Wikipedia:A Taberna (propostas)/Arquivo 3

Este é un arquivo da sección A Taberna (propostas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30, 31, 32, 33, 34, 35, 36

Buzon de Correos para a Galipedia

editar
  • Ista es unha proposta que vai a todolos usuarios da galipedia, pero máis en concreto os administradores e moi especialmente os que ostentan o rango de Burocrata segundo se pode aprezar nesta páxina. Anticipo que aproveitei unha oferta, se se lle pode chamar así no buzon de google que a partir de hoxe e como competencia contra yahoo amplia o buzon a 2 Gb; a A finalidade desta proposta e a seguinte:

1º) Poder enviar correo os xornais e outros sen arresga-lo os nosos buzons personais. Farase sempre e cando o tema teña que ver coa Galipedia o proxecto adxuntos (Galizionarios, etc..)

2º) Recibi-la correspondencia de outros usuarios que teñen algo que dicir ou queiran colaborar de xeito anónimo e ocasional.

3º) A chave de acceso sera proporcionada os administradores, previa aclaración dos conceptos a debatir, calquera utilización para outra cousa que non teña que ver con iste proxecto dara lugar a cambio de contrasiñal por outro novo, con motivo de veda-lo acceso os que non fan uso acordado do mesmo.

4º) Outras propostas sobre deste tema a engadir:

  • A Favor:

Eu polo menos ¿alguén se suma? --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:42, 1 Abr 2005 (UTC)

Creo que esta é unha proposta razoable, e a conxuntura cos últimos cambios de Google, paréceme a ideal, así que aquí tedes o meu voto.- Skulda

Penso que podería ser útil --Alyssalover(fálame) 12:32, 2 Abr 2005 (UTC)
Semella unha boa idea, que podería ser moi útil.--Rocastelo 14:35, 2 Abr 2005 (UTC)

Claro.--Adalbertofrenesi(talk) 14:49, 2 Abr 2005 (UTC)

Paréceme moi ben. Queda por ver o mellor xeito de uso da conta.--Agremon(contacto) 20:25, 2 Abr 2005 (UTC)

  • Estou de acordo, paréceme moi boa idea. Pode resultar útil, o que temos e que ter claro que correo vamos a contestar e cal redirixir a outra parte da Galipedia para o seu tratamento, porque pode ocorrir que haxa mensaxes que non teñan sentido para a Galipedia ou que haxa demasiado correo como para atendelo. Por iso sería bo redactar unhas directrices sobre como manexar o correo e que facer en cada caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:08, 2 Abr 2005 (UTC)
  • En contra:

Ven como tadavia non se presentou naide en contra vou continuar esclarexando. Nalgunhos puntos que espuxo Prevert na miña paxina persoal xa os prevein con antelacion, de ahi que en vez de haber unha conta correo na realidade hai duas, de ahi que xa lle falaba a Agremon de xestionar de xeito interno e de xeito externo, (salvo que se quixese facer unha ligazon cruzada entre ós dous correos, de xeito que cando un estivese cheo segue a recibir máis correos que son desviado a outra conta). Alguns dos que lean isto pensaran "que fillo de papeletas son". Pero sinto decir que non he así, só tratei de ser precabido e de ver por detras do muro sen salta-lo. As contas, que como dixen unha vez mais, xa estan creadas, vamo-las definir como (1) e (2).

Para o meu ver distribuiriase do seguinte xeito (sen entrar a ligazons cruzadas) a conta (1), neste caso é unha conta que esta na súa versión beta (polo tanto esta na lingua inglesa e non acadaria a española ou a galega ate que saise a versión definitiva) seria a de destino os medios de comunicación; polo tanto sera a encargada de recibir todo correo posible (eiqui estamos falando de correo normal, spam e outros) e poderia estar esposta na portada deste proxecto. Namentres que a conta (2) queda para uso interno (e dicir aquela, que se utiliza para enviar correos as diferentes institucións, organismos meios de difusión e demais) estas conta ten a mesma capacidade que a anterior pero a diferencia é que esta en galego (dispoñendo de outras opción a maiores para o seu uso). Con iste motivo deixei o apartado 4º) enriba sen engadir nada, apartado que habrá cumplimentar con propostas (sirvan as 3 primeiras de exemplo) para crear unhas conductas a seguir neste tema. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:52, 3 Abr 2005 (UTC)

Categoría Bioloxía

editar

¿Por que non está creada a categoría Bioloxía? Vexo que algúns artigos xa ligan con ela, ademáis a estructura de Wikipedia:Wikiproxecto Categorías/Índice temático de categorías, parece bastante razoable. ¿Que fai falla, unha votación? Un saúdo. --Adalbertofrenesi(talk) 14:22, 9 Abr 2005 (UTC)

Novo modelo: "Modificacións en curso"

editar

En varias ocasións teño feitas mudanzas a un artigo para atopar-me cun conflito de edición porque o artigo no que eu estaba a traballar era recente e entón era de interese para varios wikipedistas (galipedistas??) nese mesmo momento. Hai veces en que o traballo cun artigo pode levar varios minutos e, a non ser que se grave con frecuencia corre-se o risco de que o traballo de 10 ou 15 minutos se perda (como xa me ten pasado). Esta situación pode-se agravar no futuro conforme aumente o número de colaboradores e a lonxitude dos artigos (por certo, os máis grandes copio-os para un editor de textos, que me permite facer substitucións e procurar texto). Polo tanto, quixera solicitar a incorporación dun modelo que se chame "modificacións en curso" ou algo parecido, segundo o orixinal inglés:

Temporarily being edited

The following can be used when inserting a change will take some time and you don't want to get stepped on while working:

   Modelo:Inuse
   NOTICE: Currently [[[User:Xosé|Xosé]](Falarlle) 20:21, 22 Abr 2005 (UTC)] I am editing this document;
please do not edit for the next few minutes so I can add more stations;
this notice will be removed when I am finished.


(Atopa-se na wikipedia inglesa)

Resultaria algo asi:

==Modificacións en curso==
Modelo:Encurso
ATENCIÓN: Nestes momentos o wikipedista [[[User:Xosé|Xosé]](Falarlle) 20:21, 22 Abr 2005 (UTC)] está a traballar neste artigo.
Por favor, non o modifique nos próximos minutos para que lle dé tempo a rematar.
Esta advertencia será retirada cando finalice.


  • Estou de acordo. Non lle atopaba unha razón de ser a Modelo:Enobras (TODO está en obras aqui, non si?) e por iso propuxen Modelo:Enuso. Por outra parte, penso que conviña mellorar o texto de Modelo:En progreso facéndoo máis incoativo, substituindo "Se traballas nel contribues a que a Galipedia mellore e medre." por
Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre.

Xosé(Falarlle) 15:44, 23 Abr 2005 (UTC)

Mapas das Comarcas Galegas

editar

No artigo de cada comarca ahi un mapa ca súa localización, pero pensei que tamén podería ser útil un no que se indicasen os concellos que a conforman. Aquí tedes unha mostra. Se vos parece ben, podo facer o das demais comarcas.

PD. Obviamente cada imaxe iría acompaña cunha lista que indicase a que concello corresponde cada número, coma fixen neste outro mapa ;) Un saúdo --Alyssalover(fálame) 16:27, 24 Abr 2005 (UTC)

  • Completamente de acordo, como sempre unha moi boa idea Alyssalover. Penso que será moi útil para mellorar os artigos das comarcas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:57, 24 Abr 2005 (UTC)
  • Nese caso, e se non hai ningunha obxeción, poreime a facelos en canto teña un oco (posíbelmente comece mañá pola tarde) Mentras tanto estou aberto a calquera suxerencia referente ás cores, ó tamaño e estilo do mapa e calquera outra cousa que se vos ocorra. Saudos --Alyssalover(fálame) 18:03, 24 Abr 2005 (UTC)

PD- Xa borrei o Modelo:Enobras (obviamente tamén modifiquei tódolos artigos que o empregaban) e modifiquei Modelo:En progreso segundo recomendou Xosé, espero que non haxa ningún problema por iso ;) --Alyssalover(fálame) 18:06, 24 Abr 2005 (UTC)

  • A mín gústame o que fixeches. Por certo, xa se me ocorriu outro mapa que podes facer: o de concellos menos poblados. Sobre a PD: Pola miña parte non, aínda que me parece demasiado imperativo (o texto novo). Esta ben todo o que fixeches. Saúdos. --Prevert(talk) 18:11, 24 Abr 2005 (UTC)

A fotografía que hai na páxina megalitismo non é da Casota de Freáns

editar

--Hispanitas 22:49, 30 Abr 2005 (UTC)Teño algunhas fotos da casota pero non sei como subilas

bots e aforro de traballo

editar

Ola, coido que se podia aforrar o traballo de certas correccións e facelas automáticas, por exemplo:

  • terminacións comúns: popr exemplo: substituir a terminación "-ion" por "-ión", "-ions" por "-ións"
  • que o bot se lle pase 2 listas de palabras (lista de erros e de correctas), cos erros mais frecuentes.

--Xosel 19:51, 12 maio 2005 (UTC)

Temos 3 bots: Alybot, Prebot e XoseBot. Eu estoume adicando a colocar enlaces interwiki, Prevert estaba cambiando o texto [[category:biografías]] por [[Category:Personalidades]] e Xosé estaba cambiando nas páxinas de efemérides o título Festas por Festas e celebracións. Podes comentarllo a algún deles (aínda que Prevert leva "desaparecido" varios días) por se saben como facelo ;)

Un saúdo --Alyssalover(fálame) 20:34, 12 maio 2005 (UTC)

pequeno castelanismo

editar

hai 2 pequenos castelanismos no texto asociado a {/{source}/}: haberia que trocar "Se a páxina pode convertirse nun ..." por "Se a páxina se pode converter nun ..."

Xa está corrixido --Alyssalover(fálame) 18:23, 14 maio 2005 (UTC)

O nome de Cairo

editar

Inicialmente o nome que lle din ao artigo da capital exipcia era Cairo. ¿Quen o cambiou? Non estou moi de acordo e o mesmo artigo xustifica o nome. Eu poría Al-Qahira, pero estou disposto a asumir Cairo por tradición: o que non me parece lóxico é O Cairo. En portugués e alemán é Cairo, así coma en tódalas linguas do mundo agás dúas: o castelán e o francés. Isto pode verse nos robots. O uso dun artigo masculino en galego é clamorosamente un castelanismo antietimolóxico:

  • se fose polo significado, en galego sería "A Cairo" por que como se explica no artigo é "A victoriosa"
  • se fose pola forma, en galego sería "Al Cairo" (e outra vez simplificable en "A Cairo" se se quixer, xa que o artigo árabe masculino e feminino son iguais)
  • o percorrido da verba polo castelán deulle o artigo masculino por analoxía de forma, e agora se lle quere dar en galego por analoxía de contido.

Xa mirara algúns atlas galegos e portugueses da miña librería e a opción portuguesa pareceume moi acertada (nin "Al", nin "El", nin "O", nin "A"). Algúns libros de texto galegos e os atlas galegos son incoherentes e neles aparece O Cairo. ¿Decatástesvos disto? ¿Que opinades?

--Sobreira 22:40, 18 maio 2005 (UTC)

  • Cambieino eu, como podes comprobar no historial da páxina. O nome está tomado como en todos casos de países e de lugares de http://www.galegoenlinna.uvigo.es/fichasVer.asp?idFicha=133 . É unha páxina da 'Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo'. Ata agora foi unha fonte fiable e non creo que debamos "inventarnos" ningún nome, cando existe debemos utilizar o que hai. E cando non existe o orixinal. Ese é o criterio que vimos utilizando e é o que apliquei neste caso. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:45, 18 maio 2005 (UTC)

Parcialidade

editar

Ola a todos. Ollando aos comentarios sobre os celtas da paxina "historia de galiza", semellame que é completamente parcial, da corrente que nega o celtismo. Que se fai neste tipo de paxinas? Saudos--Xosel 19:49, 5 Xuñ 2005 (UTC)


outras linguas

editar

Hola, soy un usuario de la Biquipedia, la Wikipedia en aragonés, he llegado aquí desde el enlace que hay a otras lenguas en la página principal de la Biquipedia, pero he visto que aquí hay muy pocos enlaces a outras linguas, podiais estiraros un poco y poner por lo menos a las de lenguas de España: aragonés (an), catalá (ca), euskara (eu) y asturianu (ast). Un Saludo

Bloqueo de Zwobot

editar

Estes días aparaceu na Galipedia un robot chamado Zwobot que está enchendo a lista de cambios recentes das entradas do bot e dificulta a administración do wiki. É un robot que se adica a fcaer enlaces interwiki. O bot corresponde a un usuario alleo á Galipedia que non ten colaborado en artigos. Posto que na Galipedia xa existen tres robots propios rexistrados (Alybot, XoseBot, Prebot) que non "contaminan" a lista de cambios recentes teño pensado bloquear a Zwobot. En calquera wikipedia -de certo tamaño- poñer a funcionar requiere a autorización do wiki, aquí non temos unhas normas escritas sobre o tema pero penso que deberíamos asumir ese criterio. Gustaríame saber a vosa opinión antes de facer efectivo o bloqueo, se considerades que sexa convinte aplicalo ou non. Un cordial saludo. --Prevert(talk) 8 xullo 2005 14:45 (UTC)

  • Polo que vin na páxina de discusión de Zwobot en alemán, a wiki danesa e a checa pedíronlle que se rexistrara. Con respecto a bloqueala, ben se os nosos robots colocan interwikis eu estou a favor, pero se non realizan esa función, eu pediríalle que se rexistre (hai moitas páxinas que carecen de interwikis, e penso que son necesarios)--Rocastelo 8 xullo 2005 17:29 (UTC)
  • É do mesmo tipo que o que temos nos, a diferenza é que os nosos despois de facelas probas pasaron a estar rexistrados e non aparecen na lista, se non se escolle Amosar bots. Alybot estivo poñendo moitos interwiki (sobre todo nas datas) e XoseBot facendo correccións varias, Prebot convertindo táboas de Html ao formato wiki. O certo é que teñen unha actividade variable. A cuestión fundamental é que Zwobot complica moito o seguimento dos vandalismos e outro tipo de comprobacións. Hai outros bots que aparecen puntualmente por aquí que son máis "amigables" como Robbot. Que che parece se como razón de bloqueo poñemos "No admittance unregistered bots". Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 8 xullo 2005 18:10 (UTC)
  • O meu bot emprégoo para colocar enlaces interwiki (aínda que onte non quería traballar) pero vou a estar inactivo mes e medio así que se o considerades oportuno podería ser bo que se rexistrase porque como di Prevert se non está rexistrado coma bot é moi complicado seguilos cambios recentes. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 8 xullo 2005 18:15 (UTC)
  • Despois das explicacións de Prevert estou a favor de bloquealo con ese motivo, aínda que penso que sería acertado comunicarllo na páxina alemá do Zwobot, pero antes habería que incluír a non aceptación de bots sen rexistrar nalgún lugar das políticas e normas da Galipedia (non sería xusto asumir unha postura se esta non está a disposición dos usuarios).--Rocastelo 8 xullo 2005 18:35 (UTC)
  • Eu creo que a cuestión fundamental é que o bot monopoliza os cambios no wiki non tanto que non estea rexistrado, en certa medida paréceme certo vandalismo facer funcionar un bot -sen falar o noso idioma e sen facer ningunha petición á comunidade- por alguén que non contribúe con artigos a esta wikipedia. Nese caso prefiro poñer na razón de bloqueo: un texto en galego dicindolle que límite o uso do bot a un máximo de cambios diarios (poñamos como moito 20). Porque se establecemos agora como regra impedir funcionar a todos os non rexistrados teríamos que bloquear Robbot de Andre Engels que está actuando correctamente, e o usuario tivo certa importancia nos comezos da Galipedia. (A non ser que establecesemos unha claúsula de excepción nas regras que se decidan. De todos os xeitos quizais haxa que facer unha normas porque seguro que han de aparecer máis bots). Que vós parece?. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 8 xullo 2005 18:53 (UTC)
  • O que está a facer Zwobot é necesario. Se cabe a posibilidade de darlle estatus de robot e non de usuario a min pareceríame ben. E por suposto establecer unha norma na que se avise de que un usuario non pode adicarse a facer únicamente interwikis. --Adalbertofrenesi(talk) 8 xullo 2005 18:59 (UTC)
  • O estatus de robot asígnase polos stewards e non por nós, e depende da política de cada wikipedia. Supoño que ao final haberá que discutir a política de bots. Entón deixareino estar -mentres non decidamos sobre o tema- aínda que sexa demasiado invasivo na miña opinión. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 8 xullo 2005 19:27 (UTC)
  • A verdade e que non entendo gran cousa do tema dos bot's (robot's), pero non esta de máis velo estatus (stewars) haber que conclusións se sacan e de paso pegarlle un toque o usuario en cuestion de que se limite a 20 cambios por dia ou do contrario se procederá a bloquea-lo para que non sature a wiki. Un aspecto é interesante resaltar, as interwiki's que él pon supoñer un aforro de interconecxiones para os bot's naturais da Galipedia. Nembargantes pareceume observar que os nomes dos artigos dos que esta a interconectar teñen procedendia a ser en castelán ou inglés, polo que coido que en galego o vai a ter bastante dificil.--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 8 xullo 2005 21:07 (UTC)
  • Zwobot está a facer algo necesario e ten máis actividade que algúns de nós :-(. Pedir-lle que se limite a 20 modificacións por día equivale a pedir-lle que non faga nada porque precisamente os bots o que poden é facer moitísimas modificacións en pouco tempo. Disque os "stewards" tardan unha semana en asignar o estatus de robot, pero na realidade son 3 ou 4 días e se dous administradores o avalan non terán problema. Creo que o mellor é simplemente pedir-lle que se rexistre. Explicando-lle o problema que causa supoño que entenderá. Xosé (✉) 18:41, 11 xullo 2005 (UTC)

Invasión de bots

editar
  • Parece que Zwobot trouxo consigo a chegada e reactivación doutros bots: E2mb0t, Yurik, Sz-iwbot, Robbot,..., e sigue (todos facendo interwikis). Me temo que isto está inzado de bots e uns chaman a outros :-( Como aínda non comezamos un debate sobre políticas de bots propoño que se vote a proposta de limitar a 20 cambios diarios como máximo aos bots non rexistrados. En caso de aprobarse a proposta e o bot non limitarse a ese número de cambios propoño que sexa bloqueado. Con respecto ao rexistro de bots novos propoño que ata que non se debata a política de bots non se aprobe ningún. Como reflexión final dicir que non está mal que se fagan interwikis, mellora o mantemento da Galipedia e completa a estrutura básica dos artigos, pero convertir a Galipedia nun lugar no que todos os bots veñan a entrenarse e facer a súas probas non semella o máis axeitado. Saúdos. --Prevert(talk) 08:00, 15 xullo 2005 (UTC)



  • Votación (duración sete días ata o 22 de xullo de 2005)
  • A favor
--Prevert(talk) 08:00, 15 xullo 2005 (UTC)
Sempre e cando se lles soicite que se rexistren e limiten os movementos a 20 por día; os non rexistrados procederase a bloquea-los ata que se rexistren. (conviña, asimesmo, que figuren rexistrados con termo *bot, para pode-los diferenciar do usuario común. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 13:29, 15 xullo 2005 (UTC)
  • En contra
Limitar as intervencións a 20 paréceme aleatorio. E sigo pensando que ese traballo mellora a Galipedia e polo tanto limitalo sería contraproducente (limitaría á propia expansión da Galipedia). Sobra decir que estarei de acordo co que decida a comunidade, claro. --Adalbertofrenesi(fala) 14:41, 15 xullo 2005 (UTC)
--Agremon(contacto) 17:54, 22 xullo 2005 (UTC). Creo que a limitación de bot limítanos a nós tamén. E que polo tanto, hai que encauzalos para que fagan o maior proveito posible co menor perxuizo apra os humanos. De tódolos xeitos, non coñezo cales poden ser as limitacións técnicas para as adaptacións que nós propoñamos.

25 de xullo. Resultado: Non se aproba a limitación dos cambios dos bots non rexistrados.

  • Semella que non fun capaz de transmitir a idea de que é máis importante que se poida administrar correctamente a Galipedia que ter máis enlaces interwiki. Esta invasión de bots, na miña opinión, non só desvaloriza o traballo que están facendo os colaboradores humanos tamén convirte esta wikipedia nunha especie de wiki de "segunda división" de probas para bots (isto pode comprobarse comparando con calquera das 31 wikipedias con máis artigos ca galega). Pero o realmente grave é o que citei en primeiro lugar, por máis que un utilice as posibilidades de MediaWiki para facilitar a revisión non é posible evitar as liñas dos bots nos cambios recentes e en consecuencia poden pasar desapercibidos vandalismos ou pequenos cambios maliciosos nas páxinas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:13, 25 xullo 2005 (UTC)

Proposta de bot

editar
Texto copiado de la sección de técnica
Hola. Mil perdones por usar el castellano aquí; lo siento mucho, pero no hablo galego (aunque lo entiendo, sobre todo escrito). Soy Taragui, y opero un robot en la Wikipedia en castellano para el mantenimiento de enlaces entre idiomas. He notado que actualmente no hay ningún operador registrado para w:gl; puesto que resulta mucho más eficiente para los servidores si los bots trabajan en varias Wikipedias a la vez, quería consultar si la comunidad se opone a que registre uno aquí. He solicitado eso mismo en la wiki en asturiano y en catalán. Si no hay oposición por vuestra parte, solicitaré que me habiliten una cuenta de bot desde meta y empezaré a trabajar con ella. Un saludo, Taragui 13:16, xullo 21, 2005 (UTC)

Marcadores

editar

Ola, Lista de marcadores é a páxina que teñen na wiki inbglesa con ligazóns a tódolos templates que aló utilizan. ¿Temos algo parecido na Galipedia? Se non é así, ¿sería factible facelo? --Adalbertofrenesi(fala) 01:04, 10 xullo 2005 (UTC)

  • Temos Wikipedia:Mensaxes predefinidas pero habería que remodelar a páxina, por agora só contén información sobre as mensaxes de mantemento e quizais haxa que pasala a outro sitio ou cambiar a estrutura da páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:14, 10 xullo 2005 (UTC)

Os bots son necesarios, pero a Galipedia estase enchendo deles, e os bots independetemente que fagan 5 ou 200 cambios deben estar rexistrados como bots (para iso existe ese rexistro), como fan no resto das wikipedias,, non creo que ningún operador de bots lle moleste que o seu bot estea rexistrado como como o que é, un bot. Non votei porque se me pasou a data, pero debemos pedir aos operadores que se rexistren como bots ou pedilo nós a meta para cada bot (quizais para os que levan máis tempo e fan menos cambios será mellor que o pida a Galipedia).--Rocastelo 09:10, 25 xullo 2005 (UTC)

Mes de marzal

editar

Marzal é o terceiro mes do ano, non marzo, que é un castelanismo. propoño substituir tódolos "marzo" por "marzal. --Asterion 08:01, 12 agosto 2005 (UTC)

  • Sobre marzal isto é o que di o dicionario: " marzal (de marzo) adx. Relativo ó mes de marzo ou propio del; marceliño (pascuas marzais). OBS. É incorrecto o seu uso como substantivo, en vez de marzo." Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:05, 12 agosto 2005 (UTC)

Categoría música

editar

En relación á proposta de Xabi sobre a ctegoría música, recuperei o contido da proposta agora está en Wikipedia_talk:Wikiproxecto_Categorías/Arte e Cultura. Alí poden facerse as propostas e intervencións se consideren oportunas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:02, 25 agosto 2005 (UTC)

homónimos

editar

ola, ata agora habia un problema cos homónimos: cando un significado é moito mais comun que os demais, non resulta practico que haxa que ir consultalo via paxina de homonimos (ao final, haberia unha multitude de paxinas coas que ocurriria o mesmo). Para solucionalo, optei por unha solucion parecida á da wiki portuguesa: Acabo de pór un novo template, o de \{\{véxase Homónimos\}\}, a apliqueino na páxina de Coimbra. Se estamos de acordo propoño utilizalo cos homónimos, cando ocurra o caso que indico. un saúdo,--xoseluis 07:18, 27 agosto 2005 (UTC)

  • mala proposta no é. Pero dende o meu punto de vista a min pareceme mellor que a entrada dirixa primeiro a paxina de homónimos, logo a persoa que esta a consultar o artigo (e con relacion a sinal que se expresa nos respectivos enlaces) -xa sexa: atlas (cordilleira; libro; mitoloxia; foguete; ou calquer outra cousa) vai directamente o artigo que máis lle interesa. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 10:48, 27 agosto 2005 (UTC)
  • A min pareceme ben, se unha porcentaxe moi alta busca un mesmo significado dunha palabra en concreto, sería unha perda de tempo para eles ir primeiro á páxina de homónimos, e xa existen artigos así feitos como: Galicia (homónimos), e non parecería apropiado que os que busquen Galicia (como país) teñan que dar dous pasos para ir ao artigo.--Rocastelo 11:08, 27 agosto 2005 (UTC)