Saltar ao contido

Djalminha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Djalma Feitosa Dias»)
Modelo:BiografíaDjalminha

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento9 de decembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Santos, Brasil Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso69 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata - 2004 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaBrasil Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1989–1993   Clube de Regatas do Flamengo 95(20)
1993–1995 Guarani Futebol Clube 33(15)
1994–1994 cesión Shimizu S-Pulse 11(4)
1996–1997 SE Palmeiras 22(12)
1997–2004   Deportivo da Coruña 137(38)
2002–2003 cesión Fußballklub Austria Wien 10(2)
2004–2004 Club América 5(1)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1996–2002   Brasil 14(5)
Familia
PaiDjalma Dias Editar o valor en Wikidata

FIFA: 178109 Editar o valor en Wikidata

Djalma Feitosa Dias, coñecido como Djalminha, nado en Santos o 9 de decembro de 1970, é un exfutbolista brasileiro. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección brasileira.

Dotado cunha gran técnica e creatividade foi famoso polos seus caneos e a espectacularidade do seu xogo. Iniciouse no Flamengo, e en 1996, militando no Palmeiras, foi elixido mellor xogador do Campionato Brasileiro. De aí pasou ao Deportivo da Coruña, onde xogou durante sete tempadas, contribuíndo na conquista no ano 2000 da primeira e única liga do club galego, así como da Copa do Rei de 2001 e dúas Supercopas, e converténdose nun ídolo para a afección.[1][2][3]

Foi 14 veces internacional coa selección brasileira, coa que conquistou a Copa América en 1997. É fillo de Djalma Dias, un dos mellores defensas brasileiros dos anos 60, e tamén internacional coa selección brasileira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Djalma Dias, Djalminha naceu en Santos en 1970, no momento en que seu pai xogaba no Santos FC de Pelé, e criouse no Río de Xaneiro.[4] Sendo neno asistía aos partidos de exhibición do equipo de veteranos de seu pai, o Milionários FC, no que xogaban vellas glorias como Garrincha, Djalma Santos, Edu ou Zé Maria.[5][4]

Flamengo (1985-1993)

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando ao fútbol sala aos 10 anos, pasando logo ao terreos de herba.[6] Formouse nas categorías inferiores do Flamengo, e con 16 anos foi chamado por Pelé para completar unha selección de veteranos na que xogaba seu pai. Pelé, que era o adestrador, gabou as súas habilidades.[7][4]

Debutou co primeiro equipo do Flamengo en 1989 nun partido do Campionato Carioca fronte ao America do Río de Xaneiro, o primeiro equipo de seu pai.[8] Ao ano seguinte foi noticia polas súas actuacións co equipo júnior na Copa São Paulo júnior ou "Copinha", o torneo sub-20 máis importante do Brasil. No partido contra o Corinthians marcou 5 dos 7 goles do seu equipo, e na final no Pacaembu contra o CA Juventus deulle a Júnior Baiano a asistencia para facer o gol da vitoria e gañar o torneo.[9][4]

Tamén en 1990 conquistou co primeiro equipo a Copa do Brasil, xogando en seis dos dez encontros do torneo.[4]. En 1991 o equipo comezou a xogar no formato táctico co que gañarían o Campionato Brasileiro ao ano seguinte, con Gaúcho centralizado na área como referencia no ataque e dous puntas: Marcelinho Carioca ou Paulo Nunes na dereita, e Nélio ou Djalminha na esquerda.[10][11] O equipo dirixido por Carlinhos derrotou ao Botafogo na final, xogando Djalminha uns minutos na segunda parte do partido de volta.

En abril de 1993 marcou o sétimo dos 8 goles do seu equipo fronte ao Minervén FC na Copa Libertadores, nunha das maiores goleadas da historia da competición.[12][13]

O seu último partido co Flamengo foi en xullo de 1993, nunha derrota por 3-2 contra o Fluminense en Niterói. Nun momento de encontro comezou unha pelexa co seu compañeiro de equipo Renato Gaúcho, abandonando ambos o terreo de xogo para continuar a pelexa fóra.[14] Debido a este incidente, que non era o primeiro deste tipo, Djalminha foi expulsado do club.[4][15]

Guarani (1993-1995)

[editar | editar a fonte]

Do Flamengo pasou ao Guarani, onde xogou unha tempada sendo o gran creador do equipo, a pesar deste contar con outros bos xogadores como Zanata, Edu Marangon ou o seu compañeiro nas categorías inferiores do Flamengo, Fábio Augusto. En 1993 recibiu a Bola de Prata, premio entregado aos once mellores xogadores do ano no Brasil.

Paso polo Xapón (1994)

[editar | editar a fonte]

En 1994 saíu cedido ao Shimizu S-Pulse xaponés. Con todo, non se adaptou á vida no país asiático e volveu o mesmo ano a Campinas.

Regreso ao Guarani (1994-1995)

[editar | editar a fonte]

No seu regreso ao Guarani formou un famoso trío na historia do club, creando xogadas e marcando goles xunto ás dúas revelacións do equipo, Amoroso e Luizão, e acabando como terceiros clasificados no Brasileirão.[4] Deixou o club en 1995, cun balance total de 47 goles en 96 partidos.

Ademais, mentres xogaba no Guarani popularizou no país o lanzamento dos penaltis ao "estilo Panenka", o estilo inventado case dúas décadas antes por Antonín Panenka. O seu primeiro gol profesional con esta técnica foi nun partido contra o Internacional de Porto Alegre, no que bateu ao porteiro arxentino Sergio Goycochea.[16] Continuou lanzando penaltis deste xeito ao longo de toda a súa carreira futbolística, a pesar do desacordo dalgúns adestradores.[17]

Palmeiras (1996-1997)

[editar | editar a fonte]

Na tempada 1996 chegou xunto a Luizão ao Palmeiras, na cidade de São Paulo. O equipo, dirixido por Vanderlei Luxemburgo e con xogadores como Cafú, Cléber, Müller, Amaral, Flávio Conceição e Rivaldo, comezou a tempada marcando 13 goles nos dous primeiros partidos do Campionato Paulista, un preludio do que sería a tempada. O equipo verde completou un campionato para a historia, rematando en primeira posición con 83 puntos (récord aínda non superado), 28 máis que o segundo clasificado, o São Paulo. Marcaron a cifra récord de 102 goles en 30 partidos, 15 deles anotados por Djalminha.[18]

O xogador realizou tamén grandes actuacións no Campionato Brasileiro, e foi galardoado coa Bola de Ouro ao mellor xogador do campionato. Xogou tamén a final da Copa do Brasil, perdendo fronte ao Cruzeiro.[19] Xogou no Palmeiras ata mediados de 1997, proclamándose subcampión do Campionato Paulista dese ano e pechando a súa etapa no club pauleiro con 50 goles en 90 partidos.[4]

Deportivo da Coruña (1997-2004)

[editar | editar a fonte]

Chegada e primeiros anos (1997-1999)

[editar | editar a fonte]

En xullo de 1997 despois de semanas de especulacións, rumores e ofertas de varios equipos, anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña.[20] O custe do traspaso foi duns 1500 millóns de pesetas, o máis caro da historia do club naquel momento, e o xogador asinou por cinco anos.[21][22] Chegou á Coruña xunto a Luizão e alí encontrouse con outros compañeiros seus do Palmeiras como Flávio Conceição e Rivaldo (aínda que este último marcharía ao mes seguinte para o FC Barcelona), así como co adestrador Carlos Alberto Silva, co que coincidira no Guarani.[23][20]

Foi no club galego onde desenvolveu o seu mellor xogo, converténdose nun ídolo para a afección branquiazul debido ás súas espectaculares xogadas, caneos e goles. Debutou co Deportivo o 2 de agosto nun partido amigable fronte ao Racing Vilalbés na Magdalena, que rematou 1-13 favor dos branquiazuis.[24] Marcou o seu primeiro gol cinco días despois noutro amigable fronte ao Sevilla no Sánchez Pizjuán.[25] Foi de penalti e o seu lanzamento "ao panenka" sorprendeu ao porteiro, Juan Carlos Unzué.[22] Na semana seguinte gañou co equipo o Trofeo Teresa Herrera, sendo elixido mellor xogador do torneo.[26] Os dous partidos deste torneo fronte a Vasco da Gama e PSV foron os dous únicos encontros que Djalminha e Rivaldo xogaron xuntos no Deportivo.

A súa estrea en partido oficial produciuse na primeira xornada da liga 1997/98 fronte ao CD Tenerife e anotou o seu primeiro gol oficial dúas semanas despois, o 16 de setembro, na derrota na Copa da UEFA por 1-2 fronte ao Auxerre en Riazor.[27][28] O seu primeiro gol en liga chegou 11 días despois, na xornada 4 fronte ao Racing de Santander en Riazor. Foi tras un penalti de Nelson Abeijón sobre Manjarín que Djalminha transformou "ao Panenka".[8] Só un par de minutos despois foi expulsado por darlle unha labazada a Abeijón, sendo este o primeiro dos sete cartóns vermellos que recibiu como xogador do Deportivo, cifra só superada na historia do club coruñés polo marroquí Noureddine Naybet.[29]

Sufriu algunhas lesións leves durante o seu primeiro ano en Galicia, unha delas ocorrida tras unha dura entrada de Alexander Mostovoi, centrocampista do Celta de Vigo co que protagonizaría unha coñecida rivalidade durante os seguintes anos.[30] Pechou a tempada cun total de 31 partidos entre as tres competicións, todos eles como titular, e 10 goles anotados. As súas actuacións, en solitario ou asociado con Fran, foron determinantes para lograr varias vitorias.[31] Con todo, o equipo rematou nunha discreta 12ª posición e eliminado da UEFA na primeira rolda. Na tempada seguinte, chegou ao banco o irundarra Javier Irureta, co que Djalminha perdeu protagonismo, chegando a caer da titularidade a metade de tempada.[32] Rematou a tempada con 9 goles en 35 partidos, acabando o equipo en sexta posición na liga e caendo nas semifinais da Copa do Rei fronte ao Atlético de Madrid.

Explosión e título de liga (1999-2001)

[editar | editar a fonte]

A tempada 1999/00 comezou cunha vitoria por 4-1 sobre o Alavés con tres goles de Roy Makaay e un de Djalminha, unha dupla que sería moi prolífica durante o ano.[4] O Deportivo rematou a primeira volta como líder do campionato de liga, con 7 goles de Djalminha, que marcou ademais outros dous na Copa da UEFA. En decembro protagonizou un recordado derbi galego co Celta de Vigo en Riazor, onde tras xogar un gran partido foi expulsado case ao final do encontro por lle dar un lapote na caluga a Mostovoi, co que mantivera un enfrontamento durante todo o partido.[33] En febreiro marcou de falta directa un dos cinco goles do seu equipo na histórica vitoria por 5-2 sobre o Real Madrid en Riazor, onde Djalminha realizou unha destacada actuación. É especialmente lembrado un pase a Víctor cunha lambretta por riba da defensa branca.[34][35] Un mes despois, nos oitavos de final da Copa da UEFA fronte ao Arsenal en Highbury, anotoulle ao histórico porteiro inglés David Seaman un gol de penalti ao Panenka, o segundo que marcaba ese ano na competición europea dese xeito, despois de facer o mesmo fronte ao Montpellier na primeira rolda.[36] Con todo, foi expulsado só uns minutos despois por unha lea con Gilles Grimandi e o equipo coruñés acabou goleado por 5-2.[37]

Na antepenúltima xornada de liga fronte ao Real Zaragoza en Riazor anotou cun gran disparo o 2-1 que lle daba momentaneamente o título de liga ao Deportivo. Pero celebrando o gol quitou a camisola, sendo inmediatamente expulsado por Iturralde González, e deixando con 10 ao equipo, que pouco antes do final recibiría o gol do empate.[8] Finalmente na derradeira xornada o equipo venceu ao Espanyol proclamándose por primeira e única vez na súa historia campión de liga.[38] Djalminha acabou con 10 goles na liga e 3 na UEFA.

Comezou a tempada 2000/01 gañando a Supercopa de España fronte ao Espanyol, tras rematar 0-0 no partido de ida e 2-0 no de volta, cun gol seu e outro de Diego Tristán.[39] Unha lesión no inicio da liga impediulle estar presente no debut do Deportivo na Liga de Campións. O brasileiro xogou o seu primeiro partido en dita competición o 18 de outubro no empate 1-1 contra a Juventus de Turín, callando unha grande actuación.[40] En novembro xogou un dos seus mellores partidos co Deportivo no derbi fronte ao Celta en Riazor, deixando un repertorio de xogadas habilidosas e marcando o gol da vitoria ao bater a Pinto tras desfacerse da marcaxe de Yago Yao cun toque de calcaño ao balón.[8] En febreiro de 2001 anotou un novo penalti "ao Panenka", esta vez fronte a Iker Casillas facendo o empate fronte ao Real Madrid na Coruña (2-2), e un mes despois repetiu a mesma xogada no estadio de San Siro fronte a Sebastiano Rossi, porteiro do Milan, no gol que lle daba ao equipo galego o pase a cuartos de final da Liga de Campións.[41][42] Anotou un gol máis fronte ao Leeds en cuartos, pero o equipo quedou eliminado, mentres que na liga rematou subcampión. Pechou a tempada con 10 goles en liga e 3 na Liga de Campións.

Baixada de rendemento (2001-2002)

[editar | editar a fonte]

Na seguinte tempada, na que o seu equipo se proclamou campión da Copa do Rei no coñecido como "Centenariazo" fronte ao Real Madrid, o rendemento de Djalminha baixou, comezando a tempada cunha nova lesión,[43] perdendo a titularidade ante as grandes actuacións de Juan Carlos Valerón e marcando só 3 goles en 32 partidos. Ademais a súa relación con Javier Irureta deteriorouse aínda máis, chegando a darlle unha cabezada ao técnico vasco durante unha discusión nun adestramento en Acea de Ama.[44]

Cesión ao Austria de Viena (2002-2003)

[editar | editar a fonte]

Debido aos seus problemas no Deportivo foi cedido na tempada 2002–03 ao Austria de Viena, cunha opción de compra.[45] O equipo acabou gañando a Bundesliga austríaca pero Djalminha xogou só 10 partidos de liga e dous de UEFA, marcando 3 goles. En marzo o club deixou de convocar ao xogador e anunciou que a cesión se remataría en xuño por "non cumprir as expectativas do adestrador", o alemán Christoph Daum.[46]

Última tempada na Coruña (2003-2004)

[editar | editar a fonte]

En maio de 2003 obtivo a nacionalidade española, e dispúxose a xogar unha nova tempada no Deportivo da Coruña. Con todo, nunha tempada na que tivo de novo problemas físicos apenas contou para Irureta, disputando só 10 partidos de liga e 3 de Copa, case todos entrando como suplente, e xogando só un par de minutos na Liga de Campións, ao substituír a Valerón no tempo de desconto na histórica vitoria por 4-0 sobre o Milan de Ancelotti, que clasificaba ao equipo galego para semifinais.[47] En abril de 2004 marcou o seu último gol co Deportivo, fronte ao Real Valladolid de penalti, e dúas semanas despois xogou o seu último partido no club, na vitoria por 2-0 contra o Real Madrid. Anotou un total de 50 partidos co equipo branquiazul en 186 partidos oficiais.

Club América e retirada (2004)

[editar | editar a fonte]

En maio de 2004 desvinculouse do Deportivo, co que lle quedaba un ano de contrato, e pouco despois foi contratado polo Club América mexicano, adestrado por Oscar Ruggeri. Xa no seu debut conseguiu marcar, pero algunha lesión e a falta de motivación fixeron que decidira colgar as botas despois de xogar só cinco partidos.[6]

Selección nacional

[editar | editar a fonte]

Djalminha foi convocado por primeira vez para a selección brasileira en 1996, debutando en outubro nun partido amigábel contra Lituania. Marcou o seu primeiro gol como internacional no seu segundo partido, un mes despois, nun amigábel contra o Camerún.[48] Entrou na lista de convocados de Mário Zagallo para a Copa América de 1997, que acabou conquistando o equipo brasileiro, onde destacaban os dianteiros Ronaldo e Romario. Xogou tres partidos durante o torneo e marcou dous goles, o primeiro deles no primeiro partido da fase de grupos e o segundo na vitoria por 7-0 sobre o Perú en semifinais. Con todo, quedou ás portas de disputar o Mundial de 1998 pois quedou fóra da convocatoria de Zagallo para a cita mundialista, ao igual que lle ocorrera a seu pai Djalma no Mundial de 1970, tamén con Zagallo como seleccionador.[49][4]

En 2002 xogou coa selección varios amigábeis de preparación para a Copa do Mundo de Corea do Sur e o Xapón,[50] pero tras a cabezada a Irureta en Acea de Ama en maio, imaxes que tiveron unha gran repercusión no Brasil, o técnico Luiz Felipe Scolari decantouse por Kaká para o seu posto.[4][44]

Xogou un total de 14 partidos coa selección brasileira e marcou 5 goles.

Tras a retirada (2006-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Fútbol indoor (2006-2014)

[editar | editar a fonte]

Tras a súa retirada do fútbol foi impulsor do fútbol indoor, e formou parte da selección brasileira que gañou en 2006 o primeiro campionato mundial organizado para este deporte, sendo o máximo goleador do torneo e elixido mellor xogador.[51] Disputou tamén co Brasil a Superliga de 2010, entre seleccións de América.

Xogou durante anos no equipo de fútbol indoor do Flamengo, conquistando en catro ocasións o Campionato Brasileiro de Showbol, en 2009, 2010, 2012 e 2013, sendo ademais o máximo goleador nesas catro edicións, así como na de 2014, na que o Flamengo rematou cuarto. Marcou máis dun cento de goles no total das diferentes edicións da competición. Ademais, tamén co Flamengo, gañou tres veces o Campionato Carioca de Showbol e dúas o Torneo Rio-São Paulo de Showbol, mentres que no 2012 disputou o Campionato Paulista de Showbol co Guarani.

Tamén xogou no equipo de veteranos do Deportivo da Coruña de fútbol indoor, equipo co que gañou dous Campionatos de Liga en 2008 e 2010, e dúas Copas de España nos mesmos anos.[52][53][54][55]

Comentarista de televisión (2015-actualidade)

[editar | editar a fonte]

Dende 2015 é comentarista de televisión na canle ESPN Brasil.[6][4]

É fillo de Djalma Dias, un dos mellores defensas brasileiros dos anos 60, e internacional coa selección brasileira. É ademais sobriño segundo de Carlos Alberto Torres, capitán da selección brasileira que conquistou o Mundial de 1970, e curmán segundo de Carlos Alexandre Torres, tamén internacional co Brasil.[56][57]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Palmeiras

[editar | editar a fonte]

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Austria de Viena

[editar | editar a fonte]

Club América

[editar | editar a fonte]

Selección do Brasil

[editar | editar a fonte]

Distincións individuais

[editar | editar a fonte]

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

Internacional

[editar | editar a fonte]
Ano Apps Goles
1996 3 1
1997 7 3
1998 0 0
1999 0 0
2000 2 0
2001 0 0
2002 2 1
Total 14 5
  1. "Yo jugué con Djalminha: "Darle alguna buena tarascada era la única forma de que no te humillase"". Marca (en castelán). 30 de xuño de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  2. Gómez, Pablo (27 de febreiro de 2005). "Un alquimista sin término medio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  3. "Djalminha defende dribles de Neymar, e escolheria o brasileiro no lugar de Messi e CR7" (en portugués). 14 de outubro de 2016. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  4. Saltar a: 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 4,10 4,11 "Craque imortal - Djalminha" (en portugués). 16 de marzo de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2021. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  5. "Milionários, os Globetrotters do futebol brasileiro" (en portugués). 13 de febreiro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2020. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  6. Saltar a: 6,0 6,1 6,2 Viel, Ricardo. "Djalminha: «Hoy hay menos calidad que en mi época»". Revista Líbero (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  7. "Magazine Fútbol Táctico: Entrevista a Djalminha, el crack que descubrió Pelé" (en castelán). 9 de marzo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  8. Saltar a: 8,0 8,1 8,2 8,3 B.T., L. (9 de decembro de 2020). "Oito veces que Djalminha fixo maxia nun campo de fútbol". La Voz de Galicia. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  9. "Flamengo dos sonhos fez 7 a 1 no Corinthians na Copinha há 26 anos". ESPN (en portugués). 23 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2020. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  10. "Meninos ganham campeonatos" (en portugués). 15 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 8 de xullo de 2010. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  11. "Flamengo 1990-1992" (en portugués). 16 de outubro de 2019. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  12. "El 8-0 de River a Wilstermann y otras goleadas de escándalo en la Libertadores" (en castelán). 21 de setembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  13. Vinicius Freitas (1 de setembro de 2019). Djalminha vs Minervén: Copa Libertadores 1993 (Youtube). 
  14. Leonardo Farias (24 de xuño de 2013). Renato Gaúcho briga com Djalminha - FlaxFlu 1993 (Youtube). 
  15. Melo, Adriano (5 de abril de 2017). "Djalminha e a geração rubro-negra que encantou outras torcidas" (en portugués). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  16. Sierra, Alberto P. (9 de decembro de 2016). "Djalminha, 47 años de talento y descaro brasileño". As (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  17. "Precursor, Djalminha comenta falhas e revela guia de como não errar 'cavadinha' em pênalti" (en portugués). 30 de agosto de 2012. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  18. "El gran Palmeiras de los 90" (en castelán). 7 de abril de 2018. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  19. "Palmeiras 1996" (en portugués). 9 de agosto de 2018. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  20. Saltar a: 20,0 20,1 Hermida, Xosé (12 de xullo de 1997). "El Deportivo anuncia el finchaje de Djalminha por 1.500 millones". El País (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  21. "Djalminha firmó ayer su traspaso al Dépor para las próximas cinco temporadas". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 1997. p. 58. 
  22. Saltar a: 22,0 22,1 "Djalminha promete más goles tras abrir su cuenta en Sevilla". La Voz de Galicia (en castelán). 9 de agosto de 1997. p. 51. 
  23. Bouzas, Fabián (24 de abril de 2018). "«O Dépor é grande»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  24. "Festival de goles para empezar". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de agosto de 1997. p. 54. 
  25. "Repaso a la pizarra de Silva". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1997. p. 51. 
  26. "El mejor del torneo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de agosto de 1997. p. 38. 
  27. "El Dépor se asfixia". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de setembro de 1997. p. 60. 
  28. "Deportivo-Auxerre 1997". uefa.com (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  29. Candal, Rocío (24 de xuño de 2016). "Los 10 jugadores con más tarjetas rojas en la historia del Dépor" (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  30. "Las sanciones y lesiones acosan a Djalma". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de outubro de 1997. p. 21. 
  31. "Djalma: "No hay nadie que entre sin ganas al campo"". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de xaneiro de 1999. p. 52. 
  32. "Estoy en forma y quiero jugar, pero no tengo nada que demostrar". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de febreiro de 1999. p. 52. 
  33. "Djalma y Mostovoi intimaron". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de decembro de 1999. p. 58. 
  34. Movistar+ (27 de abril de 2017). Fiebre Maldini: El Súper Depor de Djalminha (Youtube). 
  35. "La “lambretta” de Djalminha cumple 20 años: Historia del Dépor campeón" (en castelán). 6 de febreiro de 2020. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  36. Hermida, Xosé (20 de outubro de 1999). "El Deportivo impone su eficacia". El País (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  37. Hermida, Xosé (3 de marzo de 2000). "Indignación contra Djalminha". El País (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  38. Segurola, Santiago (20 de maio de 2000). "El Deportivo salda una deuda histórica". El País (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  39. "El Deportivo se impone al Espanyol (2-0) y gana su segunda Supercopa". El Mundo (en castelán). 28 de agosto de 2000. p. Europa Press. Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  40. "El Depor no pudo rematar a la Juve". Marca (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  41. Hermida, Xosé (25 de febreiro de 2001). "El Deportivo impide que el Madrid dé carpetazo a la Liga (2-2)". El País (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  42. Hermida, Xosé; Ros, Cayetano (14 de marzo de 2001). ""¡Uff, se me ha subido la adrenalina!"". El País (en castelán). Consultado o 10 de decembro de 2020. 
  43. "El fútbol recupera por fin los fuegos artificiales". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de outubro de 2001. p. 35. 
  44. Saltar a: 44,0 44,1 "Djalminha y Javier Irureta; anatomía de un cabezazo". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de maio de 2018. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  45. "El Austria de Viena presentó a Djalma". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 2002. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  46. "Djalminha deja Viena para volver al Dépor en verano". La Voz de Galicia (en castelán). 28 de marzo de 2003. p. 35. 
  47. "El Depor humilla al campeón". El Mundo (en castelán). 8 de abril de 2004. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  48. "Brasil - Camerún de 1996". transfermarkt.es (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  49. do Valle, Emmanuel (21 de agosto de 2019). "Djalma Dias, 80 anos: Mesmo sem Copa, um mestre da zaga no futebol brasileiro" (en portugués). Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  50. "Brasil derrota Arábia Saudita por 1 a 0 em 6 de fevereiro de 2002" (en portugués). 6 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de decembro de 2020. 
  51. "El fútbol en estado puro se da cita en el Mundial Indoor de Jerez" (en castelán). 17 de xuño de 2006. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  52. "Djalminha volve ao Dépor". Vieiros. 4 de marzo de 2008. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  53. "El Depor gana la Liga de Fútbol Indoor". Marca (en castelán). 10 de maio de 2008. Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  54. Centeno, Alexandre (8 de maio de 2010). "Djalminha guía a los veteranos a su segunda Liga indoor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  55. Rodríguez, Rubén (8 de maio de 2010). "El Dépor vuelve a ser Súper". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 11 de decembro de 2020. 
  56. "Parentes" (en portugués). 14 de xuño de 2014. Consultado o 9 de decembro de 2020. 
  57. "Djalma, "um bom garoto"". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xaneiro de 2001. p. 34. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]