Atlanta
Alcume | The Big Peach, ATL e Hotlanta | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Western and Atlantic Railroad (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Xeorxia | ||||
County of Georgia (en) | Condado de Fulton | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 498.715 (2020) (1.433,1 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 215.179 (2020) | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Atlanta–Sandy Springs–Alpharetta metropolitan area (en) (Poboación:6.089.815) | ||||
Parte de | |||||
Superficie | 347,996293 km² | ||||
Auga | 0,6394 % (1 de abril de 2010) | ||||
Altitude | 225 m | ||||
Creación | 29 de decembro de 1845 | ||||
Organización política | |||||
• Mayor of Atlanta, Georgia (en) | Andre Dickens (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Atlanta City Council (en) , (Escano: 16) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 30060, 30301–30322, 30324–30334, 30336–30350 e 30353 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 404, 678 e 770 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | atlantaga.gov | ||||
Atlanta é a capital e cidade máis extensa e poboada do estado de Xeorxia e a trixésimo terceira nos Estados Unidos en cantidade de habitantes en 2008. Ten unha poboación estimada de 537.958 habitantes. A súa área metropolitana, cuxo nome oficial é Atlanta-Sandy Springs-Marietta, GA MSA (coñecida comunmente como Atlanta Metropolitana), é a novena área metropolitana con maior poboación do país, con aproximadamente 5,5 millóns de habitantes. Como na maior parte do Cinto do Sol, a rexión de Atlanta experimentou un importante crecemento nos anos 2000, xa que engadiu máis dun millón de habitantes entre 2000 e 2008. Este foi o maior crecemento de calquera área estadounidense por detrás do Dallas-Fort Worth Metroplex.[1] Cun ingreso bruto de 270.000 millóns de dólares, a economía de Atlanta está situada no posto número 15 entre as cidades do mundo e no sexto posto nos Estados Unidos.[2]
Considerada como unha cidade de negocios e centro de transporte,[3][4] Atlanta é a sede mundial de The Coca-Cola Company, AT&T Mobility e Delta Air Lines. Ademais, a cidade ten a terceira maior concentración de empresas da Fortune 500 e máis do 75% das compañías de Fortune 1000 teñen a súa sede nesta área metropolitana.[5][6] O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson, situado a once quilómetros ao sur do centro de Atlanta, é o aeroporto máis transitado do mundo e o único que cobre os servizos da cidade.[7][8]
Atlanta é, tamén, a sede do condado de Fulton e a quinta situación da sede do goberno do estado de Xeorxia. Unha pequena parte dos límites da cidade de Atlanta limitan co condado de DeKalb.
Historia
[editar | editar a fonte]O lugar que ocupa hoxe Atlanta era territorio cherokee e creek, ata a deportación destas tribos. Este territorio foi cedido ao estado de Xeorxia polos indios americanos da tribo creek en 1821. A cidade foi fundada no 1836. En 1847 recibiu a categoría de cidade. Durante a Guerra Civil, tiña unha poboación de 15.000 habitantes, e converteuse nun importante nodo ferroviario. O 1 de setembro de 1864, durante a Guerra Civil, o xeneral confederado John Bell Hood evacuou a cidade despois de catro meses de asedio das tropas federais. O 7 de setembro de 1864 o alcalde James Calhoun rendeu a cidade aos invasores.
Atlanta era un destacado centro de abastecemento das tropas confederadas, polo que se converteu en obxectivo da campaña do xeneral William Tecumseh Sherman dende Chattanooga. Varias grandes batallas tiveron lugar nas súas proximidades, antes de ser tomada o 1 de setembro de 1864.
O 15 de novembro, Sherman queimou case toda a cidade antes de partir cara ao mar. Atlanta recuperouse rapidamente trala Guerra Civil, e foi escollida capital do estado no 1868, decisión que se fixo definitiva logo da votación popular no 1877. No 1900 transformouse na maior cidade do estado.
En terras de indios creeks e cherokees onde existía unha aldea importante, Standing Peachtree na confluencia do Peachtree Creek no río Chattahoochee, onde tamén o exército estadounidense inda en loita cos ingleses levantara en 1814 Fort Gilmer (despois Fort Peachtree), os asentamentos de poboación branca comezaron na década dos vinte (Decatur, 1822) no que hoxe constitúe a parte oriental da área metropolitana de Atlanta.
Nacemento coma terminal ferroviaria
[editar | editar a fonte]En 1835, algúns líderes cherokees cederon aos Estados Unidos de América os terreos do oeste onde se aprobou ao ano seguinte a construción da terminal oriental do ferrocarril Western & Atlantic Railroad (a occidental estaba en Chattanooga, Tennessee). En 1837 decidiuse o punto exacto que se chamou por iso Terminus. Supuxo o comezo de Atlanta.
En 1839, J. Thrasher construíu casas e un almacén a rentes da terminal polo que o asentamento foi chamado Thrasherville. Para aquela data os indios foran evacuados do territorio dunha maneira humillante e inxusta pois a cesión das terras non tivera un consentimento unánime.
En 1842 o asentamento tiña seis edificios e trinta habitantes e na busca dun nome axeitado inda recibiu o de Marthasville pola filla do gobernador de Xeorxia. En 1845 un novo ferrocarril dende Augusta, o Georgia Railroad, fixo da terminal unha estación pasante e ao ano seguinte un terceiro ferrocarril, o Macon & Western, converteuna en nó ferroviario.
Finalmente en 1847 a poboación foi incorporada co nome, derivado do da primeira liña ferroviaria, de Atlanta. Deseguido experimentou un boom (2.500 habitantes en 1850, 9.500 en 1860) acadando a feitura dunha verdadeira vila. Unha antiga senda india cara ao norte converteuse na rúa principal, Peachtree Street.
Guerra Civil: queima e reconstrución
[editar | editar a fonte]Precisamente a súa importancia coma nó de ferrocarrís do bando confederado fixo dela un obxectivo estratéxico durante a contenda civil norteamericana. Despois do asedio e toma en 1864, o unionista Xeneral Sherman mandou prenderlle lume coma aviso na súa campaña cara ao sur.
Gradualmente tralo fin do conflito (1865) a cidade foi reconstruída polo exército federal. Axiña aumentou a súa poboación con continxentes dos condados rurais veciños e sobor de todo, pola forte inmigración de poboación negra liberada da escravitude (33.370 habitantes en 1870 no condado), convértese pronto no centro comercial e industrial do Sur. A partir de 1868 foi xa a capital do estado de Xeorxia con edificio do capitolio dende 1889[9][10].
Século XX
[editar | editar a fonte]O desenvolvemento de Atlanta durante o século XX foi un dos máis rápidos dos Estados Unidos pasando a convertela dun centro rexional nunha emerxente metrópole internacional[11] (90.000 habitantes en 1900, 400.000 na área; 3 000 000 en 1990).
Non sen conflitos, sinaladamente os raciais (foi un dos lugares máis activos do Movemento polos Dereitos Civís con Martin Luther King á cabeza), o desenvolvemento industrial trala segunda guerra mundial (compañías líderes coma Bell Aircraft, Delta Air Lines, Coca-Cola, AT&T, CNN) produciu unha suburbialización extensiva que segue a medrar máis que ningunha outra no país (case que seis millóns de habitantes)[12].
Para pechar o círculo, a cidade que naceu coma nó ferroviario segue a ser un centro de comunicacións, agora global, co aeroporto internacional con maior tráfico do mundo e a antedita cadea de telecomunicacións CNN.
A importancia de Atlanta na historia da poboación negra e do movemento dos dereitos civís é moi significativa. No marco da Cotton States and International Exposition de Atlanta (1895), Booker T. Washington pronunciou o seu discurso coñecido como o "Compromiso de Atlanta". Nel propugnaba a igualdade política e social para a poboación negra a cambio da seguridade económica. Na década de 1960 Atlanta foi o centro dende onde se impulsou o movemento dos dereitos civís para a poboación de cor. No 1957, Martin Luther King e outros activistas dos dereitos civís fundaron a Southern Christian Leadership Conference para fortalecer e difundir o movemento pola conformidade racial. Entre 1962 e 1969 levouse a cabo a integración racial nas escolas de Atlanta de maneira pacífica. En 1973 Atlanta converteuse na primeira cidade importante do sur dos Estados Unidos en ter un alcalde negro. Aínda que a poboación do municipio de Atlanta descendeu dende a década de 1970, a da súa área metropolitana medrou de forma exponencial entre 1980 e 1990.
Atlanta foi seleccionada como sede olímpica o 18 de setembro de 1990 na cidade xaponesa de Toquio.[13] Houbo varias opinións favorables á elección de Atenas, debido a que o evento se celebraría xusto cen anos despois dos primeiros Xogos Olímpicos da Era Moderna. Non obstante, o Comité Olímpico Internacional optou pola cidade estadounidense nas derradeiras votacións, considerando, a maioría dos votantes, que as infraestruturas da cidade grega non estarían rematadas para a data do evento. Aínda así, a decisión non estivo exenta de polémica.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ten unha área de 343 km², dos cales 341,2 km² é terra e 1,8 km² son auga. A área total de auga é de 0,51%. Situada a 320 metros de altura sobre o nivel do mar e o aeroporto a 308 metros, Atlanta atópase sobre a cima da cordilleira sur do río Chattahoochee.
A divisoria continental do leste entra en Atlanta polo sur, pasando polo centro da cidade. Desde o centro, a liña divisoria discorre cara ao leste por DeKalb Avenue e a liña de ferrocarril CSX a través de Decatur.[14] A choiva que cae nas zonas do sur e leste desembocan no océano Atlántico, mentres que as precipitacións do norte e oeste discorren cara ao golfo de México polo río Chattahoochee.[14] O río forma parte da cunca do río ACF, que recibe a maior parte da auga de Atlanta e os seus barrios. No extremo noroeste da cidade aínda se conserva gran parte do hábitat natural do río, en parte pola Área Nacional de Recreación do río Chattahoochee. Con todo, o uso excesivo de auga durante as secas e a contaminación durante as inundacións foi unha fonte de disputas e batallas legais cos estados veciños de Alabama e Florida.[15][16]
Clima
[editar | editar a fonte]Atlanta ten un clima subtropical húmido, (Cfa) segundo a clasificación de Köppen, coas estacións moi ben definidas, con veráns calorosos e húmidos e invernos suaves, seguindo a liña xeral do sur dos Estados Unidos. As temperaturas medias máximas de xullo son 32 °C e as mínimas 22 °C.[17] Non son frecuentes as temperaturas superiores a 38 °C. A máxima temperatura rexistrada na cidade foi de 41 °C, en xullo de 1980.[17] Hai frecuentes temperaturas por riba de 38 °C. Xaneiro é o mes máis frío, con temperaturas entre 11 °C e 1 °C. Por outra banda, a temperatura máis baixa rexistrada foi de -9 °C en febreiro de 1899. A cidade rexistrou unha temperatura moi preto do mínimo histórico en xaneiro de 1985, cando os termómetros caeron ata -8 °C. Atlanta ten un clima máis ameno do que outras cidades do sur da mesma latitude, debido á súa altitude relativamente elevada, 320 metros sobre o nivel do mar.[17]
Como no resto do sueste dos Estados Unidos, Atlanta recibe niveis abundantes de precipitacións, que son relativamente distribuídas ao longo do ano. A media de precipitacións é de 1.275 milímetros.[18] Ao ano, adoitan darse 36 días de xeadas en Atlanta, mentres que a media das nevadas é de 5 cm.[19] A maior tormenta deixou 25 centímetros de neve o 23 de xaneiro de 1940. As tormentas de xeo adoitan causar máis problemas que a neve, a máis importante tivo lugar o 7 de xaneiro de 1973.[20]
Datos climáticos para Atlanta (Hartsfield–Jackson Int'l), 1981–2010 | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °F (°C) | 79 (26) |
80 (27) |
89 (32) |
93 (34) |
97 (36) |
106 (41) |
105 (41) |
104 (40) |
102 (39) |
95 (35) |
84 (29) |
79 (26) |
106 (41) |
Media máxima en °F (°C) | 52,3 (11,3) |
56,6 (13,7) |
64,6 (18,1) |
72,5 (22,5) |
79,9 (26,6) |
86,4 (30,2) |
89,1 (31,7) |
88,1 (31,2) |
82,2 (27,9) |
72,7 (22,6) |
63,6 (17,6) |
54,0 (12,2) |
71,9 (22,2) |
Media mínima en °F (°C) | 34,3 (1,3) |
37,7 (3,2) |
44,1 (6,7) |
51,5 (10,8) |
60,3 (15,7) |
68,2 (20,1) |
71,3 (21,8) |
70,7 (21,5) |
64,8 (18,2) |
54,0 (12,2) |
44,5 (6,9) |
36,5 (2,5) |
53,2 (11,8) |
Temperatura mínima en °F (°C) | −8 (−22) |
−9 (−23) |
10 (−12) |
25 (−4) |
37 (3) |
39 (4) |
53 (12) |
55 (13) |
36 (2) |
28 (−2) |
3 (−16) |
0 (−18) |
−9 (−23) |
Precipitación media polgadas mm) | 4,20 (106,7) |
4,67 (118,6) |
4,80 (121,9) |
3,36 (85,3) |
3,66 (93) |
3,95 (100,3) |
5,26 (133,6) |
3,90 (99,1) |
4,47 (113,5) |
3,41 (86,6) |
4,10 (104,1) |
3,90 (99,1) |
49,68 (1 261,9) |
Nevada media polgadas (cm) | 1,3 (3,3) |
0,4 (1) |
0,6 (1,5) |
0 (0) |
0 (0) |
0 (0) |
0 (0) |
0 (0) |
0 (0) |
0 (0) |
0 (0) |
0,3 (0,8) |
2,7 (6,9) |
Media de días con precipitacións (≥ 0.01 in) | 10,9 | 9,8 | 9,7 | 8,6 | 9,3 | 9,9 | 11,7 | 9,7 | 7,5 | 6,9 | 8,8 | 10,5 | 113,3 |
Media de días con neve (≥ 0.1 in) | 0,7 | 0,6 | 0,2 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0,4 | 1,9 |
Media de horas de sol mensuais | 164,0 | 171,7 | 220,5 | 261,2 | 288,6 | 284,8 | 273,8 | 258,6 | 227,5 | 238,5 | 185,1 | 164,0 | 2 738,3 |
Fonte: NOAA (extremes 1878–present, sunshine hours 1961–1990)[21][22][23] |
A Asociación Americana do Pulmón situou Atlanta no décimo terceiro posto en canto a niveis de polución nos Estados Unidos.[24] A combinación de polución e niveis de pole e os cidadáns sen asegurar provocaron que a Fundación Americana de Asma e Alerxia cualifícase Atlanta como a peor cidade estadounidense para os asmáticos.[25]
Por outra banda, un tornado de escala EF2 golpeou o centro de Atlanta con ventos de 217 km/h. O tornado provocou serios danos no Philips Arena, o Hotel Westin Peachtree Praza, o Georgia Dome, o parque Centennial Olympic, o CNN Center e o Georgia World Congress Center. Tamén sufriron danos os barrios de Vin City ao oeste e Cabbagetown, Fulton Bag e Cotton Mills ao leste. Houbo ducias de feridos, pero só un morto.[26] A catástrofe tomou ás autoridades meses para reparar os danos orixinados polo tornado.[27]
Urbanismo
[editar | editar a fonte]Arquitectura
[editar | editar a fonte]O horizonte de Atlanta está composto de edificios de media e grande altura de estilo moderno e posmoderno. O edificio máis alto, o Bank of America Plaza, é o trixésimo sétimo edificio máis alto do mundo con 312 metros. É tamén o edificio máis alto dos Estados Unidos fóra de Chicago e Nova York[28].
A diferenza doutras cidades sureñas do país como Savannah, Charleston, Wilmington e Nova Orleáns, Atlanta decidiu non manter a súa antiga arquitectura histórica do sur. En lugar diso, Atlanta viuse a si mesma como unha cidade que liderase un avanzado "Novo sur" e optou por estruturas modernas expresivas.[29] O panorama urbano de Atlanta inclúe traballos realizados por importantes empresas estadounidenses e destacados arquitectos do século XX como Michael Graves, Richard Meier, Marcel Breuer, Renzo Piano, Pickard Chilton ou David Chipperfield. O arquitecto máis notable de Atlanta é John Portman, cuxa creación do atrio no hotel Hyatt Regency Atlanta en 1967 deixou unha marca importante no sector da hostalaría. Mediante o traballo de Portman -graduado no Colexio de Arquitectura do Instituto de Tecnoloxía de Xeorxia- o centro de Atlanta foi reconfigurado cos seus deseños para o AmericasMart, Peachtree Center, o hotel Westin Peachtree Praza e o SunTrust Praza. Os rañaceos están concentrados en tres distritos da cidade- Downtown, Midtown e Buckhead.[30] O distrito central de negocios, situado ao redor do hotel Hyatt Regency Atlanta -un dos edificios máis altos da cidade no momento da súa finalización en 1967-[31] inclúe tamén a torre 191 Peachtree, Westin Peachtree Praza, SunTrust Praza, a torre Georgia-Pacific e os edificios do Peachtree Center. Midtown Atlanta, ao norte, experimentou un rápido crecemento tras completarse a construción do One Atlantic Center en 1987.
Desenvolvemento urbano
[editar | editar a fonte]Os negocios e as empresas continúan sendo o eixo fundamental do barrio de Midtown.[32] A nova torre de edificios do barrio, a 1180 Peachtree, foi inaugurada en 2006 cunha altura de 197 metros e logrou unha certificación de ouro ao Liderado en Enerxía e Deseño Medioambiental entregada polo U.S. Green Building Council. A cidade experimentou un auxe na construción e contaba, o 19 de abril de 2006, con ao redor de sesenta novos proxectos de grandes e medianos edificios, tanto propostos como en fase de construción.[33] En outubro de 2005 finalizou a construción de Atlantic Station, unha antiga planta industrial de aceiro que foi redeseñada converténdoa nun distrito urbano de uso mixto. A comezos de 2006, o alcalde Franklin puxo en marcha un plan para impulsar Peachtree Street en Midtown Atlanta (coñecida como "Midtown Mile") con obxectivos comerciais e así competir con Rodeo Drive en Beverly Hills ou Magnificent Mile en Chicago.[34][35]
A pesar dos esforzos realizados coa apertura do Centennial Olympic Park no centro en 1996, Atlanta aínda está situada moi por baixo da media de espazos abertos per cápita entre as cidades con densidades de poboación similares, con 36.000 m² por cada mil habitantes en 2005.[36] Con todo, a cidade é coñecida como "cidade de árbores" ou "cidade no bosque".[37][38] Lonxe dos distritos centrais de Atlanta e Buckhead, o panorama urbano dá paso a un conxunto de densos bosques que se estenden ata os suburbios. Fundada en 1985, a organización Trees Atlanta plantou e distribuíu preto de 68.000 árbores na cidade.[39]
O barrio situado máis ao norte da cidade, Buckhead, está a doce quilómetros do centro de Atlanta e caracterízase por adiñeiradas veciñanzas como Peachtree Battle, Tuxedo Park, Peachtree Hills e Chastain Park, e é considerado como un dos barrios máis prósperos dos Estados Unidos. A zona leste de Atlanta está experimentando unha rápida xentrificación. Presume de ter modernos e urbanos barrios con bungalows de estilos artesanais ou mansións vitorianas. Entre as súas veciñanzas inclúense Inman Park, Candler Park, Lake Claire ou Little Five Points. Os barrios máis accesibles de Kirkwood, Old Fourth Ward, East Atlanta, Cabbagetown, Reynoldstown e Edgewood teñen tamén moito que ofrecer.[40] Estas zonas da cidade están atraendo habitantes novos e hipsters, de entre 18 e 35 anos, debido á súa situación próxima aos centros comerciais e de transporte e pola súa vida cultural. Ademais de crear novos espazos na cidade, os promotores utilizaron moitos edificios antigos para crear espazos ao aire libre nestes barrios. Na zona sur de Atlanta, Collier Heights é fogar dunha rica e elitista poboación afroamericana da cidade e inclúe barrios como Cascade Heights e Peyton Forest.[41]
Demografía
[editar | editar a fonte]Evolución da poboación | |||
---|---|---|---|
Censo | Pob. | %± | |
1850 | 2.572 | ||
1860 | 9.554 | 271,5% | |
1870 | 21.789 | 128,1% | |
1880 | 37.409 | 71,7% | |
1890 | 65.533 | 75,2% | |
1900 | 89.872 | 37,1% | |
1910 | 154.839 | 72,3% | |
1920 | 200.616 | 29,6% | |
1930 | 270.366 | 34,8% | |
1940 | 302.288 | 11,8% | |
1950 | 331.314 | 9,6% | |
1960 | 487.455 | 47,1% | |
1970 | 496.973 | 2,0% | |
1980 | 425.022 | −14,5% | |
1990 | 394.017 | −7,3% | |
2000 | 416.474 | 5,7% | |
2010 | 420.003 | 0,8% | |
Est. 2012 | 443.775 | 5,7% | |
2012 estimate |
De acordo co Censo dos Estados Unidos de 2010, a cidade de Atlanta, tiña unha poboación de 420.003, un 0,8% máis que no Censo do ano 2000. De acordo con este estudo realizado entre 2006 e 2008, os afroamericanos representaban o 55,8% da poboación, dos cales 55,4% eran non-hispánica. Os estadounidenses de raza branca constituían o 38,4% da poboación de Atlanta, dos cales 36,2% eran non-hispánicos. Os nativos americanos formaban o 0,2% da poboación. O 1,9% eran asiáticos americanos. Os insulares do Pacífico formaban menos do 0,1% da poboación total da cidade. As persoas doutras razas formaban o 2,6% da poboación, dos cales 0,2% eran non-hispánicos. Os individuos de dúas ou máis razas representaban o 1,1% da poboación de Atlanta. Os hispanos e latinos de calquera raza constituían o 4,9% da poboación da cidade.[42][43]
A cidade de Atlanta experimentou un crecemento único en canto á poboación de raza branca a un ritmo que deixou atrás o resto da nación. A proporción de brancos na poboación da cidade, de acordo coa Brookings Institution, creceu rapidamente entre 2000 e 2006, máis do que calquera outra cidade dos Estados Unidos. O crecemento aumentou do 31% en 2000 ata o 35% en 2006, con 26.000 novos cidadáns brancos, máis que o dobre do aumento entre 1990 e 2000. A tendencia indica que o crecemento será constante en cada ano. Só Washington, D.C. ten resultados comparables en incremento de poboación branca durante eses anos.[44]
Na cidade tamén se atopa unha das maiores concentracións de poboación LGBT. Está situada na terceira posición entre as grandes cidades dos Estados Unidos, só superada por San Francisco e por Seattle, e conta cun 13% de cidadáns recoñecidos abertamente como gays, lesbianas ou bisexuais.[45][46]
Outro estudo realizado en 2000 polo Censo dos Estados Unidos, revelou que preto de 250 mil persoas viaxaron a diario para traballar en Atlanta, o que levou á cidade a unha poboación de 676.431 habitantes diariamente. Isto representa un aumento do 62,4% da poboación vivindo en Atlanta, que fixo a maior poboación do país, diariamente entre as cidades con menos de 500.000 habitantes.[47]
Atlanta mostrou un gran crecemento de poboación de millonarios. O número de familias na área metropolitana cun millón de dólares ou máis en activos para investimento, excluíndo a residencia principal e os bens de consumo, chegou ata os 60.799 en 2007 e está deseñado para aumentar un 69% ata 2011.[48]
Goberno
[editar | editar a fonte]Atlanta está gobernada por un alcalde que é o xefe do concello. O concello está composto por 15 representantes, un por cada 12 municipios e tres posicións xerais.[49] O alcalde pode vetar unha lei aprobada polo concello, pero este pode substituír o veto, cunha maioría de dous terzos. O alcalde de Atlanta é o demócrata Kasim Reed.
Todos os alcaldes electos na cidade dende 1973 foron afroamericanos.[50] Maynard Jackson ocupou o cargo por dous mandatos e foi substituído por Andrew Young en 1982. Jackson volveu por terceira vez en 1990, antes da elección de Bill Campbell en 1994. En 2001, Shirley Franklin converteuse na primeira muller en ser elixida alcaldesa de Atlanta.[51] Foi reelixida no 2005, conseguindo o 90% dos votos. A política da cidade de Atlanta, durante a administración Campbell sufriu unha mala reputación por corrupción e, en 2006, un xurado federal condenou o exalcalde Bill Campbell por tres cargos de evasión fiscal en relación co xogo.[52]
Como a capital do estado, Atlanta é o fogar da maioría dos edificios gobernamentais de Xeorxia. O edificio Georgia State Capitol, situado no centro da cidade, alberga as oficinas do gobernador, vice-gobernador e secretario de Estado, así como a Asemblea Xeral. A Mansión do Gobernador, está situada en Pasos Oeste Ferry Road, nunha sección residencial de Buckhead. Atlanta é a sede da Georgia Public Broadcasting e PeachNet, e é a sede do condado de Fulton, co cal comparte a responsabilidade pola Biblioteca Pública de Atlanta-Fulton Sistema. Atlanta defendida polo Departamento de Policía de Atlanta, que ten preto de 1.700 policías.
O Servizo Postal dos Estados Unidos dirixe varias oficinas de correos da cidade. A estación de correos principal en Atlanta está situado na Estrada 3900 Crown SW, preto do Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson.[53]
Delincuencia
[editar | editar a fonte]Segundo o informe de crimes anuais do FBI, Atlanta rexistrou 141 homicidios en 2006, fronte aos 151 en 2004. En total, na zona da área metropolitana de Atlanta (os condados de Cobb, Clayton, Fulton, Gwinnett e DeKalb) sucedéronse 487 asasinatos en 2007.[54] A taxa de crimes violentos de Atlanta é máis alta que a da maioría doutras cidades importantes dos Estados Unidos.[55]
Economía
[editar | editar a fonte]Atlanta é unha das oito cidades dos Estados Unidos clasificadas como "World City beta" tras un estudo da Universidade de Loughborough en 2008 e foi localizada na terceira posición nunha lista de cidades con máis empresas Fortune 500, quedando só por detrás de Nova York e Houston. Moitas empresas nacionais e internacionais teñen sede en Atlanta, ou os seus suburbios próximos, incluíndo tres empresas Fortune 100: The Coca-Cola Company, Home Depot e United Parcel Service na adxacente Sandy Springs.
A sede de AT & T Mobility (orixinalmente coñecida como Cingular Wireless), a segunda empresa de telefonía móbil dos Estados Unidos, está situada preto de Lenox Square. Newell Rubbermaid é unha das últimas empresas en aparecer dentro da área metropolitana de Atlanta; en outubro de 2006 foron anunciados os seus plans de cambiar a súa sede a Sandy Springs. Hai outras empresas que teñen a súa sede en Atlanta ou a súa rexión metropolitana, como Arby, Chick-fil-A, EarthLink, Equifax, Gentiva Servizos de Saúde, Georgia-Pacific, Oxford Industries, RaceTrac petróleo, Southern Company, SunTrust Banks, Mirant e Waffle House. A principios de xuño de 2009, NCR Corporation anunciou que cambiaría a súa sede para Atlanta. Preto do 75% das empresas Fortune 1000 ten unha presenza na área de Atlanta e a rexión ten oficinas de 1.250 empresas multinacionais. En 2006, o Atlanta Metropolitana quedou na décima posición das cidades máis importantes en canto a alta tecnoloxía nos Estados Unidos porque tiña 126.700 empregos deste tipo.
Delta Air Lines é a empresa que máis xera emprego na cidade e a terceira maior na área metropolitana. Delta opera nun dos centros máis importantes do mundo, o aeroporto Hartsfield-Jackson e, xunto con AirTran Airways, axudou a facer deste o aeroporto máis transitado do mundo, tanto en termos de volume de pasaxeiros coma de operacións aéreas. Desde a súa construción en 1950, o aeroporto serviu como instrumento para o crecemento económico de Atlanta.
Atlanta ten un sector financeiro considerable. SunTrust, o sétimo maior banco polas explotacións de activos nos Estados Unidos ten unha das súas sedes en Atlanta. Mentres que o Reserva Federal Bank de Atlanta, que supervisa a maior parte do Deep South mudouse para Midtown en 2001.
A cidade é tamén o fogar dun sector significativo, a biotecnoloxía, co cal gañou varios premios en eventos como a biotecnoloxía vexetal Internacional.
A industria automobilística sufriu durante a crise económica en Atlanta, especialmente co peche da planta Doraville Asemblea de General Motors en 2008 e Atlanta Asemblea de Ford, en Hapeville en 2006. Con todo, Kia abriu unha nova fábrica preto de West Point.[56]
A cidade é un importante centro de programación por cable. Ted Turner comezou a construír o seu imperio de medios co Turner Broadcasting System en Atlanta, onde comprou unha estación de UHF que finalmente se converteu en WTBS. Turner comezou a sede da Cable News Network en CNN Center, á beira do que é agora Parque Olímpico Centennial. Como a empresa se expandiu, as súas outras canles - Cartoon Network, Boomerang, TNT, Turner Sur, Turner Classic Movies, CNN International, CNN en español, HLN e CNN Airport Network - estableceu, tamén, as súas operacións en Atlanta (Turner Sur foi vendido). Turner Broadcasting é unha subsidiaria da Time Warner. O Weather Channel, adquirida despois dun consorcio coa NBC Universal, Blackstone Group e Bain Capital, está situada preto de Marietta.
Cultura
[editar | editar a fonte]Lecer e artes do espectáculo
[editar | editar a fonte]Atlanta ten unha industria musical próspera e é a cidade natal de varios cantantes e bandas de rock e pop como por exemplo The Black Crowes, Sevendust, Mastodon, a banda de ska/punk Treephort, as bandas de rock Swimming Pool Q's, Uncle Green, Light Pupil Dilate, Big Fish Ensemble, Collective Soul e Third Day, as bandas de folk-pop Indigo Girls, Butch Walker, e o músico de pop-rock-blues John Mayer. Mayer, ao igual que India.Arie e Shawn Mullins, actuou no Eddie's Attic, un club independente no barrio de Decatur.
A cidade tamén é coñecida polos seus escenarios de música en directo. No inicio dos anos 1980, Atlanta contou con bandas de New wave e The Brains e The Producers. Historicamente, houbo unha variedade de tradicións de música en directo que remontan ao pioneiro da música country Fiddlin John Carson. O programa de TV Vídeo Concert Hall precursor do MTV foi fundada en Atlanta. Atlanta acolleu varios eventos anuais, incluíndo música en directo: o Festival de Jazz, o Midtown Music, o Festival de Montreux, o festival de cine gay Out on Film, o Festival do Orgullo Gay, sobre os ladrillos, o Festival Dogwood, e o National Black Arts Festival, entre outros.
Atlanta é o fogar e o lugar de nacemento de varios cantantes R & B e rapeiros. O grupo Arrested Development, gañador de dous Grammy Awards en 1993, e os simples Jermaine Dupri e Ludacris "Welcome to Atlanta" en 2001, declaran a Atlanta a nova Motown, en referencia ao Detroit, que era coñecido pola súa contribución á música popular. O xénero Dirty South xurdiu en parte grazas aos artistas e grupos de Atlanta Outkast e Goodie Mob. Máis recentemente, o rapper e produtor Lil Jon, impuxo un estilo coñecido como crunk.
Os produtores de L.A. Reid e Babyface fundaron LaFace Records en Atlanta a finais de 1980. O selo contou con artistas multiplatinos como Toni Braxton, TLC, OutKast, Goodie Mob, Monica, Usher e Ciara, moitas das cales son nativas de Atlanta. A cidade tamén é a casa de So So Def Records, un selo fundado por Jermaine Dupri, a mediados da década de 1990 e con artistas como Da Brat, Edge Jagged, Xscape e Dem Franchize Boyz. Rappers Atlanta tamén multiplatinos Ludacris e TI, así como outros Young Jeezy, Bubba Sparxxx, Bob, Lil Scrappy, Yung Joc, Gucci Mané e Unk. Kanye West naceu en Atlanta, pero creceu en Chicago. Artistas como Keyshia Cole, Bow Wow, B5, Phife Dawg, T-Pain, Brian Littrell de Backstreet Boys, e Elton John cambiou para a cidade e fixo dela a súa casa. Corndogorama é un festival anual de música, fundada en 1996 por Dave Railey, con presentacións de bandas locais e grupos de indie rock, hip hop, metal e música electrónica.
A escena de música clásica de Atlanta inclúe o Atlanta Symphony Orchestra, o Atlanta Opera, o Atlanta Ballet, Nova Trindade Orquestra Barroca e o Atlanta Neno Coro, entre outros. Os artistas máis coñecidos de música clásica son Robert Shaw e Robert Spano.
Atlanta ten máis dun centenar de empresas de teatro, danza e cine. Actor's Express, Dad's Garage, Screen on the Green, Atlanta Dance Theater, Lionheart Theater Company, Atlanta Film Festival 365, Ballethnic Dance Company, Center for Puppetry Arts, IKAM Productions, PushPush Theater Company, Atlanta Jewish Film Festival, e moitos outros, ofrecen unha gran variedade de opcións de entretemento. Os teatros e lugares de entretemento máis destacados son o Teatro Fox, o Teatro Rialto, o Centro Cívico de Atlanta, o Tabernacle, o Teatro Alliance, o 7 Stages, o 14th Street Playhouse, o Ferst Center for the Arts, o Anfiteatro Chastain, o Variety Playhouse, o Callanwolde e a Shakespeare Tavern, entre outros.
Turismo
[editar | editar a fonte]Atlanta é a 13ª cidade do país que máis turistas estranxeiros atrae, con máis de 478.000 visitantes doutros países en 2007.[57] Ese mesmo ano (segundo Forbes), estimouse que Atlanta atraeu a 37 millóns de visitantes.[58] A cidade conta co acuario interior máis grande do mundo,[59] o Acuario de Xeorxia, que oficialmente abriu ao público o 23 de novembro de 2005. O novo World of Coca-Cola abriu xunto ao Aquarium en maio de 2007, e inclúe a historia da famosa marca de bebida e ofrece aos visitantes a oportunidade de probar diferentes produtos de Coca-Cola de todo o mundo. O Underground Atlanta, un centro de compras e entretemento está situado baixo as rúas do centro de Atlanta. Atlantic Station, un novo proxecto de renovación urbana no lado noroeste de Midtown Atlanta, abriu en outubro de 2005.
Atlanta conta cunha gran variedade de museos de temas como historia, belas artes, historia natural e bebidas. Entre eles inclúense o Atlanta History Center, o Centro Carter, o Martin Luther King, Jr., National Historic Site, o Atlanta Cyclorama and Civil War Museum, Rhodes Hall, o Margaret Mitchell House & Museum, e os museos para nenos Fernbank Science Center e Imagine It! Children's Museum of Atlanta.
O Piedmont Park alberga moitos dos festivais e eventos culturais de Atlanta, incluíndo o anual Atlanta Dogwood Festival e o Atlanta Pride.[60] O Xardín Botánico de Atlanta atópase xunto ao parque. O Zoo Atlanta, en Grant Park, conta cunha exhibición de pandas. Xusto ao leste da cidade atópase a Montaña Stone, o anaco de granito máis grande do mundo.[61]
Durante a fin de semana do Día do Traballo cada ano, Atlanta alberga a popular convención Dragon Con. O evento atrae a 30.000 visitantes anualmente. O mes de agosto está dedicado ao cine cando Atlanta acolle a celebración de cine independente coñecido como Independent Filme Month,[62] e en outubro a zona de Midtown Atlanta alberga o popular festival de cine gay Out on Film.[63]
Relixión
[editar | editar a fonte]Hai máis de mil lugares de culto na cidade de Atlanta.[64] Os protestantes están ben representados en Atlanta,[65] sendo historicamente a cidade un centro importante para as denominacións tradicionais do Sur como a Convención Bautista do Sur, a Igrexa Metodista Unida e a Igrexa Presbiteriana. Existe un gran número de "mega igrexas" na zona, especialmente nas zonas suburbanas.
Atlanta contén unha gran poboación católica que pasou de 292.300 membros en 1998 a 750.000 en 2008, un incremento do 156%.[66] Preto do 10% dos residentes da área metropolitana de Atlanta son católicos..[67] Coas oitenta e catro parroquias da Arquidiocese de Atlanta, Atlanta serve como a sé metropolitana da provincia de Atlanta. A catedral arquidiocesana é a Catedral de Cristo Rei de Atlanta e o actual arcebispo é Wilton D. Gregory.[68][69] Tamén na zona metropolitana atópanse varias parroquias orientais católicas.
A cidade conta coa Catedral Grego Ortodoxa da Anunciación, a sé da Metrópole de Atlanta e o seu bispo, Alexios. Outras xurisdicións cristián ortodoxas representadas por parroquias na zona de Atlanta son a Igrexa ortodoxa de Antioquía, a Igrexa ortodoxa rusa, a Igrexa ortodoxa romanesa, a Igrexa ortodoxa ucraína, a Igrexa ortodoxa serbia e a Igrexa ortodoxa en América.
Atlanta é a sé da Diocese Episcopal de Atlanta, que inclúe todo o norte de Georgia, gran parte do centro de Xeorxia e o val do río Chattahoochee de Xeorxia occidental. Esta diocese ten a súa sé na Catedral de San Filipe en Buckhead e está dirixida polo Ilustrísimo Bispo J. Neil Alexander.[70]
Atlanta serve como sé de varios organismos eclesiásticos rexionais. O Sínodo Sueste da Igrexa evanxélica luterana en América ten oficinas no centro de Atlanta. A área metropolitana da cidade ten oito congregacións da Igrexa Unida de Cristo, unha dos cales, a Primeira Congregación no barrio de Sweet Auburn, caracterízase por ser a igrexa coa que o exalcalde Andrew Young está afiliado.
Denominacións tradicionais afroamericanas como a Convención Nacional Bautista e a Igrexa Episcopal Metodista Africana están amplamente representadas na zona. Estas igrexas teñen varios seminarios que forman o complexo Centro Teolóxico Interdenominacional no Centro Universitario de Atlanta. As oficinas centrais do Exército de Salvación do Territorio do Sur dos Estados Unidos están localizadas en Atlanta..[71] Ten oito igrexas, numerosos centros de servizos sociais e clubs xuvenís situados en toda a área de Atlanta.
A cidade conta cun templo da Igrexa de Xesucristo dos Santos dos Últimos Días situado no suburbio de Sandy Springs. A BAPS Shri Swaminarayan Mandir Atlanta, na próxima localidade de Lilburn, é no presente o maior templo hindú no mundo fóra da India.[72] Ten oito igrexas, numerosos centros de servizos sociais e clubs xuvenís situados en toEs un dos aproximadamente quince templos hindús no área metropolitana de Atlanta, xunto con outros sete templos hindús en Georgia. Tamén hai uns 75.000 musulmáns na zona e aproximadamente trinta e cinco mesquitas.[73] A maior mesquita, Al Farooq Masjid de Atlanta, está localizada na rúa 14.
A área metropolitana de Atlanta é tamén o fogar dunha comunidade xudía que inclúe 120.000 membros en 61.300 fogares.[74] Este estudo sitúa á poboación xudía de Atlanta como a undécima maior nos Estados Unidos, por encima do décimo sétimo posto de 1996.[74] Atlanta tamén ten un número considerable de congregacións étnicas cristiás como as igrexas coreanas bautistas, metodistas e presbiterianas, a Tamil Church Atlanta, a Igrexa telugú, a Igrexa hindi, a Igrexa malayalam, etíopes, chineses, e outros grupos étnicos relixiosos tradicionais.
Deportes
[editar | editar a fonte]Atlanta é o fogar de franquías profesionais dos tres grandes deportes dos Estados Unidos: o Atlanta Braves de Major League Baseball (MLB), o Atlanta Hawks de National Basketball Association (NBA) e o Atlanta Falcons de National Football League (NFL). Os Braves, que se mudaron para Atlanta en 1966, é a franquía de fútbol profesional máis antiga que segue operando nos Estados Unidos. Os Braves venceron o World Series en 1995, e gañaron 14 campionatos de división consecutivos 1991-2005. Os Atlanta Falcons xogaron en Atlanta dende 1966. Os Falcons gañaron o título da división cinco veces (1980, 1998, 2004, 2010, 2012) e o campionato conferencia unha vez, sendo subcampións fronte aos Denver Broncos na Super Bowl XXXIII no 1999. Os Atlanta Hawks comezaron en 1946 como o Tri-Cities Blackhawks, xogando en Moline, Illinois. O equipo trasladouse a Atlanta, en 1968, e no presente os seus partidos xóganse no Philips Arena. O Atlanta Dream é o equipo de baloncesto feminino que chegou a Atlanta no 2007 anunciado pola Women's National Basketball Association.
Atlanta tamén tivo as súas propias franquías de hóckey sobre xeo e de fútbol. O National Hockey League (NHL) Atlanta tivo dúas franquías: os Atlanta Flames comezaron a xogar en 1972, antes de se cambiar a Calgary en 1980, mentres que o Atlanta Thrashers comezou a xogar en 1999, antes de se cambiar a Winnipeg en 2011. Os Atlanta Chiefs foron o equipo profesional de fútbol entre 1967-1972, gañando o campionato nacional en 1968.
Atlanta foi a cidade anfitrioa para varios eventos deportivos internacionais, profesionais e colexiais. O máis famoso foi a edición do centenario dos Xogos Olímpicos de verán, celebrada en 1996. Atlanta acolleu tamén a Super Bowl XXVIII en 1994 e a Super Bowl XXXIV en 2000. O golf profesional, The Tour Championship, a final do PGA Tour, evento da tempada, vai anualmente o East Lake Golf Club. En 2001 e 2011, Atlanta acolleu a campionato do PGA, un dos catro gran campionatos no golf profesional masculino, no Atlanta Athletic Club. No hóckey sobre xeo profesional, a cidade acolleu o 56 NHL All-Star Game en 2008, tres anos antes de marchar os Thrashers. En 2011, Atlanta aloxou a WrestleMania anual da wrestling profesional. A cidade xa acolleu o NCAA Final Four, o campionato masculino de baloncesto catro veces, máis recentemente en 2007. En fútbol, Atlanta é o hóspede o Chick-fil-A Facultade Kickoff, o SEC Championship Game e o Chick-fil-A Bowl.
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]A área metropolitana de Atlanta ten numerosas canles de televisión local e é o oitavo maior mercado de medios de comunicación nos Estados Unidos con 2 310 490 fogares (o 2% do total do país).[75] Tamén existen varias emisoras locais de radio de xéneros variados como deportes e música.
Cox Enterprises, unha empresa privada controlada por Anne Cox Chambers, ten participacións de medios de comunicación en Atlanta, entre outros lugares. A súa división de Cox Communications é o terceiro maior provedor de servizos de televisión por cable do país;[76] a empresa tamén pública máis dunha ducia de xornais diarios nos Estados Unidos, como The Atlanta Journal-Constitution. WSB AM, a estación principal de Cox Radio, foi a primeira estación de radiodifusión no Sur dos Estados Unidos.
As principais canles de televisión en Atlanta son WSB-TV (Channel 2.1), afiliada á ABC e a primeira canle de televisión da cidade, WAGA-TV (Channel 5.1), WXIA-TV (Channel 11.1, tamén coñecida como "11 Alive"), WATL-TV (Channel 36.1, coñecida como MyAtlTV), WGCL-TV (Channel 46.1) e WUPA (Channel 69.1). O mercado tamén ten dous afiliados á PBS: WGTV (Channel 8.1)e WPBA (Channel 30.1).
Atlanta é a sede da primeira súper-cadea de televisión por cable do país, coñecida primeiramente como WTCG (Channel 17), máis tarde como WTBS en 1979 e no presente co nome de WPCH-TV (tamén coñecida como "Peachtree TV") en 2007.
O mercado de radio de Atlanta é o sétimo maior do país segundo Arbitron, e ten máis de 40 emisoras, entre as que destacan WSB-AM (750), WCNN-AM (680), WQXI-AM (790), WGST-AM (640), WVEE-FM (103.3), WSTR-FM (94.1), WSB-FM (98.5), WWWQ-FM (99.7) e WBTS-FM (95.5).
Educación
[editar | editar a fonte]Escolas e universidades
[editar | editar a fonte]Atlanta ten máis de 30 institucións de educación superior, incluíndo o Instituto de Tecnoloxía de Georgia, unha universidade especializada no ensino da ingeniería que estivo colocada entre as 10 mellores universidades públicas do país desde 1999 por U.S. News & World Report, e Georgia State University. Na cidade tamén se sitúa o Centro Universitario de Atlanta, o maior consorcio de Escolas e Universidades historicamente negras (Historically black colleges and universities) no país (institucións de educación superior nadas nos anos 60 para atender á comunidade negra). Entre os seus membros inclúense a Universidade Clark Atlanta, o Morehouse College, o Spelman College e o Centro Teolóxico Interdenominacional. Xunto ás escolas do Centro Universitario de Atlanta, pero independentes, está a Escola de Medicina Morehouse.
No área metropolitana da cidade tamén se localizan numerosas escolas e universidades, como a Universidade Emory, unha universidade privada de investigación que foi incluída entre as 20 mellores escolas nos Estados Unidos por U.S. News & World Report; a Universidade Oglethorpe, unha pequena escola de artes liberais nomeada en honor ao fundador de Georgia cunha facultade situada entre as 15 mellores da nación por Princeton Review; o Agnes Scott College, un colexio feminino; e varias institucións estatais como a Universidade Estatal de Clayton, o Georgia Perimeter College, a Universidade Estatal de Kennesaw, a Universidade Estatal Politécnica do Sur e a Universidade de Xeorxia Occidental, ademais de colexios privados como o Reinhardt College, situado xusto ao oeste da cidade.
Escolas de primaria e secundaria
[editar | editar a fonte]O sistema de escolas públicas (Atlanta Public Schools) está dirixido pola Xunta de Educación de Atlanta. A data de 2007, o sistema ten 49.773 estudantes, cun total de 106 escolas, incluídas 58 escolas de primaria, 16 colexios para nenos de 12 a 14 anos, 20 institutos e 7 escolas públicas experimentais..[77] O sistema escolar tamén ten dúas escolas alternativas para estudantes de entre 12 e 14 anos e de instituto, dúas academias dun só sexo e un centro de aprendizaxe para adultos. O sistema escolar posúe a emisora de radio WABE-FM 90.1, afiliada ao National Public Radio, e a canle de televisión WPBA 30, do Public Broadcasting Service.
Transporte
[editar | editar a fonte]Aéreo
[editar | editar a fonte]O Aeroporto Internacional Hartsfield-Jackson é o aeroporto máis transitado do mundo, tanto a nivel de tráfico de pasaxeiros como de voos,[78] e proporciona servizo aéreo entre Atlanta e moitos destinos nacionais e internacionais. Delta Air Lines e AirTran Airways teñen os seus centros de operacións no aeroporto.[79][80] Situado a 16 quilómetros do centro, o Hartsfield-Jackson cobre a maior parte dun terreo en forma de cuña entre a Interestatal 75, Interestatal 85 e a Interestatal 285. O sistema ferroviario MARTA ten unha estación na terminal do aeroporto e conéctao co o centro, Midtown, Buckhead e Sandy Springs. Preto de Atlanta están os aeroportos de aviación xeral DeKalb-Peachtree e Brown Field.
Estradas
[editar | editar a fonte]Cunha ampla rede de autoestradas que irradian da cidade, os habitantes de Atlanta confían no coche como o método de transporte preferido.[81] Atlanta está rodeada pola Interestatal 285, unha estrada de circunvalación coñecida como "o Perímetro", que marca os límites da cidade co resto de suburbios lindeiros.
Tres importantes autoestradas interestatais converxen en Atlanta. A Interestatal 20, que discorre de leste a oeste pola cidade; a Interestatal 75, de noroeste a sueste e a Interestatal 85, de nordeste a suroeste. As dúas últimas combínanse para formar o Downtown Connector a través da cidade. Por este tramo combinado circulan máis de 340.000 vehículos ao día, sendo un dos tramos máis conxestionados do sistema interestatal de estradas dos Estados Unidos.[82] A intersección da Interestatal 85 e a 285 en Doraville, cuxo nome oficial é Tom Moreland Interchange, é coñecida polos residentes como Spaghetti Junction.[83]
Problemas
[editar | editar a fonte]A forte dependencia do automóbil, asociada á cultura norteamericana, provocou en Atlanta un tráfico moi conxestionado e un aumento nos niveis de contaminación, o que converte a Atlanta nunha das cidades máis contaminadas do país.[84] A organización The Clean Air Campaign foi creada en 1996 para tratar de reducir a contaminación na área metropolitana de Atlanta. En 2008 a área metropolitana situouse nos primeiros postos dunha lista nacional en canto a maior tempo empregado en viaxar á cidade por razóns de traballo. Tamén quedou situada nos primeiros postos nacionais en canto a conxestión de tráfico.[85]
Atlanta ten unha das peores reputacións en canto a seguridade peonil,[86] de feito a súa veciña máis universal (a autora de Foise co vento, Margaret Mitchell) morreu atropelada en 1949 por un automóbil mentres cruzaba por Peachtree Street.[87]
Ferrocarril e autobús
[editar | editar a fonte]O sistema de metro de Atlanta, xestionado pola Autoridade de Tránsito Rápido de Atlanta Metropolitana (MARTA), é o sétimo máis transitado do país.[88] MARTA opera, tamén, liñas de autobuses nos condados de Fulton, DeKalb, Cobb e Gwinnett. Os condados de Clayton, Cobb e Gwinnett operan por separado mediante autoridades autónomas empregando autobuses en lugar de trens.
Co proxecto Beltline[89] crearase un sistema de tranvías que rodeen o Downtown e Midtown de 35 quilómetros de longo aproveitando liñas de tren abandonadas. Este sistema reutilizaría os percorridos xa existentes e conectaríaos con novos parques. Tamén hai un proxecto proposto de tranvía ao longo de Peachtree Street desde o centro ata Buckhead, así como outra posible liña leste-oeste de MARTA.
A cidade comezou como un poboado ferroviario e aínda segue sendo un importante centro do ferrocarril, con varias liñas de mercancías pertencentes a Norfolk Southern Railway e CSX Transportation cruzando por baixo do nivel da rúa no centro. Tamén hai un patio de manobras para Inman Yard de Norfolk Southern e Tilford Yard de CSX. O servizo de longas distancias para pasaxeiros está cuberto pola liña Crescent train de Amtrak, que conecta Atlanta con moitas cidades entre Nova Orleáns e Nova York. A estación de Amtrak atópase varios quilómetros ao norte do Downtown, e ademais carece de conexión co sistema MARTA. Hai un ambicioso proxecto que crearía unha terminal de pasaxeiros multimodal no centro, xunto ao Philips Area e a estación Five Points de MARTA, que conectaría simultaneamente o sistema de autobús e tranvías MARTA, as liñas ferroviarias estatais, os servizos de autobús interurbanos e Amtrak.
Greyhound Lines ofrece servizos urbanos interurbanos entre Atlanta e moitas localidades dos Estados Unidos, o Canadá e a fronteira con México.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]A cidade de Atlanta mantén acordos de irmandade coas seguintes 18 cidades:[90]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The New York Times, ed. (9 de marzo de 2010). "Betting on Atlanta" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2012. Consultado o 03 de abril de 2014.
- ↑ AllBusiness.com (ed.). "Top Industry Publications Rank Atlanta as a LeadingCity for Business. | North America > United States from". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2009. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Business.gov (ed.). "Doing Business in Atlanta, Georgia". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2010. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Advantage Georgia, ed. (2007). "Atlanta Ranks 3rd in the Nation for Fortune 500 Headquarters" (PDF). p. 1. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de outubro de 2010. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ Bizjournals.com, ed. (22 de abril de 2008). "Fortune 500 list for '08 features 12 Georgia companies - Atlanta Business Chronicle:". Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Hartsfield–Jackson Atlanta International Airport, ed. (2008). "Monthly Airport Traffic Report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2009. Consultado o 13 de abril de 2010.
- ↑ Atlanta Business Chronicle, ed. (13 de marzo de 2008). "DOT: Hartsfield-Jackson busiest airport, Delta had 3rd-most passengers". Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Mapa de Atlanta , 1877[Ligazón morta]
- ↑ "Atlanta a vista de paxaro en 1892, Kock". Arquivado dende o orixinal o 19 de abril de 2014. Consultado o 28 de marzo de 2013.
- ↑ A cidade a vista de paxaro en 1919, Foote & Davies
- ↑ Mapa da área metropolitana actual
- ↑ Hemeroteca ABC.es
- ↑ 14,0 14,1 Yeazel, Jack (23 de marzo de 2007). "Eastern Continental Divide in Georgia". Consultado o 5 de xullo de 2007.
- ↑ WaterWebster (ed.). "Florida, Alabama, Georgia water sharing". Arquivado dende o orixinal (news archive) o 24 de xuño de 2007. Consultado o 5 de xullo de 2007.
- ↑ Metro Atlanta Chamber of Commerce (ed.). "Fact Sheet – Interstate Water Conflicts: Georgia — Alabama — Florida" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de febreiro de 2006. Consultado o 5 de xullo de 2007.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Weather Channel (ed.). "Monthly Averages for Atlanta, Georgia (30303)" (Table). Consultado o 23 de marzo de 2008.
- ↑ Weather.com (ed.). "Monthly Averages for Atlanta, GA". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2008. Consultado o 2 de abril de 2006.
- ↑ Our Georgia History (ed.). "Atlanta, Georgia (1900–2000)". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2006. Consultado o 2 de abril de 2006.
- ↑ Weather.com (ed.). "Ice Storms". Storm Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2007. Consultado o 2 de abril de 2006.
- ↑ "Station Name: GA ATLANTA HARTSFIELD INTL AP". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 2013-03-19.
- ↑ "NowData - NOAA Online Weather Data". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 2012-10-20.
- ↑ "WMO Climatological Normals of Atlanta/Hartsfield INTL AP, GA". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o October 31, 2013.
- ↑ citymayors.com (ed.). "City Mayors: The most polluted US cities". Consultado o 25 de outubro de 2007.
- ↑ WebMD Inc., ed. (2007). "Atlanta Named 2007 "Asthma Capital"". Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2007. Consultado o 25 de outubro de 2007.
- ↑ Atlanta Journal and Constitution (ed.). "Tornado Claims One in Polk County". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2008. Consultado o 29 de abril de 2008.
- ↑ CNN (ed.). "Police to Atlantans: If you can, 'stay out of the city'". Consultado o 29 de abril de 2008.
- ↑ Infoplease (ed.). "World's Tallest Buildings". Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Craig (1995), p. 15
- ↑ Emporis.com (ed.). "Districts and Zones of Atlanta". Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Hyatt (ed.). "Hyatt Regency Atlanta". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2011. Consultado o 15 de abril de 2010.
- ↑ Southerland, Randy (19 de noviembre de 2004). Atlanta Business Chronicle, ed. "What do Atlanta's big law firms see in Midtown?". Consultado o 12 de xaneiro de 2008.
- ↑ UrbanPlanet Institute LLC (ed.). "Growth in the A-T-L". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Midtown Alliance (ed.). "Expert: Peachtree Poised to Be Next Great Shopping Street". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Midtown Alliance (ed.). "Mayor to Retailers: Peachtree Is Open for Business". Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2007. Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Center For City Park Excellence, ed. (19 de xuño de 2006). "Total Parkland per 1,000 Residents, by City" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xuño de 2007. Consultado o 28 de xuño de 2007.
- ↑ Wiley Publishing, Inc. (ed.). "Introduction to Atlanta". Frommer's. Consultado o 26 de xuño de 2007.
- ↑ Warhop, Bill. Atlanta Magazine, ed. "City Observed: Power Plants". Atlanta. Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Trees Atlanta (ed.). "About Us". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Atlantaintownpaper.com (ed.). "Previous Editions". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2012. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Guerrero, Lucio (13 de marzo de 2001). Chicago Sun-Times, ed. "Lake Forest No. 3 on list of best homes for rich". Chicago Sun-Times online edition. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 12 de xaneiro de 2008.
- ↑ US Census Bureau (ed.). "Atlanta city, Georgia - 2006-2008 American Community Survey 3-Year Estimates". Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2019. Consultado o 15 de abril de 2010.
- ↑ American FactFinder, United States Census Bureau. Factfinder.census.gov, ed. "Atlanta city, Georgia - ACS Demographic and Housing Estimates: 2006-2008". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2020. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Gurwitt, Rob (1 de xullo de 2008). Governing.com, ed. "Governing Magazine: Atlanta and the Urban Future, July 2008". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2009. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Seattletimes.nwsource.com, ed. (15 de novembro de 2006). "The Seattle Times: 12,9% in Seattle are gay or bisexual, second only to S.F., study says". Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ The Williams Institute on Sexual Orientation Law and Public Policy, UCLA School of Law, ed. (outubro de 2006). "Same-sex Couples and the Gay, Lesbian, Bisexual Population: New Estimates from the American Community Survey" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de novembro de 2006. Consultado o 15 de abril de 2010.
- ↑ U.S. Census Bureau (ed.). "Cities with 100,000 or More Population in 2000 ranked by Percent One-Person Households, 2000 in Rank Order". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 15 de abril de 2010.
- ↑ Lightsey, Ed (xaneiro de 2007). Georgia Trend, ed. "Trend Radar January 2007". Georgia Trend Online. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2007. Consultado o 1 de febreiro de 2008.
- ↑ H Lamar Willis (ed.). "Atlanta City Councilman H Lamar Willis". Arquivado dende o orixinal o 24 de agosto de 2009. Consultado o 19 de junio de 2009.
- ↑ Lawrence Kestenbaum. The Political Graveyard, ed. "Mayors of Atlanta, Georgia". Consultado o 7 de marzo de 2008.
- ↑ Josh Fecht and Andrew Stevens (14 de novembro de 2007). City Mayors, ed. "Shirley Franklin: Mayor of Atlanta". Consultado o 27 de xaneiro de 2008.
- ↑ CNN, ed. (13 de xuño de 2006). "Atlanta's former mayor sentenced to prison". CNN online. Consultado o 1 de febreiro de 2008.
- ↑ United States Postal Service (ed.). "Post Office Location - ATLANTA". Consultado o 15 de abril de 2010.[Ligazón morta]
- ↑ "Atlanta's violent crime at lowest level since '69". The Atlanta Journal-Constitution. Consultado o 1 de febreiro de 2009.
- ↑ Sugg, John. Creative Loafing, ed. "Crime is up and the Mayor is out". Arquivado dende o orixinal o 25 de agosto de 2007. Consultado o 5 de maio de 2008.
- ↑ Duffy, Kevin (9 de agosto de 2007). "Supplier to build at Kia site in West Point". Atlanta Journal-Constitution. Consultado o 22 de agosto de 2007.[Ligazón morta]
- ↑ Departamento de Comercio de los Estados Unidos (ed.). "Overseas Visitation Estimates for U.S. States, Cities, and Census Regions: 2007" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2010. Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ ForbesTraveler.com, ed. (27 de xullo de 2007). "America's 30 Most Visited Cities". Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2010. Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ CNN (ed.). "Big window to the sea". Consultado o 1 de xaneiro de 2008.
- ↑ Piedmont Park Conservancy (ed.). "Park History". Arquivado dende o orixinal o 04 de xullo de 2007. Consultado o 7 de xullo de 2007.
- ↑ Stewart, Bruce E. (14 de maio de 2004). Georgia Humanities Council and the University of Georgia Press, ed. "Stone Mountain". The New Georgia Encyclopedia. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Independent Film Month (ed.). "Independent Film Month". Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ Out on Film (ed.). "Out on Film". Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ Pearson Education, Inc (ed.). "Atlanta, Ga.". Information Please Database. Consultado o 17-05-2006.
- ↑ Glenmary Research Center, ed. (24 de outubro de 2002). "Top 15 Reporting Religious Bodies: Atlanta, GA". Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2008. Consultado o 29 de abril de 2008.
- ↑ Nelson, Andrew (1 de xaneiro de 2009). The Catholic Archdiosese of Atlanta, ed. "Parishes Receive Data As Catholic Population Surges". The Georgia Bulletin. p. 10.
- ↑ Btobmagazine.com (ed.). "Business to Business Magazine: Not just for Sunday anymore". Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2009. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Archatl.com (ed.). "Archdiocese of Atlanta Statistics". Arquivado dende o orixinal o 17 de setembro de 2010. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Nelson, Andrew (6 de setembro de 2007). "Catholic Population Officially Leaps To 650,000". The Georgia Bulletin. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2007. Consultado o 19 de decembro de 2007.
- ↑ The Episcopal Diocese of Atlanta (ed.). "The Episcopal Church in Georgia". Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2007. Consultado o 26 de decembro de 2007.
- ↑ The Salvation Army (ed.). "About The Salvation Army". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 21 de setembro de 2007.
- ↑ Goodman, Brenda (5 de xullo de 2007). "In a Suburb of Atlanta, a Temple Stops Traffic". The New York Times. Consultado o 10 de setembro de 2009.
- ↑ Alfarooqmasjid.org (ed.). "Community". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2010. Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ 74,0 74,1 Jewish Federation of Greater Atlanta (ed.). "Jewish Community Centennial Study 2006". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Nielsen Media Research, ed. (22 de setembro de 2007). "Nielsen Reports 1,3% increase in U.S. Television Households for the 2007–2008 Season". Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ Cox Communications, Inc (ed.). "About Cox". Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2007. Consultado o 22 de agosto de 2007.
- ↑ Atlanta Public Schools (ed.). "2007–2008 APS Fast Facts" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de outubro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Tharpe, Jim (4 de xaneiro de 2007). "Atlanta airport still the "busiest": Hartsfield-Jackson nips Chicago's O'hare for second year in a row". Atlanta Journal-Constitution. Arquivado dende o orixinal o 06/01/2007. Consultado o 28 de septembro de 2007.
- ↑ News.delta.com (ed.). "Delta Invites Customers to Improve Their Handicap with New Service to Hilton Head, Expanded Service to Myrtle Beach". Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Atlanta.bizjournals.com, ed. (28 de agosto de 2009). "AirTran spreading its wings in Atlanta as Delta refocuses - Atlanta Business Chronicle:". Consultado o 5 de abril de 2010.
- ↑ Fodor's Travel (ed.). "Atlanta: Smart Travel Tips". Fodor's. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Forbes.com (ed.). "Atlanta, I-75 at I-85". Worst City Choke Points. Consultado o 2 de abril de 2006.
- ↑ Atlanta Journal-Constitution (ed.). "Atlanta Road Lingo". AJC Online. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2012. Consultado o 5 de maio de 2006.
- ↑ Copeland, Larry (31 de xaneiro de 2001). Gannett Co. Inc, ed. "Atlanta pollution going nowhere". USA TODAY. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Atlanta Business Chronicle, ed. (1 de maio de 2008). "Atlanta traffic the worst in America". Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ Bennett, D.L.; Duane D. Stanford (16 de xuño de 2000). Perimeter Transportation Coalition, ed. "Atlanta the Second Most Dangerous City in America for Pedestrians". Atlanta Journal-Constitution. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 28 de setembro de 2007.
- ↑ Encyclopaedia Britannica (ed.). "Margaret Mitchell". Encyclopaedia Britannica Online. Consultado o 5 de maio de 2008.
- ↑ American Public Transportation Association (ed.). "Heavy Rail Transit Ridership Report" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de xuño de 2009. Consultado o 22 de abril de 2010.
- ↑ "Proyecto Beltline Atlanta". Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 30 de abril de 2010.
- ↑ City of Atlanta (ed.). "Atlanta's sister cities". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2009. Consultado o 17 de abril de 2009.
- ↑ "Ra'anana: Twin towns & Sister cities - Friends around the World". raanana.muni.il. Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 24 de marzo de 2010.
- ↑ © 2009 - Tbilisi City Hall (ed.). "Tbilisi Municipal Portal - Sister Cities". Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2013. Consultado o 16 de xuño de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atlanta |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio Oficial de Atlanta (en inglés)
- Departamento de Policía de Atlanta (en inglés)
- Oficina de Convencións e Visitas de Atlanta (en inglés)
- Atlanta TurismoArquivado 18 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)