Licenza de documentación libre de GNU
Aparencia
(Redirección desde «GNU FDL»)
A Licenza de documentación libre de GNU (GNU Free Documentation License, GFDL) é unha licenza copyleft para contido libre. Foi creada pola Free Software Foundation (FSF, "Fundación para o software libre") para o proxecto GNU.
Esta licenza foi deseñada para a documentación do software e outros documentos de axuda. A licenza estipula que calquera copia dos documentos, inclusive se é modificada, sempre levará a mesma licenza. Os documentos poden ser vendidos, pero sempre se facilitará a forma de poderen ser editados.