cando se menciona o contido de "Wikipedia:Convencións dos nomes dos artigos", coido que cómpre citar o parágrafo enteiro, e non unicamente un anaco: "Os artigos sobre filmes, obras literarias, obras de arte, programas e series de televisión etc., levan o título orixinal cando non hai estrea en lingua galega (versión orixinal, versión orixinal subtitulada ou versión dobrada). No caso de haber estrea galega o nome do artigo é o da estrea en galego, o título orixinal rediríxese ao galego (exemplo: Le pacte des loups redirixe cara a O pacto dos lobos). Un caso particular prodúcese cando no momento de creación do artigo non existe versión en galego, polo tanto o título debe ser o orixinal, e ao cabo do tempo estrease unha versión en lingua galega: o artigo debe moverse do título orixinal ao título da versión en galego."
Así que, quizais, volvemos ao de sempre. Títulos en galego cando haxa referencias para os títulos en galego (porque WP:NFP, WP:CITE, WP:FF, WP:V...). Do contrario estamos parindo nós un título novo. Todo creador é moi consciente de que a escolla da forma exacta do título dunha obra artística é algo moi importante, e ese traballo non nos corresponde a nós. --. HombreDHojalata.conversa 24 de decembro de 2020 ás 11:37 (UTC)
- HombreDHojalata, nesta proposta especifícase concretamente "Dentro da tradición musical clásica é habitual traducir os títulos das obras, xa que moitas son obras instrumentais". Todos os exemplos son de obras musicais clásicas. Obviamente non se van traducir os títulos das cancións que ti indicas porque están ligadas a un texto que está nunha lingua concreta. Non é posible en moitos casos nos que atopar referencias aos títulos orixinais das obras de, por exemplo, Rimskii-Korsakov, é extremadamente difícil, xa que a bibliografía occidental non presenta nunca os títulos en ruso (nin tan sequera coa transliteración). Hai casos nos que non se adoita traducir porque tradicionalmente non se fixo nunca, véxanse La Bohème, La fille aux cheveux de lin, as cantatas en xeral (con textos relixiosos en alemán)... pero o habitual é facer unha tradución dos títulos, algo que se fai en todas as linguas da nosa contorna (o podes ver nas ligazóns internas dos artigos). Non se trata de inventar nada, se trata de traducir os títulos de acordo coa práctica habitual, que ademais presenta a enorme vantaxe de facilitar a lectura dos artigos a todas aquelas persoas que se acheguen ao proxecto. Espero terme explicado ben, brevemente, se trata de obras de música clásica, non cancións doutros xéneros. Piquito (conversa) 24 de decembro de 2020 ás 16:52 (UTC)
- Si. Quizais cómpre un pouco de tranquilidade para modificar isto. Eu entendín a proposta de Piquito naquelas obras nas que os títulos estivesen en linguas que non empregan o alfabeto latino e, polo tanto, de pronuncia e recoñecemento complicado. Por suposto, as cancións de Bisbal seguirían en rigoroso castelán. Mais en relación con isto, habería que pensalo non só para as obras musicais. Veño de ver o artigo "Lev Tolstoi" onde hai un marcador sobre a tradución dos títulos das obras e aí, aparece de novo, o problema ao que aludía Piquito. Penso que non hai tradución en galego para "Guerra e paz" pero entón deberiamos chamala Voina i mir (con transliteración) ou Война и мир? Sería o mesmo caso que para as obras de Rimski-Korsakov. Alguén na Galipedia buscará un artigo titulado Mayskaya noch? Entendo que é un tema complicado e si deberiamos darlle unha volta e aportar argumentos. Saúdos.--MAGHOI (conversa) 28 de decembro de 2020 ás 16:57 (UTC)
Leo e releo a proposta "rápida" ("a proposta é engadir explicitamente as obras musicais dentro do parágrafo das obras arquitectónicas, pinturas, etc.") e, máis aló dos exemplos, non vexo que se especificase que unicamente afecta ás obras da musica clásica e non a música "non clásica". E por outra banda non sei si sempre é doado distinguir cando unha obra musical é clásica ou non o é.
Fálase agora de que "... non se van traducir os títulos das cancións que ti indicas porque están ligadas a un texto que está nunha lingua concreta." ¿Iso aplica ás obras clásicas musicais-teatrais, as óperas, que levan un texto asociado nunha lingua concreta? Esas quedan fora da proposta? Pregunto. --. HombreDHojalata.conversa 28 de decembro de 2020 ás 19:22 (UTC)
- HombreDHojalata, pode simplificarse dicindo que se traducen as obras musicais que adoitan traducirse nos estudos/bibliografía/discografías, deste xeito temos que unhas veces se traducen títulos de óperas (práctica moi habitual pero con excepcións que tradicionalmente se escriben coa lingua orixinal), o mesmo pasa con obras sinfónicas como poemas sinfónicos/subtitulos de sinfonías ou concertos/preludios/aberturas..., instrumentais, non adoita empregarse en xéneros como as cantatas e música relixiosa en xeral. Sobre outras obras máis modernas, non hai ningún libro de jazz que traduza "So What" ou "In a Sentimental Mood", ou calquera das cancións que citas. Doutra banda, hai cancións que se escribiron orixinalmente nunha lingua e se traduciron (ás veces polas propias persoas que a compuxeron) para lanzar noutros países, nese caso o título da canción sería o orixinal (mesmo se houbo unha tradución ao galego). Creo que así xa debería quedar aclarado. Piquito (conversa) 31 de decembro de 2020 ás 14:23 (UTC)
Agradecería comentarios neste fío, traballo principalmente neste eido e a demora nun consenso ao respecto non fai máis que dificultar o meu traballo na Galipedia, xa que a día de hoxe non hai un criterio fixado, o que fai que todo o traballo que faga ata que a comunidade adopte unha decisión ao respecto é susceptible de ter que ser revisado. Agradecería que Usuario:Breogan2008, Usuario:Chairego apc, Usuario:Elisardojm, Usuario:Estevoaei, Usuario:Atobar, Usuario:Maria zaos, Usuario:Lameiro... así como a todas as persoas que xa participaron no debate, manifestaran o seu acordo ou desacordo coa proposta (se é preciso debater algo antes se non hai algún aspecto claro) a fin de chegar o antes posible a unha solución. Moitas grazas, Piquito (conversa) 7 de xaneiro de 2021 ás 20:33 (UTC)
- Ola, Piquito. Lin no seu momento a túa primeira intervención e releo agora en xeral o que ti apuntas e tamén o que comenta, coido que con acerto, HombreDHojalata. Entendo, creo, o que queres dicir, pero é verdade que a redacción é un tanto abstracta e confusa, para min polo menos. Se che entendín, o que propós é explicitar dalgún modo, vía política de Wikipedia, que as obras clásicas e instrumentais (ollo, non todas, que instrumental tamén é o disco Tubullar Bells) se traduzan. Pois ben: eu creo que o erro de base é tratar de compactar algo tan variopinto nunha política. Revisei por riba as políticas e os libros de estilo nas Wikipedias en inglés, portugués e castelán e non vexo que se faga nada parecido, senón que se deixa certa marxe para empregar o sentido común. Póñoche un caso ben sinxelo, o solo de piano Pavane pour une infante défunte tráducese ou non en función da escolla dos editores en cada lingua (si se traduce en SV, ES, HU ou chinés -porque cambia de alfabeto-, pero non en EN, FR, IT, DE, NL); eu mesmo non tería claro se deixalo en francés ou en galego como opción primeira. Insisto en que entendo o que dis, pero opino que artellar dende o nada unha política ao respecto, e facelo sobrepasando as convencións filolóxicas universalmente aceptadas, escapa un pouco das nosas funcións e atribucións. Logo está o feito de que citas unha obra en ruso, e aí vólvese complicar a cousa, porque entramos noutro terreo: o dos alfabetos distintos do noso; aí xa sabes que é frecuente que os títulos se trasladen figurados e mesmo abreviados. O meu consello, para acabar, é que, coma até o de agora, sigamos analizando cada entrada dunha obra clásica e/ou instrumental en particular: porque unhas terán unha referencia de peso en galego e outras non, porque as haberá cunha tradución sinxela e intuitiva e as haberá máis difíciles e arrrevesadas, mesmo con varios títulos en función de se no libreto ou na estrea... Agradézoche o teu labor, pero xa digo: o remedio de redactar unha política inédita ao respecto pode non ser mellor ca a enfermidade. Máis me chama usar o sentido común a partir do libro de estilo e as políticas que xa temos. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 8 de xaneiro de 2021 ás 16:14 (UTC)
- Ben Atobar, podo entender que sexa un tanto complicado crear unha política así, máis tamén considero que algo hai que poñer para que cada quen non interprete a política ao seu xeito. Como dixen, hai obras das que é francamente difícil atopar o título orixinal (véxanse as rusas) porque na bibliografía dispoñible en occidente sempre apareceron traducidas (tamén nos discos, por exemplo) e ninguén as coñece por eses nomes senón polas súas traducións, o que complica que cheguen a elas, que cando cheguen por unha redirección lles resulte estraño ver o título e non o asocien co que buscaron, que lendo un artigo biográfico atopen nomes que dificulten a lectura e non asocien eses nomes con obras que seguramente coñezan (ou non)... é certo que no corpo dos artigos se pode indicar entre paréntese a tradución, pero aínda así a lectura resulta incómoda e penso que é mellor facilitar as cousas a quen veña ler algo aquí para que sexa unha especiencia agradable e queira consultar de novo a Galipedia, que facerlle pasar o inferno de ler transliteracións con cinco consoantes seguidas, difíciles de ler/pronunciar. Quizais simplemente con poñer algo da escolla da primeira editora chegaría, especificando obras clásicas, obviamente haberá excepcións (sempre as hai), pero eses casos se tratarían individualmente na páxina de conversa dos mesmos ou na taberna. Noutros xéneros non vexo este problema, sempre é o título orixinal, e se hai excepcións o mesmo, tratar cada caso. Piquito (conversa) 9 de xaneiro de 2021 ás 10:02 (UTC)
Votacións
[editar a fonte]Nas votacións non hai ningún prazo de resolución establecido, mais creo que superar un mes para decidir sobre o resultado dunha votación é un prazo demasiado elevado e estaː
Wikipedia:Votacións/Títulos das profesións
Votación PECHADA: Cómputo de votos pendente de análise. Véxase a sección de comentarios.
Período de votación: 01/01/2021 - 1/02/2021
SI: 7/(8) — NON: 7 — NEUTRO: 1 — CONCLUSIÓN: pendente
Superouno. Lles (conversa) 9 de abril de 2021 ás 19:52 (UTC)
- Lles, non hai que facer ningún tipo de análise, o resultado foi 7 para o "si", 7 para o "non" e 1 neutro, o que hai que decidir é que facer agora, se ampliar o prazo (creo que pasados dous meses non se debería reabrir) ou facer de novo a pregunta co marcador a 0. Piquito (conversa) 10 de abril de 2021 ás 19:31 (UTC)
- O asunto está resolto, mesmo se obviades o meu voto (cuestión na que neste momento non me vou deter). Falta tan só actuar en consecuencia e levar a cabo os cambios acordados para os títulos das profesións. En canto á segunda pregunta, non é pertinente por non ser viable a primeira das opcións. A orde debe ser a do DRAG. Os motivos están explicados até a saciedade. --Atobar (conversa comigo) 11 de abril de 2021 ás 17:42 (UTC)
- O asunto NON está resolto. Alejandro, pero o que resulta obvio é que a proposta non foi aprobada (no caso das Políticas, sería necesario un 75% ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos), e que a comunidade está dividida á metade ó respecto, con razóns explicadas ata a saciedade nun e noutro sentido (e námbolos casos con posturas defendidas con todo o dereito). Para min, o resultado da votación queda claro e semella ilóxico ampliar o prazo ou recomezar o debate, non habendo novas razóns que poidan facer que uns ou outros votantes cambien o seu criterio. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de abril de 2021 ás 21:57 (UTC)
Como facer?
[editar a fonte]Temos acordado cambiar os títulos para duplicalos, non temos acordado o como de forma colectiva. Que facemos? O criterio da primeira persoa en editar? Lles (conversa) 12 de abril de 2021 ás 21:27 (UTC)
@Chairego apc:, @Fis-mulleres:, @AmeliaVR2019:, @Elisardojm:, @CoroRP:, @Piquito:, a votación de se duplicar os títulos das profesións e de como facelo quedou parada porque houbo acordo en duplicar, mais non en como o facer. Como votastes coma min pola orde alfabética, quero consultarvos de se vos parece lexítimo empregar o criterio de "menos dá unha pedra" e duplicar secundarizando as mulleres como criterio por dar prioridade a visibilizar as mulleres aínda que sexa en segundo lugar por norma mentres non sexamos quen de poder facelo doutro xeito. Lles (conversa) 13 de abril de 2021 ás 10:13 (UTC)
- Creo que a votación debe repetirse, non hai unha opción gañadora na votación, hai un empate e debe desfacerse, xa que a primeira pregunta non dicía nada da orde. Non entendo como Estevoaei se desentendeu dous meses deste asunto cando só había que facer un reconto de puntos verdes. Un saúdo, Piquito (conversa) 13 de abril de 2021 ás 10:43 (UTC)
- Eu tamén sería partidario de pór un prazo e repetir a segunda votación. O criterio da primeira foi aprobado pero cun empate na segunda queda inoperante. Polo tanto, coido que cómpre unha votación para solucionar este "impasse". Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de abril de 2021 ás 11:12 (UTC)
- Bo día, MAGHOI creo que es o único administrador pendente de que se resolva en tempo e forma. Penso que vas ter que tomalo da túa man. Lles (conversa) 15 de abril de 2021 ás 07:31 (UTC)
- Eu tamén sería partidario de pór un prazo e repetir a segunda votación. O criterio da primeira foi aprobado pero cun empate na segunda queda inoperante. Polo tanto, coido que cómpre unha votación para solucionar este "impasse". Saúdos.--MAGHOI (conversa) 13 de abril de 2021 ás 11:12 (UTC)
Prefiro "menos dá unha pedra" que votar e revotar....Fis-mulleres (conversa)
- Tanto me ten... Saúdos, Elisardojm (conversa) 13 de abril de 2021 ás 14:34 (UTC)
O "criterio da primeira persoa en editar" pareceríame un absurdo, neste tema. --. HombreDHojalata.conversa 13 de abril de 2021 ás 19:12 (UTC)
Pois poderiamos repetir a votación 10 ou 12 veces ata que algunha das partes gañe por 1 ou 2 votos de diferenza, porque a xente se vai cansar deste asunto e algúns deixarán de votar ou se despistarán ou esquecerán votar, polo que pode que se desequilibre a votación para algunha das partes. Ademais, tampouco sería tan grave, porque pasado certo tempo a parte perdedora podería pedir unha nova votación para "reconsiderar" o criterio (xa temos reconsiderado algunhas cousas na Wikipedia noutras ocasións, polo que é totalmente lexítimo pedir unha votación de reconsideración). Así, poderiamos seguir con este asunto e estas votacións por longo tempo. Por iso nas políticas a norma pide un voto maioritario favorable que supoña un 75% dos votos para aprobalas, precisamente para que non pase que 1 só voto conxuntural de diferenza decida unha cuestión importante, e o que se decida teña un apoio relativamente grande (dentro da participación que hai nas votacións, que nunca é enorme). Por tanto, hai que deixarse de lerias e presentar a votación de maneira que se pida que se acade ese 75% e non doutra maneira. E estabamos todos mellor dedicándonos a outros traballos na wikipedia que son moito máis necesarios e urxentes en vez de gastarmos tantas enerxías nisto.--Miguelferig (conversa) 13 de abril de 2021 ás 20:06 (UTC)
- A importancia dos distintos traballos na Wikipedia son relativos. Para min si é importante que se resolva isto, por iso non entendo o proceso
, non me explico o desleixo das persoas que administran a Wikipedia.Lles (conversa) 13 de abril de 2021 ás 21:23 (UTC) @MAGHOI: eliminei esta parte porque non me decatara de es administrador e si estás pendente da súa resolución. Desculpa. Lles (conversa) 15 de abril de 2021 ás 07:56 (UTC)- Tampouco entendo a postura de dedicarlle enerxías ao modo correcto de facer un cambio para despois desentenderse de que quede parado ese cambio. Lles (conversa) 14 de abril de 2021 ás 08:22 (UTC)
Na primeira cuestión saliu a favor o desdobramento, así que penso que iso debería ser aceptado. Na segunda cuestión, e cambiando a miña postura inicial, aceptaría facelo pola orde da RAG (masculino-feminino) para chegar a un acordo e poder darlle saída a este tema sen repetir votacións. Se finalmente se decidira repetir a votación creo que debería ser unicamente sobre a segunda cuestión. Bo día! CoroRP (conversa) 14 de abril de 2021 ás 08:29 (UTC)
- Bo dia. Pretendo fixar a miña posición. Coido que, ás veces, levamos a cabo debates sobre temas que quedan no limbo e non se executan e que, quizais, máis adiante, haberá que repensar o tema das votacións establecendo, claramente, prazos e o procedementos para unha vez realizadas, executalas inmediatamente. Pero isto pode quedar para máis adiante.
Neste momento, como dixen anteriormente, entendo que a primeira parte foi aceptada de xeito incuestionábel e, na segunda, houbo un empate. Entendo que o voto de @Atobar: non se produciu ao non estar no lugar correcto senón nos "Comentarios". Chegado a este punto, dado que ningunha das opcións acadou a maioría precisa, coido que, para non entrar en contradicións ou deixar que cada un faga o que lle pete (primeiro editor, orde alfabética ou outros criterios...), debe, en principio, manterse a estrutura e as indicacións que se seguen noutros ámbitos. Isto é, a orde da RAG. A partir, de aí, non me molesta que se leven a cabo cantas votacións sexan necesarias segundo o criterio das persoas que as propoñan; poderá ser unha pesadez, @Miguelferig:, pero é a democracia. Finalmente, comprendo a decepción de @Lles: que principiou todo este proceso porque, efectivamente, ás veces, non hai tempo ou gañas, e non facemos as cousas suficientemente ben pero animo a calquera a que formule cambios e iniciativas, mesmo a risco de provocar maremotos, pois será indicación de estarmos activo. Que opinades os demais? Saúdos. --MAGHOI (conversa) 15 de abril de 2021 ás 08:46 (UTC)
- Grazas pola vontade de resolución. Lles (conversa) 15 de abril de 2021 ás 09:16 (UTC)
- MAGHOI, moitas grazas tamén pola miña parte e por animar á xente a ir cara adiante :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de abril de 2021 ás 11:21 (UTC)
Si, MAGHOI, a democracia sempre está ben, pero non entras no que salientei eu en letra grosa. As normas de votación de políticas (e doutras cousas) esixen unha maioría cualificada de 3/4 ou 2/3 segundo o tipo de cousa que se vote e de maioría simple para as revogacións (ver Wikipedia:Votacións, que, se non estou errado, é o que hai que consultar). Concretamente, e cito textualmente, unha política é aprobada se o resultado da súa votación cumpre estes criterios: "Duración fixa: 30 días de votación. Votos: un mínimo de 5 votos a favor, supoñendo estes o 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos." Se non cumpre estes criterios é rexeitada. Eu non son partidario de facer nada distinto do que diga a Academia, xa que ese é o criterio xeral que se segue na wikipedia. Se a Academia pon os títulos duplos na orde masculino (e xenérico)/feminino eu acepto iso. Como non quero mudar nada non vou propoñer votación ningunha, simplemente refrendei co meu voto a opción da Academia para que se empezase a aplicar. Os que queiran facer algo novidoso son os que terán que propoñer a votación seguindo as normas de reconto mencionadas. Se hai unha maioría cualificada a favor todos o aceptaremos.--Miguelferig (conversa) 15 de abril de 2021 ás 17:34 (UTC)
Alguén lle votou algunha vez un ollo ó índice de categorías? Estoume referindo a quen presenta esta proposta. Vaivos chispear a cabeza con este tema. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15 de abril de 2021 ás 20:59 (UTC)
A categoría Xogadoras da selección de fútbol de España está dentro da categoría Xogadores da selección de fútbol de España, por exemplo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15 de abril de 2021 ás 21:13 (UTC)
Se ben é de agradecer que por fin alguén faga algo con isto (neste caso MAGHOI), non podo deixar pasar o meu descontento coa solución empregada. Creo que un problema así non se debía solucionar deste xeito, isto é, dar a razón a unha das partes nunha votación que estaba 50-50. O xusto tería sido repetir esa segunda pregunta nas mesmas condicións que as iniciais, e unha vez finalizada a votación apliacar a opción maioritaria (que podería ser perfectamente primar o masculino, como ten ocorrido sempre nas sociedades patriarcas como a galega, sempre disfrazado dun falso xenérico). Eu aceptaría primar o masculino se fora a opción maioritaria, con todo, iso non é así e esa opción (tal como foron as cousas) non a podo considerar lexítima en tanto que é a decisión dunha única persoa para resolver un "marrón" que lle veu dado pola inoperancia doutras administradoras e ante a insistencia (lóxica e normal) da persoa que fixo a proposta (grazas por presentala). Dito isto, eu non vou facer nada agora nin vou emprender unha campaña para que se reabra a votación, adiquei moito tempo a este debate, enfronteime a outras persoas da Galipedia e recibín ataques inxustificados por parte de usuarias (sen que ninguén, por certo, dixera nada), creo que a miña imaxe neste proxecto está suficientemente deteriorada como para emprender unha loita (xusta), máis aínda cando parece que hai conformidade con esta solución.
Quero sinalar ademais, especialmente para aquelas persoas que defenden cegamente a RAG, que hai días escribín a ese organismo para tentar conseguir argumentos que defenderan a ordenación alfabética como unha opción non conflitiva co criterio de dita institución. O resultado foi silencio, ninguén atendeu á miña demanda nin sequera para notificarme que estaba a escribir a un departamento erróneo.
Tamén salientaría que as administradoras teñen unhas funcións que deben cumprir, eu podo entender que haxa poucas persoas con este rango na Galipedia, pero deixar unha votación en suspenso máis de dous meses é algo que non ten xustificación algunha. E do mesmo xeito que con isto, ocorre con outras cousas como os avisos das votacións dos artigos de calidade, algo que se está a obviar dende hai longo tempo e que nos levou a algúns a deixar de solicitar a inclusión do aviso, un exemplo recente de inacción está aquí, hai ben pouco, o 20 de febreiro deste mesmo ano ninguén atendeu á demanda de Viascos.
Un saúdo, Piquito (conversa) 15 de abril de 2021 ás 21:41 (UTC)
Piquito, o peche dunha votación non ten que facelo un administrador. en Wikipedia:Votacións di que "O usuario que creou a votación será o encargado de facer este labor, ou, no seu defecto, calquera outro usuario". Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15 de abril de 2021 ás 22:17 (UTC)
- Xoacas, teño aberto e pechado moitas votacións (artigos de calidade, bos, destacados na portada, sobre Galicia e imaxes da semana principalmente) e sei como funcionan. Neste caso había varios condicionantes que facían precisa a intervención de administradoras: primeiramente, non se trataba dunha votación "normal", xa que se votaban dúas opcións e a maioritaria saía escollida; segundo, o resultado ao final da votación era un empate para ambas opcións; terceiro, había unha situación na que un administrador da Galipedia pretendía contabilizar como voto un comentario (absténdose pero pretendendo votar á vez), amosando en repetidas ocasións unha postura inamovible na lexitimidade dun "voto" non emitido. Dito isto, tratábase dunha votación en conflito que requiría unha mediación, que precisamente debe ser realizada por administradoras, xa que elas son as persoas nas que a comunidade depositou a súa confianza. Piquito (conversa) 15 de abril de 2021 ás 22:53 (UTC)
Perdoade pero eu non entendo nada, ben é verdade que é a primeira vez que entro en un destes debates. Polo que vexo parece que todo o colectivo participante ten claro que saliu aprobado o desdobramento nas profesión porque o resultado da votación foi aplastante. En canto á segunda votación, na que houbo empate, o resultado pareceu non importar a quen empezou a facer os desdobramentos, nos que optou por dar prioridade ao masculino e relegar o feminino, que era unha das opcións. Pero eu non vin que ninguén impedira que iso ocurrise, co cal eu non entendo nada. Un saúdo.--AmeliaVR2019 (conversa) 16 de abril de 2021 ás 08:45 (UTC)
- Eu sigo insistindo que se alguén volve propoñer a votación da orde contraria á da Academia que o faga seguindo as normas de reconto de políticas de Wikipedia:Votacións. Ao meu modo de ver, a segunda parte da votación en discusión non debeu quedar en suspenso, senón que debeu ser rexeitada, por non cumprir os criterios de ser maioritaria (foi empate) e de chegar ao 75% dos votos emitidos. Calquera deses dous criterios por separado ou xuntos fan que o resultado da proposta sexa "non aprobada". Non sei se isto afecta tamén á primeira parte da votación (espero que non), xa que se presentaron xuntas como se fose unha cousa soa, que foi algo que se debeu evitar, xa que era mellor votalas por separado. Pero toda a redacción e orientación das preguntas tal como se formularon tiñan un nesgo e comentarios valorativos e parecía guiada a intentar conseguir a orde alfabética.--Miguelferig (conversa) 16 de abril de 2021 ás 15:22 (UTC)
Como para a comunidade duplicar os títulos das profesións é unha mellora e houbo un empate en como levala adiante, considero que non deberiamos deixar sen facer esta mellora por inacción.
Eu propoño que tiremos para adiante co criterio que propuxo @MAGHOI: na súa última intervención e duplicar seguindo a orde da academia mentres non haxa outro criterio maioritario.
Propoño que opinemos con concordo ou discordo con esta opción deixando o prazo dunha semana (ata o día 25 de abril) para contestar e actuar conforme co resultado. Lles (conversa) 18 de abril de 2021 ás 17:03 (UTC)
- É unha consulta, non é unha votación, teño clara a postura dalgunas wikipedistas que xa se posicionaron sobre esta posibilidade, mais non sei se alguén quere promover unha votación nova. Por iso dou un prazo para saber se vai haber unha nova votación ou se vai adiante a proposta de resolución de Maghoi. Lles (conversa) 18 de abril de 2021 ás 20:04 (UTC)
- Mais que o resultado da consulta sería aceptada para actuar conforme ao que saia. Lles (conversa) 18 de abril de 2021 ás 21:05 (UTC)
- Concordo Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de abril de 2021 ás 08:26 (UTC)
- Concordo Saúdos,--CoroRP (conversa) 25 de abril de 2021 ás 18:25 (UTC)
- Mais que o resultado da consulta sería aceptada para actuar conforme ao que saia. Lles (conversa) 18 de abril de 2021 ás 21:05 (UTC)
Información de interese en Conversa Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1
[editar a fonte]Boas, para quen traballades con Toponimia galega penso que será do voso interese esta nova sección na páxina de conversa da política:
- Conversa Wikipedia:Toponimia/Arquivo 1#Páxina de referencia da Xunta incompleta. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 9 de maio de 2021 ás 12:05 (UTC)
Arquetipos
[editar a fonte]Bo día, votamos duplicar os títulos das profesións. Considerades correcto usar ese mesmo criterio para duplicar o título do artigo de "heroe" a "heroe, heroína"? https://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa:Heroe Lles (conversa) 9 de maio de 2021 ás 18:06 (UTC)
- Lles: fixen unha reversión que xustifiquei, deixo a ligazón aquí: nesta conversa é onde explico as razóns. Dende o meu punto de vista e polas derivacións ás que nos poden levar tanto os campos da ficción como da psicoloxía habería que debatila noutra proposta diferente. Agora ben, non podo estar pendente dos fíos pola semana por falta de conexión, así que adiante co que sexa. Se non estás de acordo coa reversión podes levala ao taboleiro de administadores. Saúdos. Maria zaos (conversa) 9 de maio de 2021 ás 20:17 (UTC)
- Eu tal e como se desenvolveu o debate dos títulos das profesións e as argumentacións que se deron, entendo que hai unha postura maioritaria para duplicar os títulos dos artigos. Creo que sería o seu ter unha postura uniforme coa anterior decisión e desexo que non nos leve o mesmo tempo decidir isto que duplicar os títulos das profesións. Eu non lle vexo diferenza. Lles (conversa) 10 de maio de 2021 ás 17:49 (UTC)
- @Lles a proposta de títulos das profesións tiña uns limites claros: puidose formular para calquera forma aplicable a persoas na Galipedia, pero restrinxiuse ós títulos das profesións nos títulos e esta foi a fórmula pola que a comunidade se posicionou polo método de votación e como quedou reflexada na política. Da interpretación da política, tal e como foi aprobada vén esta reversión, xa que o cambio que fixeches excedía o indicado pola política aprobada: o artigo non tiña contido nin categoría relacionado coas profesións (figuraba só a categoría Arquetipo). Calculo que foi un erro, sen máis.
- Por outra banda non considero correcto estender automaticamente o uso de ningunha política a casos que non recollidos na proposta de votación sen comprobar a existencia dun consenso no tema concreto do que se trate; neste caso que nos ocupa porque non se consultou un cambio de calquera forma de duplicación, senón específicamente ós títulos dunha área determinada, (logo dun debate previo que optou por poñer estes límites) polo que os argumentos do debate dos que falas están atados a esa categoría/campo das profesións e non a outras sobre as que non se falou e sobre as que se debería ter oportunidade de opinar. Non se debe esquecer que as políticas son a ferramenta máis importante pola que se expresa o consenso da comunidade, polo que o tempo que leve non debe ser unha razón para fechar a participación ao debate sobre calquera tema relevante a recoller nelas. Con sorte, como o tema é recente, se os argumentos son válidos para a súa aplicación noutra área distinta, o debate será máis áxil. Pero tamén existe a posibilidade de que as particularidades dos arquetipos fagan abrollar outros aspectos novos e cómpre facer unha escoita do que a comunidade teña que dicir. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 11 de maio de 2021 ás 16:53 (UTC)
- Cal sería entón a vía agora? A Wikipedia é demasiado ampla como para saber agora que títulos de artigos están só en masculino cando o seu sería que estivesen desdobrados. Cal sería a pregunta idónea para que non suceda o que pasou cos títulos das profesións que deixou fóra os heroes? Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 18:43 (UTC)
- Aínda estou a pensar sobre as posibles formas de solución en relación a estas novas consultas (polo momento van tres) que estás a facer. Pero preciso revisar os arquivos, as categorías e mirar como están e se relacionan os contidos entre si antes. Se tes tempo por favor, poderías enumerar ou presentar os argumentos aos que fas referencia aquí ? axudaríame bastante, grazas! Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 20:32 (UTC)
- Bo día, Maria zaos, creo que non estou en condicións de resumir facilmente un debate tan delongado coa neutralidade precisa. Síntoo. Saúdos, Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 07:16 (UTC)
- Podes ler o debate? É longo. Desde a miña parcialidade, eu creo que hai dúas posturas básicas, unha que parte da despatriarcalización da Wikipedia e outra que parte de coincidir co DRAG e os argumentos que se deron creo que foron nesas dúas liñas. Saúdos, Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 08:14 (UTC)
- @Lles Como che indicaba máis arriba, non teño moito tempo de conexión; o debate lino varias veces e estou a traballar nunha resposta ás consultas que recolla o camiño percorrido e as visións das partes participantes. Moitas grazas polas aclaracións achegadas en relación á frase coa que abres as consultas. Tentarei ter a redacción pronto. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 13 de maio de 2021 ás 08:59 (UTC)
- O criterio foi desdobrar partindo de dúas xustificacións da súa necesidade e que foron en paralelo. E o criterio de desdobrar, partindo das dúas xustificacións da súa necesidade, penso que sería idéntico para os arquetipos. Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 09:09 (UTC)
- @Lles Como che indicaba máis arriba, non teño moito tempo de conexión; o debate lino varias veces e estou a traballar nunha resposta ás consultas que recolla o camiño percorrido e as visións das partes participantes. Moitas grazas polas aclaracións achegadas en relación á frase coa que abres as consultas. Tentarei ter a redacción pronto. Un saúdo. Maria zaos (conversa) 13 de maio de 2021 ás 08:59 (UTC)
- Podes ler o debate? É longo. Desde a miña parcialidade, eu creo que hai dúas posturas básicas, unha que parte da despatriarcalización da Wikipedia e outra que parte de coincidir co DRAG e os argumentos que se deron creo que foron nesas dúas liñas. Saúdos, Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 08:14 (UTC)
- Bo día, Maria zaos, creo que non estou en condicións de resumir facilmente un debate tan delongado coa neutralidade precisa. Síntoo. Saúdos, Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 07:16 (UTC)
- Aínda estou a pensar sobre as posibles formas de solución en relación a estas novas consultas (polo momento van tres) que estás a facer. Pero preciso revisar os arquivos, as categorías e mirar como están e se relacionan os contidos entre si antes. Se tes tempo por favor, poderías enumerar ou presentar os argumentos aos que fas referencia aquí ? axudaríame bastante, grazas! Maria zaos (conversa) 12 de maio de 2021 ás 20:32 (UTC)
- Eu tal e como se desenvolveu o debate dos títulos das profesións e as argumentacións que se deron, entendo que hai unha postura maioritaria para duplicar os títulos dos artigos. Creo que sería o seu ter unha postura uniforme coa anterior decisión e desexo que non nos leve o mesmo tempo decidir isto que duplicar os títulos das profesións. Eu non lle vexo diferenza. Lles (conversa) 10 de maio de 2021 ás 17:49 (UTC)
Títulos reais
[editar a fonte]Bo día, poderiamos duplicar os títulos reais utilizando as mesmas pautas que para os títulos das profesións? Lles (conversa) 10 de maio de 2021 ás 11:16 (UTC)
- Eu entendo que si, en vista da disposición dupla no DRAG: rei, raíña; tsar, tsarina; emperador, emperatriz... --Atobar (conversa comigo) 10 de maio de 2021 ás 11:24 (UTC)
- Entendo que non deberiamos, en xeral, aínda que poida funcionar en casos particulares. Entendo que o esquema de artigos como monarquía británica e monarquía española é a solución correcta. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xabier Cid (conversa • contribucións) 10 de maio de 2021 ás 14:34
- Estou falando dos artigos tipo príncipe, tsar, arquiduque.Lles (conversa) 10 de maio de 2021 ás 17:40 (UTC)
- Eu tal e como se desenvolveu o debate dos títulos das profesións e as argumentacións que se deron, entendo que hai unha postura maioritaria para duplicar os títulos dos artigos. Creo que sería o seu ter unha postura uniforme coa anterior decisión e desexo que non nos leve o mesmo tempo decidir isto que duplicar os títulos das profesións. Eu non lle vexo diferenza. Lles (conversa) 10 de maio de 2021 ás 17:55 (UTC)
- Estou falando dos artigos tipo príncipe, tsar, arquiduque.Lles (conversa) 10 de maio de 2021 ás 17:40 (UTC)
- Entendo que non deberiamos, en xeral, aínda que poida funcionar en casos particulares. Entendo que o esquema de artigos como monarquía británica e monarquía española é a solución correcta. —o anterior comentario sen asinar foi feito por Xabier Cid (conversa • contribucións) 10 de maio de 2021 ás 14:34
- Eu teño unhas certas reservas. A wikipedia non debería ser un dicionario, nin tampouco un dicionario enciclopédico, e polo tanto non debería haber un artigo como o actual de príncipe. Non digo que haxa que borralo, pero as condicións en que está agora non son o camiño a seguir. Pero ao mesmo tempo, se considero o que foi ser unha princesa e o que é ser un príncipe, na iconografía das dúas entidades, nas súas competencias, no seu papel no mundo, non son o mesmo. A princesa non foi un príncipe que foi muller (nin ao revés). Outra cousa é que no futuro sexa así, e sen dúbida acabará sendo, pero desde o punto de vista histórico, político, cultural, literario e como dixen, iconográfico, non creo que fosen o mesmo e creo que si me gustaría que "princesa" tivese un artigo de seu, e príncipe outro. Obviamente hai persoas concretas que si foron a versión a-xenérica do cargo, pero para iso están os artigos das persoas históricas concretas.
- E cando despois imos a casos concretos, de monarcas dun estado particular, xa temos os artigos que antes mencionei das monarquías (Monarquía rusa). Creo que iso debería ser a saída ao artigo de tsar, e, se queremos ter unha páxina que recolla o tsar de Bulgaria e o tsar de Rusia (que teño moitas dúbidas de se iso ten sentido), esta debería ser unha páxina de desambiguación. --Xabier Cid Talk 2 me, please 10 de maio de 2021 ás 19:44 (UTC)
- @Atobar non considero atinado estender a política a outra área en base a un argumento que non foi recollido na votación, neste caso que expós, o valor/peso/fundamento do DRAG non se incluíu como argumento na votación final. Dende o meu punto de vista aceptar a duplicación en base a este argumento que ti presentas esixiría a formulación doutra proposta nova.
- @Lles é posible que sexan tamén outros títulos, presentes ou futuros. Eu non vexo claro que se poida facer a analoxía aquí cos argumentos presentados no debate. O fin último dun título é 1. permitir a recuperación áxil por parte de quen visita a wikipedia 2. Presentar de forma breve os contidos integrados nas entradas, cos que se deberían corresponder. É por iso que os títulos poden ir mudando segundo evolúen os contidos das entradas, ben pola expansión natural dos artigos, ben polo desenvolvemento dos enfoques das fontes de referencia, xa que a wikipedia é unha fonte secundaria e dependente por tanto da evolución das áreas de coñecemento e da investigación. Non acabo de ter claro que no caso das monarquías facer un cambio a priori nos títulos que os poida levar a non estar en sintonía cos contidos sexa o máis axeitado. Pero dareille unha volta. Un saúdo.-- Maria zaos (conversa) 11 de maio de 2021 ás 17:16 (UTC)
- Ola, María e Xabier. Paréceme ben o que apuntades. De feito, creo que comparto a visión de Xabier respecto a que conviría facer con este tipo de artigos, en ocasións lindeiros coas entradas do galizionario (quéreme soar que xa HombreDHojalata dixera algo non moi distinto meses atrás...). Paréceme ben tamén, e consecuente, limitar a política ao que se votou e acordou: as profesións. Eu non tería problema en facer a extensión de facto se fose por unanimidade; outramente, non. Polo demais, no caso de haber novas votacións para estender a actual política aos títulos nobiliarios, gobernantes e demais, eu en principio creo que non terei problema en optar polo desdobramento á maneira do DRAG, que para min segue a ser o único argumento en prol deste tipo de formas desdobradas nos títulos. De calquera maneira, non quero seguir dándolle corda a un asunto que para min é menor e, entendo, está sobredimensionado. --Atobar (conversa comigo) 11 de maio de 2021 ás 18:02 (UTC)
- Boas, creo que iso ten sentido se se crean os dous artigos, mais que nun artigo que fala de príncipes e princesas, que di "Un príncipe, que no feminino pasa a princesa, é un membro dunha aristocracia gobernante ou nobreza." o lóxico sería titulalo como "Príncipe, princesa". Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 15:58 (UTC)
- Pero iso sería un artigo de wikicionario, non de wikipedia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 16:06 (UTC)
- Se o criterio é eliminar os artigos dos títulos reais, que debería facerse? Unha consulta de borrado aos artigos de títulos reais? Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 18:28 (UTC)
- Pero iso sería un artigo de wikicionario, non de wikipedia. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 16:06 (UTC)
Maria zaos, para min non ten sentido aplicar criterios diferentes, se se desdobra penso que hai que desdobrar sempre, isto é aplicable a isto, aos arquetipos que sinalas no outro fío, e a todo. Non dá boa imaxe para quen consulta a Galipedia que nuns sitios diga "actor, actriz", e noutros "heroe" ou "rei" sen máis... a aparencia que dá é de falta de criterio. Considero que non querer duplicar as formas nestes outros casos é rizar o rizo porque non son profesións "al uso"... non son profesións pero son ocupacións, do mesmo xeito que debería existir o artigo (non sei se o hai) "voluntario, voluntaria" (que tampouco é unha profesión). Piquito (conversa) 11 de maio de 2021 ás 18:14 (UTC)
Paréceme absurdo distinguir profesións de títulos reais á hora de aplicar -ou non- o resultado da votación. Agora mesmo, Rei redirecciona a Monarca, pero Raíña (no significado que nos interesa) redirecciona a Rei (e desde aí a Monarca). Príncipe ten artigo propio pero Princesa redirecciona a Príncipe. Non ten sentido ningún e vai en contra do acordado e do criterio seguido polo DRAG (xa que tanto o santificades). E todo porque aquela proposta falaba de "profesións" e non de reis e raíñas; isto é "coger el rábano por las hojas", atender ó secundario esquecendo o principal. Heroe tamén ten o seu artigo, quizais porque os heroes clásicos foron sempre homes, e heroína (muller) redirecciona a Heroe. Non podo entender que insinuedes a necesidade dunha nova votación para estes casos. Pedro --Lameiro (conversa) 12 de maio de 2021 ás 21:06 (UTC)
Entendo o que dis, pero non creo estar moi de acordo. Quero dicir, entendo o que dis de que ser rei parece unha profesión, pero as razóns e a forma en como esas palabras chegan a ser artigo na wikipedia son distintas. Iso non quere dicir necesariamente que como está estea ben, senón que o camiño para solucionar os problemas que temos non me parece que sexa a reduplicación. O obxectivo debería ser que príncipe e princesa teñan artigos de seu. A situación agora non é boa. Como nos achegamos mellor a unha solución aceptable? wikipedizando os artigos ou wikicionarizándoos? A automatización dos procesos e unha regra para que un par de zapatos lle senten ben a todos os pés, é unha solución rápida, pero non me parece boa. E penso en boi, vaca, cabalo, egua, elefante, elefanta, Premio Príncipe de Asturias, premio Princesa de Asturias e moitos outros que requiren solucións específicas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 13 de maio de 2021 ás 09:39 (UTC)
Non che entendo, Xabier. Dis que "ser rei parece unha profesión, pero as razóns e a forma en como esas palabras chegan a ser artigo na wikipedia son distintas". A efectos de definir o título do artigo, ¿que máis dá ser rei que cociñeiro? ¿Por que é coherente ter un artigo para o Cociñeiro, cociñeira e non o é telo para Rei, raíña? ¿Suxires que habería que pensar borrar Príncipe ou paréceche mellor crear un artigo para Princesa? Entendo o que dis de buscar títulos inclusivos para Senado en lugar de crear Senador, senadora, pero ¿iso implica que haxa que borrar ou renomear Secretario de Estado? Seguindo o fío, Presidente redirecciona a Presidencia, pero observa que non existe a entrada Presidenta (ía escribir que "curiosamente", pero non, resulta bastante coherente con nós). E temos unha chea de artigos do tipo Presidente de XX. Semella que esta discusión está poñendo en evidencia demasiadas incoherencias na escolla de títulos na Galipedia. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de maio de 2021 ás 21:42 (UTC)
- Perdón, si que existe a entrada Presidenta, que redirixe a Presidencia. Pedro --Lameiro (conversa) 13 de maio de 2021 ás 21:44 (UTC)
Ola, Lameiro. Non dixen eu que me pareza coherente nada. Non creo que a coherencia sexa un obxectivo desexable. É coherente que teñamos artigos sobre este tema e non sobre o outro? Creo que temos que traballar cos vimbios que hai, e adecuar as decisións ás realidades, que poucas veces son exactamente iguais. Si, deberiamos ir a solucións neutras, non xenéricas, cando sexa posible; noutros casos, deberemos manter entidades separadas como eu creo que é o caso de príncipe/princesa (e eu case diría que parte, ou boa parte, dos artigos vaca e boi — a parte biolóxica é a mesma, si, pero a parte social e cultural non); noutros casos, como no dos premios Princesa de Asturias, deberemos incorporar o xénero gramatical acorde coa persoa que detenta o cargo neste momento. Non vexo isto como incoherencia, senón como coherencia no que buscamos, e distintas estratexias que adoptamos para conseguilo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de maio de 2021 ás 15:50 (UTC)
Cargos políticos
[editar a fonte]Bo día, poderiamos duplicar os títulos de artigos de cargos políticos utilizando as mesmas pautas que para os títulos das profesións? Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 10:29 (UTC) No artigo María_Chivite vexo que pode ser que se cree o artigo Senador (España) Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 10:36 (UTC)
- Ola, Lles. Eu entendo que tampouco. Dunha banda, non lle vexo moito sentido a un artigo que fose Senador, senadora de España. Creo que o artigo Senado de España é suficiente para recoller todo o que temos que dicir da xente que se ocupa diso. Quizais estea trabucado, pero non lle vexo contido enciclopédico. Entendo que o camiño é ir cara a formas non xenéricas (Senado, e non senador, senadora, senadore); tamén creo que os artigos unipersoais, como Valedora do Pobo, deben ser masculinos ou femininos ou, deuloqueira, de terceiro xénero, dependendo de quen estea á fronte da institución. Non sei se hai algo malo nesta solución que popoño... Dime como o ves? --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 15:17 (UTC)
- Ola, Xabier, eu entendo que ten lóxica ter un criterio uniforme. Se se creasen artigos para as persoas, facelos de forma duplicada. Liguei María Chivite con Senado, entón. Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 15:55 (UTC)
- Ola, Lles. Non sei ben a que te refires cun criterio uniforme. Creo que máis ou menos estamos de acordo no mesmo: que o "masculino por defecto" ten que desaparecer. Pero o camiño non é ir a fórmulas duplicadas (aínda que no das profesións, por erro ou por non haber mellor solución, foi a solución que adoptamos temporalmente). Deberiamos evitalas e atopar fórmulas manexables e neutras xenericamente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 16:02 (UTC)
- Ola, Xabier, eu deixaría aquí este fío. Se o criterio é non crear páxinas cos cargos políticos, non hai máis debate. Continúo polos fíos onde si hai páxinas en masculino. Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 18:25 (UTC)
- Si hai artigos de cargos como o de Secretario de Estado. Lles (conversa) 13 de maio de 2021 ás 12:27 (UTC)
- Ola, Lles. Non sei ben a que te refires cun criterio uniforme. Creo que máis ou menos estamos de acordo no mesmo: que o "masculino por defecto" ten que desaparecer. Pero o camiño non é ir a fórmulas duplicadas (aínda que no das profesións, por erro ou por non haber mellor solución, foi a solución que adoptamos temporalmente). Deberiamos evitalas e atopar fórmulas manexables e neutras xenericamente. --Xabier Cid Talk 2 me, please 12 de maio de 2021 ás 16:02 (UTC)
- Ola, Xabier, eu entendo que ten lóxica ter un criterio uniforme. Se se creasen artigos para as persoas, facelos de forma duplicada. Liguei María Chivite con Senado, entón. Lles (conversa) 12 de maio de 2021 ás 15:55 (UTC)
Xentilicios
[editar a fonte]Boas, facendo o artigo de Margaret Watkins pregúntome que facer con "escocesa", creo unha redirección a "escocés, escocesa"? Agora mesmo hai unha páxina de "escocés". Lles (conversa) 31 de maio de 2021 ás 16:14 (UTC)
- Ou directamente unha redirección de "escocesa" a "Escocia"? Lles (conversa) 31 de maio de 2021 ás 16:19 (UTC)
- Ola, LLes. Eu, normalmente, ligo co país. Por exemplo, ao comezo da segunda liña "canadense", a deixo ligada a Canadá. No caso, que indicas, eu poría "Escocia", ou "pobo escocés". Saúdos. MAGHOI (conversa) 31 de maio de 2021 ás 18:37 (UTC)
[[Escocia|escocesa]]
--. HombreDHojalata.conversa 31 de maio de 2021 ás 19:47 (UTC)
- Hai que ligar co país. Para outras cuestións, o Galizionario. --Atobar (conversa comigo) 1 de xuño de 2021 ás 12:08 (UTC)
Protección de datos
[editar a fonte]Por encarga de María Zaos traducín, ou revisei a tradución, dunhas 800 mensaxes que tiñamos por aí perdidas da norma de protección de datos da Wikimedia, incluíndo a norma de protección de datos dos doantes. Do que tiñamos, que era aproximadamente a metade, había algunhas cousas que estaban mal e outras que, se ben non estaban mal, non eran coherentes con outras traducións. Para que quede constancia:
- conforme a vontade que se sinala na propia norma de protección de datos, tentei que os textos fosen o máis claros e comprensibles que se puido.
- atuei as persoas usuarias (antes había cachos en que as tratabamos de vostede e outros, os menos, en que as atuabamos). Por moito que na miña vida privada amo o 'vostede', entendo que o interese da Fundación é resultar o máis accesible que se poida.
- estandaricei a tradución de "policy" e "policies" a norma, que creo que é moito máis axeitado; tamén estandaricei "privacy" a protección de datos, se ben mativen 'privacidade' co significado de intimidade nalgunha ocasión illada.
- se ben non fun estrito, tentei que a redacción das normas non empregase unicamente o masculino xenérico. Usei nalgúns casos a duplicidade de formas (un ou unha avogada) e noutros máis termos epicenos, como as persoas usuarias. Co tempo isto verase escaso, e será ben que así sexa.
Metín tres días enteiriños (unhas 30 horas) que mas vai pagar Jimmy Wales en billetes de dólar pequenos e sen marcar. Agora quédame a Norma de acceso aos datos persoais non públicos, que descubrín ao facer esta, e será o próximo que faga. Pero non vai ser nin hoxe nin mañá. Se hai máis cousas por aí que haxa que traducir, ide dicindo. --Xabier Cid Talk 2 me, please 1 de setembro de 2021 ás 05:33 (UTC)
- Xenial! Bo traballo. --Chairego apc (conversa) 11 de setembro de 2021 ás 14:20 (UTC)
- Moitísimas grazas, @Xabier Cid!!! -- Maria zaos (conversa) 19 de decembro de 2021 ás 19:49 (UTC)
Eliminación dun punto nunha política oficial sen votación
[editar a fonte]En 2013 houbo unha votación favorable para a mudanza parcial de Wikipedia:Toponimia que se pode consultar en Wikipedia:Votacións/Mudanza da norma sobre topónimos para a substitución dos puntos Toponimia de España e Toponimia doutros Países do Mundo por un único punto. Ata aí todo perfecto pero cando se fixo a modificación do texto tamén se eliminou o punto Toponimia dos concellos galegofalantes onde o galego non é oficial, e iso non se votou e que hai que asumir que foi un erro ao modificar o texto. Restaurei o texto ao non se poder modificar unha norma oficial por erro ao subtituír un texto por outro, tan só é posible esa modificación por votación, e a eliminación dese punto non se someteu a votación.--HacheDous=0 (conversa) 20 de xaneiro de 2022 ás 15:59 (UTC)
- Agora ben, o problema é o texto: "Nos concellos galegofalantes de Cáceres, polos séculos de separación destas falas do resto do territorio galegofalante, terán dobre denominación: o nome en galego normalizado xunto co nome tradicional da zona" habería que o modificar xa que si se votou a eliminación dos títulos duplos e a práctica é empregar o nome en galego normalizado. Asuminos que ese cacho se pode moficar, e substituímolo por "Os concellos galegofalantes de Cáceres terán o nome en galego normalizado" ou hai que facer nova votación. Penso que a eliminación das formas duplas implicitamente leva a empregar o nome en galego normalizado, pero non sei se o vedes así.--HacheDous=0 (conversa) 20 de xaneiro de 2022 ás 16:10 (UTC)
- Boas @HacheDous=0, deixeiche unha mensaxe na túa páxina para solicitarche un pouquiño de axuda, pero non sei se estás activo. Retomando o tema de aquí arriba, que non sei como acabou (acabo de velo, sintoo) pois habería que facer eses cambios na política e non sei tampouco se hai que votala. Poñolle aviso a @Usuario:MAGHOI porque ademais con isto pódese aproveitar a revisar as etiquetas en Wikidata dos concellos galegofalantes que entra dentro do afectado pola táboa xeografía política.Saúdos! Maria zaos (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 16:42 (UTC)
Galicia Nomeada
[editar a fonte]Compañeiras e compañeiros:
Galicia Nomeada é unha plataforma colaborativa.
Creedes que entra dentro do especificado en Wikipedia:Fontes fiables? Pregunto. --. HombreDHojalata.conversa 24 de outubro de 2023 ás 11:39 (UTC)
- (copio e pego o escrito en Conversa usuario:Regato das Tres Regueiras): eu coido que é unha fonte fiable; como explican na sección como colaborar, "Estes nomes serán supervisados polos especialistas en toponimia da RAG. Tamén se fará un contraste oral con outros colaboradores da zona e un contraste documental para comprobar a súa veracidade. Feitas as comprobacións pertinentes, serán validados e pasarán a formar parte do banco de topónimos normalizados de toda Galicia." Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 24 de outubro de 2023 ás 11:42 (UTC)
- Discordo porque xa o lera (tamén os textos promocionais dos eventos) e seméllame un texto algo ambiguo. De todos xeitos, unha cousa é o que aparentemente a web di que sucede, outra se ese funcionamento se axusta ben ás políticas da Galipedia. Onde se publica o banco de topónimos normalizados? Por unha banda, veño de ver varios topónimos en estado "validado" (quero entender que pasado o proceso que indica Estevoaei máis arriba) feitos por un mesmo contribuidor, que indica que está a verter outra fonte xa publicada (escrita por el) no proxecto. Isto faime ter dúbidas sobre ese proceso de validación en relación á política de fontes fiables/política de wikipedia non é fonte primaria. Segunda cousa: o sitio recolle explicitamente "Entidades de poboación do Nomenclátor" engadidas por nomenclátor e validadas, ver que son distintas das achegas de microtoponimia referidas a outro tipo de entidades (ver a diferenza) e que por esta razón aparecen categorizadas de xeito diferente no propio sitio web. O que non pode ser segundo ningunha política aceptable en wikipedia é que eu colla unha fonte que fala de parrulos e indique que a fonte fala de peixes porque eu que sei, eu son máis de peixes. (E ollo, os nomes dos parrulos e dos peixes poden estar perfectos, queda fóra da discusión) o primeiro é a fidelidade ás fontes; logo veremos como axustar os textos nos artigos da wikipedia ou como organizar as páxinas dentro dela. Terceira cousa, aproveito e finalizo: son eu a inútil ou o sitio está feito para non poder captar as coordenadas das entidades que indica, só visualizalas?.Graciñas! Maria zaos (conversa) 29 de outubro de 2023 ás 16:01 (UTC)
- Volvo: a miña resposta, á vista dos termos legais é que -cando menos o sitio web- se trata dunha fonte dinámica e que as sucesivas actualizacións non semella que teñan que ser comunicadas, segundo entendo eu. A letra negra é miña:
- "A Xunta de Galicia é a titular do subdominio “galicianomeada.xunta.gal” e dos distintos elementos nel incluídos.
- O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.
- [...]
- A Xunta de Galicia resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación."[1] --@Maria zaos (conversa) 29 de outubro de 2023 ás 16:50 (UTC)
- Discordo porque xa o lera (tamén os textos promocionais dos eventos) e seméllame un texto algo ambiguo. De todos xeitos, unha cousa é o que aparentemente a web di que sucede, outra se ese funcionamento se axusta ben ás políticas da Galipedia. Onde se publica o banco de topónimos normalizados? Por unha banda, veño de ver varios topónimos en estado "validado" (quero entender que pasado o proceso que indica Estevoaei máis arriba) feitos por un mesmo contribuidor, que indica que está a verter outra fonte xa publicada (escrita por el) no proxecto. Isto faime ter dúbidas sobre ese proceso de validación en relación á política de fontes fiables/política de wikipedia non é fonte primaria. Segunda cousa: o sitio recolle explicitamente "Entidades de poboación do Nomenclátor" engadidas por nomenclátor e validadas, ver que son distintas das achegas de microtoponimia referidas a outro tipo de entidades (ver a diferenza) e que por esta razón aparecen categorizadas de xeito diferente no propio sitio web. O que non pode ser segundo ningunha política aceptable en wikipedia é que eu colla unha fonte que fala de parrulos e indique que a fonte fala de peixes porque eu que sei, eu son máis de peixes. (E ollo, os nomes dos parrulos e dos peixes poden estar perfectos, queda fóra da discusión) o primeiro é a fidelidade ás fontes; logo veremos como axustar os textos nos artigos da wikipedia ou como organizar as páxinas dentro dela. Terceira cousa, aproveito e finalizo: son eu a inútil ou o sitio está feito para non poder captar as coordenadas das entidades que indica, só visualizalas?.Graciñas! Maria zaos (conversa) 29 de outubro de 2023 ás 16:01 (UTC)
- Boas. Eu concordo coa argumentación de Maria zaos, especialmente na parte final onde, malia estar baixo dependencia da Xunta, non hai garantía de fiabilidade e podemos incorrer en contradicións continuas de aceptalos. Saúdos.
___________________________ Edito: esta última resposta realizáraa eu o mesmo día. Daquela, non a asinara. Síntoo. --MAGHOI (conversa) 22 de novembro de 2023 ás 17:13 (UTC)
Referencias
- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Aviso legal". Galicia Nomeada. Consultado o 29 de outubro de 2023.
Problema en título de categorías
[editar a fonte]Boa tarde. Corrixindo uns artigos, atopei o que penso que son inconsistencias nalgunhas categorías. Como é un tema relevante, prefiro abrir unha consulta antes de comezar a mudar, compulsivamente, tódalas categorías e montar unha desfeita importante.
1.- En concreto refírome a Arquitectura. Temon un monte de páxinas de categorías que se titulan "Arquitectura de+estado, comunidade autónom, cidade" (exemplos: Categoría:Arquitectura de Angola, Categoría:Arquitectura de Armenia, Categoría:Arquitectura de España). A gran maioría son estados pero tamén hai, como digo, comunidades ou cidades.(Arquitectura de Galicia, Arquitectura do Porto, Arquitectura de Londres).
Porén, se miramos dentro de Arqutectura por comunidade autónoma, todas agás Galicia, teñen a estrutura Arquitectura en+comunidade (exemplo: Arquitectura en Andalucía, Arquitectura en Sevilla).
Isto implica que hai que chegar a algún tipo de acordo sobre as "preposicións" a empregar: Arquitectura+de ou Arquitectura+en e igualar os títulos de tódalas categorías de Arquitectura. Polo que teño visto, nas outras linguas máis próximas ou xenéricas, en inglés e francén empregan a preposición "en" e no resto (catalán, español, portugués) empregan a "de".
Se teño que escoller, eu sería partidario de igualar tódolos ámbitos (estados, comunidades, cidades) coa preposición "en", que me parece máis rigorosa e menos problemática.
2.- En Pintura non é tan lioso, pero aparece Pintura do Barroco e Pintura gótica. Eu proporía, eliminar a preposición e igualar co adxectivo. É dicir, cambiar Pintura do Barroco, por Pintura barroca.
Que opinades? MAGHOI (conversa) 23 de setembro de 2024 ás 18:21 (UTC)
- @MAGHOI Xa estiven corrixindo casos similares noutros temas, como os de historia. Eu o razoamento que fago é que Arquitectura, Historia, Pintura, etc son títulos de materias. Igual que non ten tanto sentido dicir Historia EN Galicia, tampouco me ten tanto Arquitectura EN Galicia. A arquitectura, a historia, a pintura son materias ou temas de estudo que non "están" en ningures, sen embargo, si que me parece correcto especificar Arquitectura de Galicia xa que é a Tema DE tal sitio (e non Tema EN tal sitio).
- Na miña opinión con EN da a impresión de que vai ser unha lista de monumentos arquitectónicos situados EN Galicia. Con DE da a impresión de que se está a tratar un tema dunha localización concreta.
- Saúdos! 81.39.217.168 23 de setembro de 2024 ás 18:55 (UTC)
- MAGHOI, no meu caso, eu concordo con poñer a preposición "en", tamén creo que é máis rigorosa. Polo que respecta á arte, eu opino todo o contrario, poría "Pintura do Barroco" (do mesmo xeito coa música), xa que é a pintura dun período concreto. Na mesma liña eu categorizaría categorías como "Pintura do Barroco español", que é un concepto da história da arte, e non "Pintura do Barroco en España". De todos xeitos, en historia da arte adoita usarse "pintura gótica", porque é un estilo e non un período (que sería a pintura da Idade Media), así que se cadra non é factible uniformar, a min dende logo neste caso non me parece relevante como no caso da arquitectura. Un saúdo, Piquito (conversa) 23 de setembro de 2024 ás 19:08 (UTC)
A min dáme o mesmo en ou de, pero o certo é que se observa unha falta de coherencia evidente. O problema que vexo é que mudar cara unha preposición ou outra vai ser un chollo negro. ¿Hai forma de saber que solución daría menos traballo? Hai tempo atopei o mesmo problema no caso dos "Refraneiro galego da" vaca, da muller, da chuvia, fronte ós "Refraneiro galego sobre" o pan, o can, o porco, etc, pero deume moita pereza meterlle man. Pedro --Lameiro (conversa) 23 de setembro de 2024 ás 19:44 (UTC)
Repasando os distintos casos, está claro que o que observa @MAGHOI e propón unificar es algo evidente, que reflicte unha falta de coherencia interna que debemos corrixir: non podemos ter:
- Arquitectura en: Roma, Pamplona, Nova York, California, Ourense, Redondela...
- Arquitectura no: País Vasco...; na: Comunidade Valenciana...
- Arquitectura de: Portugal, Alemaña, Bulgaria, España, Galicia ... de Galicia por cidade, de Galicia por período histórico.
- Arquitectura do: Porto, Brasil...; dos Estados Unidos...; da China, Roma Antiga ...
Non nos metamos -por agora- noutras situacións, que nos despistamos do prinicipal. Tempo haberá para discutir outros casos, como pintura, escultura... ou cultura popular. Pola miña banda, concordo con Maghoi na opción en (coas variantes na Coruña, no País Vasco ou nos Estados Unidos, por exemplo, pero non *na China nin lusismos semellantes). Pedro --Lameiro (conversa) 24 de setembro de 2024 ás 15:22 (UTC)
Curto de máis
[editar a fonte]Boas, eu quería poñer en cuestión a expresa necesidade de que os artigos teñan que ser grandes. Eu vexo que teñen razón de ser artigos enciclopédicos curtos que reúnan a información esencial sen máis. Pásame, por exemplo co artigo https://gl.wikipedia.org/wiki/Carta_a_unha_profesora. Unha vez que está dita a súa temática, que hai unha tradución ao galego... nun libro que non ten entrada na Wikipedia en italiano, penso que o importante está dito e que meter máis información non ten sentido. A EGU ten artigos así. Vós como o vedes? Un saúdo, Lles (conversa) 8 de outubro de 2024 ás 19:03 (UTC)
- Para min o problema non é que un artigo sexa curto de seu. O problema son os artigos de lugares, feitos, persoas... ben coñecidos con dúas ou tres liñas, para ter un artigo de París, Castelao ou as guerra púnicas, por poñer exemplos evidentes, dun só parágrafo mellor non ter nada.--HacheDous=0 (conversa) 8 de outubro de 2024 ás 19:48 (UTC)
- Nalgunha ocasión xa dixen que eu prefiro poñer nos artigos pequenos "en progreso" en lugar de "curto de máis". É certo que dalgúns libros se pode facer toda unha tese de doutoramento sobre eles falando da temática, estilo do autor, importancia na literatura, contexto histórico, desenvolvemento de cada capítulo etc. Pero non todos os libros son El Quijote, por poñer un exemplo. Hai miles de libros de autores famosos, algúns son obras pequenas ou non están entre as obras mestras da literatura mundial ou, incluso, hai menos información sobre eles. O mesmo ocorre en bioloxía, que son as páxinas que fago eu, por exemplo con algún insecto, que non é famoso por producir pragas, doenzas ou non fai nada vistoso nin especial digno de mencionar, pero que está ben situalo coa súa caixa taxonómica de datos e un parágrafo que diga quen é; iso si, poñendo "artigo en progreso". Xeralmente eses artigos son curtos en todas as wikipedias. No caso que di HacheDous=0 de artigos sobre París, as guerras púnicas etc. pode ter sentido o de artigo curto de máis, pero en moitos outros artigos non.--Miguelferig (conversa) 8 de outubro de 2024 ás 19:53 (UTC)
Fun eu quen puxen o marcador. O motivo foi que o artigo era un copia-pega de dúas liñas doutro artigo, sen incluír información básica sobre o libro, como quen o escribiu e cando se publicou. De feito, para min, o tema non merece artigo de seu. A información pode estar (e xa estaba) no artigo matriz "Escola de Barbiana". A propia Wikipedia en italiano non lle dedica artigo propio ao libro, ningunha Wikipedia o fai. Porén, se se fai un artigo do libro, hai que indicar o básico, quen o escribiu e cando se publicou, polo menos. Habería que cubrirlle, tamén, a ficha en Wikidata (d:Q65275879)--. HombreDHojalata.conversa 13 de outubro de 2024 ás 10:46 (UTC)
- Por certo, calquera que teña algo de experiencia por aquí, sabe que os marcadores "en progreso" nunca serviron para nada en absoluto nesta Wiki. Non teñen ningunha función nin utilidade. Temos máis de 10 000 artigos marcados "en progreso", que non están en progreso ningún. --. HombreDHojalata.conversa 13 de outubro de 2024 ás 10:52 (UTC)
- Ben, se non están progresando é porque non hai editores suficientes interesados nese artigo ou ás veces porque hai pouca información sobre el. Todas as wikipedias teñen miles de artigos en progreso. Grazas a eles a Galipedia ten 10.000 artigos máis cunha información básica sobre un ítem, que doutro modo non existirían, aínda que a información sexa polo momento insuficiente. En canto ao libro mencionado, é un libro traducido ao galego que pode merecer ter un artigo, iso é subxectivo.--Miguelferig (conversa) 13 de outubro de 2024 ás 16:37 (UTC)
Non dubido da pertinencia dos 10000 artigos de marras, o que afirmo, categoricamente e con coñecemento do que falo, é a nula utilidade do(s) marcador(es) "en progreso" (concretamente todos estes: Categoría:Marcadores de mantemento en progreso). Na wiki en lingua castelán foi erradicado hai moitos anos (es:Wikipedia:Consultas de borrado/Plantilla:Esbozo).
Sobre o libro en cuestión, como dixen, o que dixen é unha opinión persoal, sen máis, afastada do que é o fondo da cuestión. --. HombreDHojalata.conversa 14 de outubro de 2024 ás 13:15 (UTC)