23 de xuño
Aparencia
<< | Xuño | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | |||||
3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 |
10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 |
17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 |
24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
2024 Todos os días |
O 23 de xuño é o 174º día do ano do calendario gregoriano e o 175º nos anos bisestos. Quedan 191 días para finalizar o ano.
Acontecementos
- 1894 - Creación do Comité Olímpico Internacional en París, polo barón Pierre de Coubertin.
- 1915 - Primeiro rexistro do xenocidio armenio en Turquía.
- 1923 - En Vigo aprobábase a fusión do Fortuna e o Sporting Vigo, que dará lugar ao nacemento do Real Club Celta de Vigo.
- 1927 - Joaquín Loriga Taboada aterra co seu avión no Monte do Toxo (Lalín), sendo a primeira aeronave que o fai en Galiza.
- 1975 - Retírase da circulación a última locomotora a vapor que quedaba en funcionamento en España, unha vez rematada a electrificación de tódalas liñas ferroviarias do país [1].
- 2014- A Women's Engineering Society (WES) crea neste ano o Día Internacional da Muller na Enxeñería.
Nacementos
- 1668 - Giambattista Vico, filósofo italiano (m. 1744).
- 1889 - Anna Akhmatova, poeta rusa.
- 1894 - Alfred Charles Kinsey, sexólogo estadounidense (m. 1956).
- 1907 - Xaquín Lorenzo, etnógrafo galego (m. 1989).
- 1910 - Jean Anouilh, dramaturgo francés (m. 1987).
- 1911 - Andrés Colombo, pintor galego.
- 1912 - Alan Turing, matemático.
- 1915 - Frances Gabe, inventora estadounidense (m. 2016)
- 1930 - J. H. Elliott, historiador británico.
- 1972 - Zinedine Zidane, futbolista francés.
- 1974 - Joel Edgerton, actor australiano.
- 1982 - Róber Bodegas, actor e guionista galego.
Mortes
- 79 - Vespasiano, emperador romano (n. 9).
- 1806 - Mathurin Jacques Brisson, zoólogo francés (n. 1723).
- 1878 - George Back, navegante e explorador británico (n. 1796).
- 1926 - Viktor Vasnetsov, pintor ruso (n. 1848).
- 1959 - Boris Vian, escritor francés.
- 1980 - Clyfford Still, artista estadounidense (n. 1904).
- 1996 - Andreas Papandreu, economista e político grego (n. 1919).
- 2005 - Manolis Anagnostakis, poeta grego (n. 1925).
- 2011 - Peter Falk, actor estadounidense (n. 1927).
Festas e celebracións
- Romaría da Nosa Señora do Corpiño, en Losón (Lalín).
Outros
- Santoral: San Xosé Cafasso.
Notas
- ↑ Calendario 2014 MUNCYT.