Juana de Vega
Juana María de la Vega Martínez y Losada, Juana de Vega, condesa de Espoz y Mina, nada na Coruña o 7 de marzo de 1805 e finada na mesma cidade o 22 de xuño de 1872, foi unha escritora galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de marzo de 1805 A Coruña, España |
Morte | 22 de xuño de 1872 (67 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | cemiterio de Santo Amaro da Coruña |
Ficheiro:Royal Greater Coat of Arms of Spain (1761-1868 and 1874-1931) Version with Golden Fleece and Order of Charles III Collars.svg, Coat of Arms of Infanta Luisa Fernanda of Spain, Duchess of Montpensier.svg Aia Isabel II de España, Luísa Fernanda de Bourbon (pt) | |
xullo de 1842 – 1843 | |
Camareira maior de palacio | |
1842 – 1843 – Joaquina Téllez-Girón, Marquise of Santa Cruz (en) → | |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Francisco Espoz y Mina |
Premios | |
| |
Sitio web | juanadevega.org… |
Traxectoria
editarNada no seo dunha familia liberal e ilustrada, filla de Juan Antonio de la Vega e de María Josefa Martínez. Moi pronto tivo á súa disposición un profesor que a instruíu en letras e humanidades.
O 25 de decembro de 1821 casou por poderes co xeneral Francisco Espoz y Mina na súa casa paterna, na rúa Real. O seu marido foi unha das figuras máis relevantes da Guerra da Independencia, alcanzando o grao de Mariscal de Campo en 1812.
O regreso de Fernando VII obrigou a Mina a exiliarse. Volveu en 1820, mais foi obrigado a exiliarse novamente en 1823 pola chegada dos Cen Mil Fillos de San Luís en apoio de Fernando VII. En 1825 Juana de Vega reuniuse co seu home en Gran Bretaña onde permaneceron ata o seu regreso a España en 1833.
Falecido Espoz y Mina en 1836, o goberno outorgou á súa viúva o título de condesa de Espoz y Mina. En 1837 Juana de Vega regresou á Coruña, instalándose na súa casa da rúa Real. Os seus salóns convertéronse no punto de reunión da sociedade liberal coruñesa e de persoas notábeis que pasaban pola cidade.
De xullo de 1841 a xullo de 1843, durante a rexencia de Espartero, desempeñou o cargo de aia da futura raíña Isabel II e da súa irmá a Infanta Luísa Fernanda, así como Camareira Maior. Nesta época foi cando escribiu a Historia Interior de Palacio.
Deposta dos seus cargos, entregou as memorias do seu home ao Congreso dos Deputados e regresou á Coruña onde continuou a súa destacada influencia na vida social e política desa cidade, convertendo os seus salóns, novamente, en centro de reunións liberais.
Entre 1845 e 1846 intentaron implicala na conspiración contra Ramón María Narváez e controlar a súa correspondencia sen éxito, pois debido ao papel que desempeñaba como contacto co estranxeiro crérona responsábel da sublevación.
En 1851 comezaron a publicarse as Memorias del General Francisco Espoz y Mina, redactadas e preparadas pola súa muller, cinco volumes que se remataron de publicar en 1852. Ese mesmo ano escoitou tocar a Pablo Sarasate nunha sesión privada e conseguiu que tocase en público uns días despois no Círculo de Artesanos. Converteuse na súa protectora e sufragoulle todos os gastos dos seus estudos en Madrid. Na súa lembranza, Sarasate dedicoulle en 1882 a súa primeira composición, A miña primeira inspiración, unha mazurca.
Durante 1853 e 1854 sufríronse importantes epidemias de peste e cólera na Coruña e o alcalde Juan Flórez pediulle a Juana de Vega que, como presidenta da Asociación de Señoras, se fixese cargo da dirección e mantemento do hospital provisional que se habilitou, así como de acoller baixo a súa tutela o novo hospicio.
En novembro de 1854 recibiu unha carta do Presidente do Consello de Ministros, o xeneral Espartero, onde se lle ofrecía o título de Duquesa da Caridade con Grandeza de España. En xaneiro de 1856, a raíña nomeouna viceprotectora dos establecementos de Beneficencia da Coruña. Pese a todas as distincións e respecto do que gozaba, sempre se mostrou humilde e afastada das festas de sociedade, non facendo gala dos seus títulos e dedicando a súa vida á axuda dos necesitados.
En 1868 coincidiu con Concepción Arenal en protestar publicamente cando o Goberno prohibiu as Conferencias da Congregación de San Vicente de Paúl, ou nas peticións de indulto para os condenados a morte. Fundou con ela un padroado de señoras para a visita e ensino dos presos. Coincidiu tamén con Concepción Arenal na necesaria difusión en Galicia de temas agrícolas, base do desenvolvemento do país naquela época. O seu grande anhelo era a creación dunha escola teórico-práctica de agricultura, na casa que posuía en San Pedro de Nós.
Morreu na súa casa da Coruña o 22 de xuño de 1872. En 1873 constituíuse a fundación que leva o seu nome con sede na súa casa de Oleiros. O concello da Coruña deulle o seu nome a unha rúa da cidade en 1876.[1]
Obras
editarNa literatura
editar- As malas mulleres de Marilar Aleixandre novela parte da súa actividade política xunta a Concepción Arenal.[2]
Notas
editar- ↑ García López, Alfonso (2009). Calles con historia (en castelán). Espacio Cultura Editores. ISBN 978-84-938089-1-4.
- ↑ "As malas mulleres". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-11-23.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juana de Vega |
Bibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán). Bibliófilos Gallegos.
- Durán, José Antonio (2005). Juana de Vega, la gran dama del primer progresismo español. Taller de Ediciones.
- Fernández Teixeiro, Manuel María (2016) [1974]. Abril de lume e ferro (Obra de teatro) (2 ed.). Fundación Manuel María de Estudos Galegos. ISBN 978-84-944417-5-2.
- Marco, Aurora (2007). Dicionario de Mulleres Galegas [Das orixes a 1975]. Edicións A Nosa Terra. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Rodríguez Maneiro, M. (2003). Juana de Vega, entre Acevedo y San Pedro de Nos : vida y obra de una mujer ejemplar. Trifolium. El Taller de Juan. Iñás Oleiros.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Biografía na páxina da Fundación Juana de Vega Arquivado 02 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
- Biografía escritoras.com (en castelán)
- García López, Emilia (2008). "Juana de Vega". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Vidas Contadas en Radio Nacional de España (en castelán).